Saltar ao contido principal

REFORMA DA ADSCRICIÓN PROVISIONAL DE LLAX SUBSTITUT@S

Esta mañá estabamos convocadas todas as centrais sindicais con representación na Mesa sectorial do Ministerio a unha reunión para tratar a modificación da regulación das substitucións do corpo de LLAX e a reforma do sistema de reserva de prazas para o persoal do corpo de xestión que accede a prazas de LAX en substitución.

Aínda que a CIG non participa da convocatoria de folga que actualmente se está a producir, por solidariedade co resto de formacións vimos acaído facer o mesmo ca elas non acudindo á reunión, e así llo fixemos saber por escrito ao Ministerio.

Somos conscientes da urxencia de ambas cuestións e por iso agardamos que o conflito se resolva axiña e poidamos retomar a negociación destes temas canto antes.

Na documentación que se achegaba coa convocatoria, o Ministerio propuña modificar o RD 1451/2005, eliminando a letra d) do art. 68 sobre a adscrición provisional e engadir unha Disposición adicional cuarta co seguinte tenor literal:

Disposición adicional cuarta. Destino de los funcionarios del Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa que hayan sido nombrados letrados de la Administración de Justicia sustitutos.

Al personal funcionario del Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa nombrado letrado de la Administración de Justicia sustituto, se le reservará, durante el tiempo que ocupe dicho cargo, el puesto cuya titularidad ostentara con anterioridad a dicho nombramiento, pudiendo ser cubierto éste temporalmente mediante adscripción provisional, comisión de servicio o sustitución.”

Congratulámonos de que por fin o Ministerio acolla a reivindicación tantas veces prantexada pola CIG e se elimine a eiva que impedía que moit@s compañeir@s se prantexasen acceder a postos de LAX substituto/a.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1ia_w1gX-Akc4RW0329oIS2eT_BkiPwru/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.