Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 17-03-2023

Saíu publicada na intranet a Resolución do 17 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 24 de marzo de 2023) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría.

Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asinar e presentar dentro do prazo establecido. En estado borrador pódese eliminar a solicitude. Para rematar o proceso debe de achegarse a documentación pertinente e non esquecerse de facer clic no botón de asinar e presentar a solicitude, posto que se non se da este último paso a solicitude non se dará por presentada.

Ligazón convocatoria:

https://drive.google.com/file/d/1Wk7hWciY1ZmQ-J6zdMaq1R9Jmjm_iFqa/view?usp=sharing

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.