Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL DE MADRID - OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO E FOLGA DAS LETRADAS/OS

O mércores 1 de marzo celebrouse en Madrid unha Mesa sectorial do Ministerio cos seis sindicatos con representación nela (CIG, ELA, UGT, CCOO, STAJ e CSIF) para abordar a próxima convocatoria de 144 prazas de LAX, entre promoción libre e interna, correspondentes á oferta de emprego público de 2022, así como para falar da folga que membros dese corpo están a levar adiante.
En canto á OEP, reiteramos o noso rexeitamento á proporción de prazas para promoción interna. Xa a a reserva do 30% recollida na LOPX para esa quenda nos parece insuficiente, e é por iso polo que na negociación da LOEO estamos pulando polo seu aumento a un 50%; pero é que nin esa porcentaxe se reserva, porque do total de 144 prazas ofertadas só saen 33 a promoción interna, o que supón un 23 %, porque non contabilizan tomando como base o total senón facendo xa o desconto, é dicir, o 30% das 111 para quenda libre.
Debe modificarse xa ese artigo 490.2 da LOPX para que se aumente a un 50%, cunha redacción que garanta que esa cifra sexa real.
Por suposto volvemos pedir que se elimine a proba oral como segundo exercicio e que, en todo caso, se substitúa por unha proba escrita de carácter práctico. Na Administración Xeral do Estado xa case non queda ningunha proba de acceso por promoción interna a grupos A1
nos que exista exame oral. Ademais, existe un acordo asinado cos sindicatos na AXE para asegurar que a promoción interna sexa efectivamente un dereito á promoción profesional. Porque en Xustiza, con respecto ao corpo de LAX, nin temos ese dereito nin temos un concurso oposición como tal. E aí están os datos: na convocatoria do 2021 de p.i., aínda en curso, das 92 prazas de turno xeral cubríronse 58, e das 6 para persoas con discapacidade só 2 aprobaron. Ao remate do proceso, só o 12% das prazas de LAX da OPE se cubrirán por persoal do corpo de xestión.   

Finalmente solicitamos que non se impida concorrer na mesma convocatoria pola quenda libre e a interna, como está a acontecer. 

En canto á folga, houbo comunicación cruzada entre o Ministerio e as OOSS. Eles contáronnos o que está a suceder nas reunións co comité de folga, as súas pretensións e as contestacións que a iso ofrece o  Ministerio. E as organizacións comunicámoslle que é o que está a pasar no día a día dos órganos xudiciais durante estas xornadas. Son coñecedores de que se están a producir situacións claramente ilegais (dito por eles) e que van tomar medidas ao respecto. Dende logo, o que manifesta o Ministerio é que en todo momento lle fai saber ás convocantes que os escoitan pero que os/as legais representantes tanto de LAX como de corpos xerais e especiais somos as organizacións sindicais presentes nesta mesa, e que
ningún acordo pode ser posible sen que pase por ela. A CIG recordoulle ao equipo ministerial que esta situación ven dada por unha mala xestión pola súa parte das reivindicacións dende un principio, permitindo a súa canalización do xeito inadecuado. E tamén lle recordamos que a eliminación dos grupos de poboación e a posta en marcha da carreira profesional son reivindicacións históricas das OOSS para todos os corpos, e que non se poden desvincular
uns dos outros, polo que non asinaremos ningún acordo que non pase por recoller así esta cuestión.  Administración é moi consciente diso polo que nos trasladou que ve moi difícil a resolución do conflito cos LAX, posto que non é unha cuestión nin dese corpo nin tampouco dese Ministerio porque necesitan a aprobación na Mesa sectorial e tamén de Facenda que, en todo momento, se opuxo a un incremento salarial a maiores dos xa
efectuados.
En canto aos Letrad@s do Rexistro Civil, que agora pasan a ser Encargad@s, o Ministerio estudia a posibilidade de retribuírlles os mesmos complementos que aos/as maxistrados/as “saíntes” no caso de seren exclusivos, e no resto barállase a exención de reparto en materias
como monitorios, x. Voluntaria, ETNX....

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1nSxpDQ013KH5x0zcFpG6ISZ_rD633ULX/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.