A EGAP convoca no DOG do 10 de marzo un total de 173 actividades de formación continua dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico; con algunhas actividades abertas tamén ao persoal da Administración de xustiza de Galicia.
As actividades concretas correspóndense cos códigos FC23113, FC23114 e FC23115. Poden consultarse no Anexo II da convocatoria, na columna "Persoal destinatario".
Matrícula aberta desde as 8 horas do 11 de marzo ata as 23.59 horas do 20 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula
Máis información en https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4182
Comentarios
Publicar un comentario