Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

AVISO IMPORTANTE AS/OS SOLICITANTES DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

A Dirección Xeral de Xustiza ven de informar que, a partir de agora, todas as persoas solicitantes de substitucións deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es . No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude.

SESIONS ONLINE DE CAPACITACIÓN EN EXE, LEXNET E ITINERACIÓNS

Acceda-Xustiza |Capacitación en liña para a tramitación de solicitudes de “Exceso de cabida en LexNET" 24/04/23 Ábrese o prazo de inscrición para asistir á  capacitación en liña "ACCEDA-Xustiza para a tramitación de solicitudes de EXCESO DE CABIDA EN LEXNET".  A dita capacitación está dirixida aos perfís de letrados/as da Administración de xustiza e de corpos de xestión, tramitación e auxilio xudicial, e impartirase por videoconferencia nas seguintes datas: DATA HORA PERFÍS DESTINATARIOS 28/04/2023 10:00 h - 10:45 h LAX e XTA 28/04/2023 11:30 h - 12:45 h LAX e XTA 28/04/2023 13:00 h - 13:45 h LAX e XTA 04/05/2023 10:00 h - 10:45 h LAX e XTA

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 21/04/2023

Publicouse na   intranet   o 21/04/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 24, 25 e 26 de abril. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX ), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1vThJH4O3nVgSKqzQYWwYozmgYG6fGRWS/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta.ga

REFORMA DA ADSCRICIÓN PROVISIONAL DE LLAX SUBSTITUT@S

Esta mañá estabamos convocadas todas as centrais sindicais con representación na Mesa sectorial do Ministerio a unha reunión para tratar a modificación da regulación das substitucións do corpo de LLAX e a reforma do sistema de reserva de prazas para o persoal do corpo de xestión que accede a prazas de LAX en substitución. Aínda que a CIG non participa da convocatoria de folga que actualmente se está a producir, por solidariedade co resto de formacións vimos acaído facer o mesmo ca elas non acudindo á reunión, e así llo fixemos saber por escrito ao Ministerio. Somos conscientes da urxencia de ambas cuestións e por iso agardamos que o conflito se resolva axiña e poidamos retomar a negociación destes temas canto antes. Na documentación que se achegaba coa convocatoria, o Ministerio propuña modificar o RD 1451/2005 , eliminando a letra d) do art. 68 sobre a adscrición provisional e engadir unha Disposición adicional cuarta co seguinte tenor literal: “ Disposición adicional c

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 20/04/2023

Saíu publicada na intranet a Resolución do 20 de abril de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 27 de abril de 2023) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asinar e

LISTAXES DEFINITIVAS E DATAS, HORAS E LUGARES DE EXAME - OEP 2020-2021-2022 - AUXILIO - TRAMITACIÓN - XESTIÓN

Publicáronse hoxe no BOE a Orde JUS/382/2023, de 14 de abril, a Orde JUS/384/2023, de 14 de abril, e a Orden JUS/383/2023, de 14 de abril, polas que se aproban as relacións definitivas de persoas admitidas e excluidas e se sinala a data, hora e lugar de celebración dos exercicios correspondentes do proceso selectivo para acceso, polo sistema xeral de acceso libre ao Corpo de Auxilio Xudicial, de Tramitación Procesual e de Xestión Procesual da Administración de Xustiza. Ligazón BOE Auxilio: https://www.boe.es/boe/dias/2023/04/20/pdfs/BOE-A-2023-9646.pdf Listaxes definitivas Auxilio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Relaci%C3%B3n%20definitiva%20de%20admitidos%20y%20excluidos_Auxilio%20Judicial.pdf Ligazón BOE Tramitación: https://www.boe.es/boe/dias/2023/04/20/pdfs/BOE-A-2023-9648.pdf Listaxes Tramitación: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Listado%20definitivo%20de%20admitidos%20y%20excluidos_Tramitaci%C3%B3n%20PA.pdf Liga

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.

EIVAS NOS ASEOS "EXHIBICIONISTAS" DO IMELGA DE VIGO

Desde a central Sindical CIG, por medio da presente, quixeramos poñer en coñecemento da administración outras das moitas eivas coas que conta o novo edificio Xudicial da Cidade da Xustiza como é, por exemplo, a falta de intimidade dos baños dos equipos psicosociais e de médicas forenses do Imelga. Tal e como pode observarse na foto, os aseos están á vista dos viandantes que transitan pola parte traseira do edificio que linda coa rúa Vázquez Varela. Cabe sinalar que estes aseos estaban previstos para o seu uso polo persoal masculino (curiosamente o aseo máis grande) pero, dado o numero de traballadoras do Imelga, estas son as que o están a utilizar, posto que a outra alternativa é o aseo mixto para persoas de mobilidade reducida, que tamén ten unha porta de entrada pola que dificilmente podería pasar unha cadeira de rodas. Nestas dependencias non hai polo tanto un terceiro baño exclusivo para traballadores cando en todas as dependencias do edifico xudicial hai tres tipos de aseos. Visit

RECOÑECEMENTO DO GRAO II EXTRAORDINARIO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL - MÉDIC@S FORENSES E XESTORES/AS

Publicouse no DOG do 19/04/2023, tal e como vos adiantaramos, a RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2023 pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao II do sistema transitorio de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, concretamente nos corpos de médico forense e de xestión procesual e administrativa. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza de Galicia (OPAX) polo que haberá que consultar en dita plataforma se foi concretado ou non a concesión de dicto complemento retributivo. Grazas aos recursos e sentenzas gañadas pola CIG, neste momento a inmensa maioría do persoal da Administración de Xustiza está a percibir este complemento salarial, ben no grao I, ben

PUBLICADO O PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DO ACOSO LABORAL NA ADMÓN. DE XUSTIZA EN GALIZA

Publicouse no DOG do 19/04/2023 RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de abril de 2023 polo que se aproba o Protocolo, no ámbito da Administración de xustiza de Galicia, para a prevención, detección, actuación e resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230419/AnuncioV0654-130423-0001_gl.pdf  

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 04/04/2023

Publicouse na   intranet   e na páxina da consellería a   Resolución de 17 de abril de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 15 de marzo de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1m6BOZhJb4l-A63ynZ9ARxJr3NZIHqhE5/view?usp=sharing

ESTIMACIÓN E DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDES DO GRAO II - XESTOR@S E MÉDIC@S FORENSES

O 19.04.2023 está prevista a publicación no DOG da Resolución do 29 de marzo de 2023 pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao II do sistema transitorio de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galicia (OPAX).

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 17-03-2023

Publicouse na intranet e na páxina da consellería a Resolución de 13 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 17 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza.  Ligazón: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/non-indexar/76940/92028/230413-adxudicacion-definitiva.pdf?version=1.0

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

LISTAXES PROVISIONAIS PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NIVEIS CELGA - PROBAS MAIO-XUÑO 2023

Celga 1: As probas realizaranse o día 3 de xuño de 2023 Resolución do 31 de marzo de 2023 de publicación das listaxes provisionais do Celga 1 Listaxe provisional de persoas admitidas en Santiago de Compostela Listaxe provisional de persoas excluídas en Santiago de Compostela Remate do prazo de presentación de emendas:  18 de abril de 2023 Celga 2: As probas realizaranse o día 21 de maio de 2023 Resolución do 31 de marzo de 2023 de publicación das listaxes provisionais do Celga 2 Listaxe provisional de persoas admitidas en Santiago de Compostela Listaxe provisional de persoas excluídas en Santiago de Compostela Listaxe provisional de persoas admitidas en Ponferrada Remate do prazo de presentación de emendas:  18 de abril de 2023 Celga 3:  As probas realizaranse o día 20 de maio de 2023 Resolución do 31 de marzo de 2023 de publicación das listaxes provisionais do Celga 3 Listaxe provisional de persoas admitidas en Santiago de Compostela Listaxe provisional de persoas admitidas en Po

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 04/04/2023

Publicouse na   intranet   o 04/ 04/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 5, 10 e 11 de abril. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1vhJvb_9zB4pTkLkGaXCgQ8N_-XUTJTbp/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta.gal

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 17/03/2023

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 4 de abril de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 17 de marzo de 2023. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 11 de abril), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e máis na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1aEMzp5kYM-UKWUanxgGgdJEi7Sd8a9mb/view?usp=sharing