Saiu publicada no DOG a Resolución do 26 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2023 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.
O prazo de inscrición será de 4 meses desde o día seguinte á publicación no DOG (do 2 de febreiro ata o 2 de xuño). A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na OPAX (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).
Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230201/AnuncioV0654-260123-0001_es.pdf
Comentarios
Publicar un comentario