Publicouse no DOG do 19/04/2023, tal e como vos adiantaramos, a RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2023 pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao II do sistema transitorio de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, concretamente nos corpos de médico forense e de xestión procesual e administrativa.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza de Galicia (OPAX) polo que haberá que consultar en dita plataforma se foi concretado ou non a concesión de dicto complemento retributivo.
Grazas aos recursos e sentenzas gañadas pola CIG, neste momento a inmensa maioría do persoal da Administración de Xustiza está a percibir este complemento salarial, ben no grao I, ben no grao I e II que, de non ter sido recorrido no seu momento polo noso sindicato, dificilmente se tería acadado o ultimo acodo no que todo o persoal xa tivo recoñecido a posibilidade de acceso ao mesmo.
Ligazón DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230419/AnuncioV0654-310323-0003_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario