O mércores 1 de marzo celebrouse en Madrid unha Mesa sectorial do Ministerio cos seis sindicatos con representación nela (CIG, ELA, UGT, CCOO, STAJ e CSIF) para abordar a próxima convocatoria de 144 prazas de LAX, entre promoción libre e interna, correspondentes á oferta de emprego público de 2022, así como para falar da folga que membros dese corpo están a levar adiante. En canto á OEP, reiteramos o noso rexeitamento á proporción de prazas para promoción interna. Xa a a reserva do 30% recollida na LOPX para esa quenda nos parece insuficiente, e é por iso polo que na negociación da LOEO estamos pulando polo seu aumento a un 50%; pero é que nin esa porcentaxe se reserva, porque do total de 144 prazas ofertadas só saen 33 a promoción interna, o que supón un 23 %, porque non contabilizan tomando como base o total senón facendo xa o desconto, é dicir, o 30% das 111 para quenda libre. Debe modificarse xa ese artigo 490.2 da LOPX para que se