Saltar ao contido principal

INSTRUCIÓNS SOBRE A BOLSA DE LETRAD@S SUBSTITUTOS.

O Ministerio citounos na mañá do luns 6 de marzo para abordar certas cuestións sobre a regulación e funcionamento tanto da vindeira bolsa ordinaria de substitucións como da extraordinaria ou urxente do corpo de LAX.

Nese sentido, con respecto á primeira, aclarouse:

- que a preferencia do persoal do corpo de xestión será durante toda a vixencia das bolsas e non só no primeiro chamamento.

- que quen cese se incorporará ao final da lista por orde cronolóxico de cesamento, salvo que non teña completado catro meses de servizo entre todos os destinos; nese caso volverá ocupar o posto que lle correspondía antes do nomeamento.

- que cando se produzan vacantes na lista principal, cubriranse coas integrantes do cupo de reserva ata completar o número total de prazas.

En canto ás bolsas extraordinarias ou de urxencia, estableceuse:

- que se ordenarán incluíndo primeiro ás persoas solicitantes que pertenzan como funcionario titular do corpo de xestión procesual e administrativa, e dentro destes seguiranse os seguintes criterios:

1º maior experiencia de LAX

2º quen teña máis exercicios aprobados

3º quen teña máis antigüidade de xestión

4º por orde alfabética, comezando pola letra “U”.

- despois ordenaranse o resto de persoas solicitantes que cumpran os requisitos, salvo que se estime que non será preciso recorrer a eles/as por existir solicitudes abondo de persoal do corpo de xestión.

- poderase rexeitar o chamamento para cubrir prazas dun determinado partido xudicial da provincia, non volvendo a ser chamado para ese caso.


O Ministerio espera poder contar coas listaxes das bolsas de urxencia para este mes de marzo.

Ademais disto, volveuse a tratar a necesidade de reformar o Regulamento orgánico do corpo de LAX e tamén o 1451/2005, sobre todo no dereito á reserva de praza do persoal de xestión que accede a un nomeamento de LAX substitut@, sendo o Ministerio favorable a unha regulación menos prexudicial á hora do reingreso. 

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1VypoU3gQ4tt_kbaaI-hznMR9yNxWmza9/view?usp=sharing 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.