Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

BAREMACIÓN DEFINITIVA CORPO DE TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2019-2020-2021

Publicouse na páxina web do Ministeiro a baremación definitiva do acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa pola quenda de promoción interna. Ligazón listaxes: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/MERITOS%20DEFINITIVOS%20TRAMITACION%20PROMOCION%20INTERNA.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 30/05/2023

Publicouse na   intranet   o 30/05/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 31 de maio e 1 e 2 de xuño.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da  OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1D0jMto7O8btRwf2MF4V0fOVSe5gDaO_F/view?usp=sharing

PLANTILLAS DE RESPOSTAS PROVISIONAIS DOS EXAMES DE TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2020-2021-2022

Con relación ao proceso selectivo convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro (BOE do 19 de decembro), para acceso, pola quenda libre, ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, o Tribunal Cualificador Único acordou o seguinte: 1º.- Publicar as plantillas provisionais de respostas válidas (Tipo A-Vermello e Tipo B-Verde) correspondentes ao primeiro, segundo e terceiro exercicios, realizados nun mesmo acto o día 27 de maio de 2023. 2º.- Os interesados dispoñen dun prazo de cinco días hábiles para presentar alegacións, a partir do día seguinte á súa publicación. 3º.- Ditas alegacións presentaranse exclusivamente a través do correo electrónico do Tribunal Cualificador Único: turnolibre_tramitacionprocesal_tcu@mjusticia.es Na mensaxe que envíen indicarán os seguintes datos, no apartado “Asunto”:  APELLIDO1_APELLIDO2_NOMBRE_ALEGACIONES  Ligazón respostas exame tipo A: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/PLANTILLAS%

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS AO CORPO DE MÉDIC@S FORENSES E SINALAMENTO DA DATA DO EXAME

Publicouse no BOE a Orde JUS/524/2023, do 17 de maio, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, convocado por Orde JUS/1287/2022, do 22 de decembro. As listas certificadas completas quedarán expo stas ao público na páxina web do Ministerio de Xustiza.  Convócase a todos os aspirantes ao Corpo Nacional de Médicos Forense, acceso libre, incluídos na relación definitiva de admitidos á realización do primeiro exercicio, que terá lugar o próximo  día 3 de xuño de 2023, ás 9:00 horas , no edificio Campomanes da Universidade Carlos III de Xetafe (Madrid), rúa Madrid, 126, 28903 Xetafe (Madrid) Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2023/05/29/pdfs/BOE-A-2023-12426.pdf

CONVENIO ENTRE XUSTIZA E FADEMGA PARA ADAPTACIÓN DE DOCUMENTOS XUDICIAIS

Publicouse o Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e FADEMGA Plena inclusión Galicia para a realización do proxecto de adaptación de documentos xurídicos a lectura fácil no que aparecen os pasos a dar para solicitar a adaptación a lectura fácil de documentación correspondente a procedementos xudiciais.  Como esta adaptación de documentos sexa como a prometida fai lustos para a traducción dos documentos xudiciais en galego cremos que a xente de FADEMGA mellor que partan da idea de que non se vai facer nada en absoluto...igual ata saen documentos de máis difícil comprensión e lectura. Ligazón convenio: https://drive.google.com/file/d/1IRt0ZadON2N4uHAnNDDMozrgWlc-O9e2/view?usp=sharing

PROTOCOLO DE DESCONEXIÓN DIXITAL

A CIG ven de presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza un escrito sobre o dereito das traballadoras/es da Administración de Xustiza á desconexión dixital . Segundo a lei debe de armonizarse un protocolo ou directiva nese senso, a fin de conseguir unha desconexión real das ferramentas e aplicacións informáticas que empregamos día a día, máxime tendo en conta a implantación do teletraballo e a súa escasa regulamentación na nosa adminstración, así como os excesos que letrad@s están a cometer con comunicacións fora de horario de traballo. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1RWtbI-VtDKJpe1QVzkdoPyYDCLR6y5lt/view?usp=sharing

MOBILIZACIÓNS EN MADRID PARA NEGOCIACIÓN DA LOEO E MELLORA DAS RETRIBUCIÓNS

   

MESA SOBRE ACCIÓN SOCIAL 2023

Este venres, 26 de maio de 2023, celebramos coa Dirección Xeral unha videoconferencia sobre a convocatoria e criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023 da que previamente remitíronnos o borrador da resolución que dará publicidade á referida convocatoria, non tendo prevista aínda a súa publicación no DOG. Desde a CIG queremos denunciar a pasividade coa que actúa a Dirección Xeral de Xustiza co programa da Acción Social. Ano tras ano é un copia e pega literal. O orzamento para este ano é de 21.911€ , mesma cantidade que os últimos 3 anos . Hai que facer referencia ao ano 2019 no que a cantidade do orzamento ascendía a 22.294€, 383€ máis que o orzamento proposto para este ano. Rexeitamos totalmente o borrador da Resolución proposta pola DX, xa que non se axusta a un verdadeiro programa de axudas real e efectivo. Esiximos un incremento do orzamento ao 1% da masa salarial, xa que os salarios nos últimos 3 anos subiron e non se entende como o orzamento continúa a ser e

RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS - LETRAD@S - OEP 2022

Polo Ministerio de Xustiza informouse que no BOE do 25 de maio, publicouse a Orde JUS/516/2023, do 17 de maio, pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario para acceso pola quenda libre, ao Corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza, polo sistema de concurso oposición, convocado por Orde JUS/1319/2022, do 27 de decembro.  Ligazón BOE: https://boe.es/boe/dias/2023/05/25/pdfs/BOE-A-2023-12221.pdf

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr

PUBLICADAS AS PLANTILLAS DE RESPOSTAS DO PRIMEIRO E SEGUNDO EXERCICIO DO CORPO DE XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2020-2021-2022

O tribunal ven de publicar na páxina web do Ministerio de Xustiza as plantillas de respostas dos exames de acceso ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa. Os interesados dispoñerán dun prazo de 5 días hábiles para presentar alegacións, a partir do día seguinte á súa publicación. Estas alegacións deberán ser presentadas exclusivamente a través do correo electrónico tcu.gestionlibre23@mjusticia.es Ligazón acordo tribunal: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20TRIBUNAL%20CALIFICADOR%20%C3%9ANICO%20PLANTILLA%20PROVISIONAL.pdf Ligazón respostas 1º Exercicio A: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/PLANTILLA%20PROVISIONAL%20RESPUESTAS%201%C2%BAEJERCICIO%20GESTION%20LIBRE%20MODELO-A.pdf Ligazón respostas 1º Exercicio B: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/PLANTILLA%20PROVISIONAL%20RESPUESTAS%201%C2%BAEJERCICIO%20GESTION%20LIBRE%20MODELO-B.pdf Ligazón respostas 2º Exercicio A: https://www

LUGARES, DATAS E HORA DE EXAME PROBAS CELGA 1

As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro. Celga 1 Santiago de Compostela 3 de xuño de 2023, para todas as persoas admitidas. Escola Galega de Administración Púbica (EGAP), rúa Madrid 2-4 Proba escrita Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponde a cada persoa. Proba oral A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética. Comezarán pola letra V, agás o día 14 de maio que comezarán pola letra H e poderán prolongarse ata a tarde. Ligazón Portal da Lingua Galega: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Probas/convocatoria_0027.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingu

PUBLICADAS AS PLANTILLAS DE RESPOSTAS DOS EXAMES DE AUXILIO - QUENDA LIBRE - OEP 2020-2021-2022

O tribunal ven de publicar na páxina web do Ministerio de Xustiza as plantillas de respostas dos exames de acceso ao corpo de Auxilio Xudicial. Os interesados dispoñerán dun prazo de 5 días hábiles para presentar alegacións, a partir do día seguinte á súa publicación. Estas alegacións deberán ser presentadas de acordo co  Regulamento de actuación e funcionamento do sector publico por medios electrónicos (Real Decreto 203/2021, do 30 de marzo), utilizando os rexistros electrónicos que se ofrecen desde as Administracións Públicas, dirixindo o escrito a: EA0041037 - Procesos Selectivos Administración de Xustiza. Ligazón acta tribunal: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Acta%20TCU%20Auxilio%20Judicial.%20Plantilla%20provisional%20respuestas%20correctas.pdf Ligazón respostas Test A: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Plantilla_respuestas_Test_A.pdf Ligazón respostas Test B: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublic

DISTRIBUCIÓN DE AULAS DOS EXAMES DE TRAMITACIÓN

Publicáronse na páxina web do Ministerio de Xustiza a distribución por aulas dos exames do corpo de tramitación procesual e administrativa do 27.05.2023, convocados pola Orden JUS/1254/2022, de 7 de diciembre, por la que se convoca proceso selectivo para acceso, por el sistema general de acceso libre, a los Cuerpos de Gestión Procesal y Administrativa, Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la Administración de Justicia.  Ligazón Tramitación quenda xeral:   https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/TRAMITACION%20LIBRE%20AULAS%20A%20CORU%C3%91A%20TURNO%20GENERAL.pdf Ligazón Tramitación quenda persoas con discapacidade: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/TRAMITACION%20LIBRE%20AULAS%20A%20CORU%C3%91A%20CUPO%20RESERVA%20PERSONAS%20CON%20DISCAPACIDAD.pdf

O MAL ENDÉMICO DOS XULGADOS MIXTOS

Esta ben podería ser unha denuncia sobre os problemas que existen en calquera dos órganos xudiciais mixtos das vilas galegas, tal e como xa reflectimos en outras novas como o caso de Ortigueira na provincia da Coruña ou o de Viveiro na provincia de Lugo, entre outros moitos, pero no presente caso os afectados son os órganos da provincia de Pontevedra.  A administración segue a manter uns cadros de persoal exiguos nos órganos das vilas o que leva aparellado que, fronte a unha carga de traballo elevada, ditos órganos non poidan asumir a mesma e a tramitación dos expedientes se vexa retrasada por meses. Dunha vez por todas a administración vai ter que poñerse mans á obra para reforzar os cadros de persoal deses órganos xudiciais, ben con persoal de reforzo, ben con prolongacións de xornada ou, o que sería máis lóxico, negociar un aumento dos cadros de persoal dos xulgados mixtos para poder asumir esa carga de traballo. Ligazón escrito de denuncia: https://drive.google.com/file/d/1xLhEUyBx

ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA MINERVA

Estase a levar a cabo a instalación da nova versión de Minerva Exe 6.9.3.0 e Datosmin 4.12.1.0 . Podes consultar as follas de novidades a continuación: Folla de novidades Minerva v.6.9.3.0 Folla de novidades Minerva v.6.9.3.0 (Esquemas de tramitación) Ata o momento foron actualizadas as sedes de Corcubión, Lalin, Fonsagrada, Caldas, Muros, Arzúa, Becerreá, Negreira, Noia, Ordes e Ortigueira. A planificación prevista para o resto de sedes é a seguinte: DATA SEDE 24/05/2023 Ribadavia, Sarria, Vilagarcia de Arousa 25/05/2023 Vilalba, Viveiro, Xinzo de Limia 31/05/2023 A Estrada, A Pobra de Trives, Bande 01/06/2023 Celanova, Chantada, Mondoñedo 06/06/2023 O Carballiño, Ponteareas, Ribeira 07/06/2023 Tui, Cangas, Carballo 08/06/2023 Marín, O Barco de Valdeorras, O Porriño 13/06/2023 Padrón, Redondela, Monforte de Lemos 14/06/2023 Verín, Betanzos, Cambados 15/06/2023 Aud. Pontevedra, TSXG 20/06/2023 Ferrol 21/06/2023 Santiago 22

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE ALEGACIÓNS NA PROMOCIÓN INTERNA DO CORPO DE XESTIÓN

O Tribunal das probas selectivas para o corpo de Xestión Procesual e Administrativa, pola quenda de promoción interna, ven de publicar unha NOTA INFORMATIVA na que indica que "Advertidos erros en relación cos servizos prestados facilitados polas administracións competentes, este Tribunal puxo en coñecemento das mesmas ás persoas aspirantes afectadas polos erros detectados. En todo caso e, para garantir o dereito das persoas aspirantes a presentar os escritos de alegacións pertinentes, con motivo da causa referida, enténdese necesario ampliar o prazo outorgado inicialmente para a presentación de alegacións, en dez días hábiles, sendo o último día de prazo para ese efecto, o día do 7 de xuño do ano en curso, inclusive. Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/promocion-interna/gestion-procesal-administrativa-marzo

DISTRIBUCIÓN DE AULAS DOS EXAMES DE AUXILIO E XESTIÓN

Publicáronse na páxina web da consellería as listaxes da distribución por aulas dos exames do corpo de auxilio xudicial do 20.05.2023 e do corpo de xestión procesual e administrativa do 21.05.2023 convocados pola Orden JUS/1254/2022, de 7 de diciembre, por la que se convoca proceso selectivo para acceso, por el sistema general de acceso libre, a los Cuerpos de Gestión Procesal y Administrativa, Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la Administración de Justicia.  Ligazón Xestión quenda xeral (Facultade Dereito): https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/non-indexar/76940/79686/lista-turno-xeral-xestion.pdf?version=1.0 Ligazón Xestión quenda persoas con discapacidad (Facultade Dereito): https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/non-indexar/76940/79686/lista-turno-discapacidade-xestion.pdf?version=1.0   Ligazón Auxilio quenda xeral (Facultade de Dereito - Facultade de Ciencias Políticas): https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/non

RESOLUCIÓN DEFINITIVA COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 20/04/2023

Publicouse na intranet e na páxina da consellería a Resolución de 15 de maio de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/157pZNxn0tBiB4PpXaEx-t3Q7I67DUHXa/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 05/05/2023

Publicouse na   intranet   e na páxina da consellería a  Resolución de 15 de maio de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 5 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1rfYKeJwz0xu9_P812-vJuwS2f1703vPb/view?usp=sharing  

CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA - PERSOAL DESTINADO FORA DE GALIZA

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o ano 2023, destinados ao persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. a) O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata as 14 horas do 26 de maio de 2023 .   b) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula , e non son admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet <https://egap.xunta.gal/matricula> unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un núm

LISTAXES DEFINTIVAS DA BOLSA DE URXENCIA DE LETRAD@S SUBSTITUT@S

O Ministerio de Xustiza informou que foi publicada na web a Resolución de 12 de mayo de 2023 pola que se aproban as listaxes definitivas das bolsas de urxencia provinciais do corpo de Letrad@s Substitut@s. Esta baremación corresponde exclusivamente á Base Décimo sexta e non á ​baremación da bolsa ordinaria (Base Sétima).​ Ligazón https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/bolsas-interinos/bolsa-letradas-sustitutas Ligazón listaxes A Coruña: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/A%20CORU%C3%91A.pdf Ligazón listaxes Lugo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/LUGO.pdf

PLAN ANUAL DE VACACIÓNS 2023

A Dirección Xeral de Xustiza aprobou o Plan anual de vacacións 2023 para o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza (corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial), en servizo activo, que presten servizos na Administración de xustiza en Galicia. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1eMyw-ey5mVuPBzLXl9xoqi9QTqbcXrf1/view?usp=sharing

SITUACIÓN CALAMITOSA NO XULGADO MIXTO DE ORTIGUEIRA

O Sector de Xustiza da CIG ven de denunciar o estado calamitoso no que se atopa desde fai moito tempo o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Único de Ortigueira. Por unha banda, sofren escaseza de persoal, polo que os expedientes desbordan as mesas. Unha delas estivo totalmente paralizada durante meses por non contar con ninguén nela, sendo conscientes disto na DXX. A carga de traballo é tan elevada neste partido xudicial que se están a incoar agora, no mes de maio, atestados do pasado mes de agosto. Ademais, o auxilio xudicial non pode realizar dilixencias fóra da oficina xa que se encarga de levar o Rexistro Civil da vila, polo que non hai ninguén en Ortigueira para poder notificar as resolucións nos domicilios, quedándolle ao persoal do xulgado como única opción para notificar, cando as cartas veñen de volta, os edictos.....É evidente a clara necesidade de unha persoa máis nesa oficina xudicial, pero a DXX parece facer caso omiso ao escrito presentado no seu momento pola LAX do xulg

SESIÓNS DE CAPACITACIÓN "EXCESO DE CABIDA EN LEXNET"

Abriuse o prazo de inscrición para asistir á  capacitación en liña " ACCEDA-Xustiza para a tramitación de solicitudes de EXCESO DE CABIDA EN LEXNET".  A dita capacitación está dirixida aos perfís de letrados/as da Administración de xustiza e de corpos de xestión, tramitación e auxilio xudicial, e impartirase por videoconferencia nas seguintes datas: DATA HORA PERFÍS DESTINATARIOS 28/04/2023 10:00 h - 10:45 h LAX e XTA 28/04/2023 11:30 h - 12:15 h LAX e XTA 28/04/2023 13:00 h - 13:45 h LAX e XTA 03/05/2023 09:15 h - 10:00 h LAX e XTA 03/05/2023 11:30 h - 12:15 h LAX e XTA 03/05/2023 13:00 h - 13:45 h LAX e XTA Podes solicitar a túa praza para asistir á sesión da capacitación que máis che conveña premendo sobre o seguinte botón, que te levará ao formulario de inscrición. Para que poidas seguir de xeito óptimo a capacitación en liña, recomendámosche que empregues micrófono e altofalantes. Se non dispós deste equipamento no teu posto de tr

LISTAXES DEFINITIVAS E LUGARES E HORAS DE EXAME - CURSOS CELGA 1,2,3 E 4

Publicáronse as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e as datas e lugares de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.  Ligazón "O portal da lingua galega": https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Probas/convocatoria_0027.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal

PUBLICACIÓN PROVISIONAL MÉRITOS PROMOCIÓN INTERNA XESTIÓN - OEP 2019-2020-2021

1º. Unha vez cargados de oficio, por unha banda, e recibidos por outra os méritos a que se fai referencia na Base I-B, fase de concurso, do Anexo I da convocatoria do proceso selectivo de Xestión Promoción interna, e de conformidade co establecido na base 7.3, acórdase publicar a través do aplicativo informático de méritos, a relación de aspirantes coa valoración provisional de méritos da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida en cada apartado e a total, así como o manual de usuario para efectuar alegacións.   2º. Os aspirantes dispoñerán dun prazo de dez días hábiles a contar desde o día 10 ao 24 de maio, ambos inclusive, para efectuar as alegacións pertinentes. Comunícase que non serán comprobadas as alegacións presentadas relativas a aqueles méritos cuxa puntuación chegase á máxima posible. No caso de alegacións relativas ao mérito de servizos prestados, deberase presentar certificado dos mesmos no que conste toda a súa vida laboral completa.   3º. As alegacións prese

RESOLUCIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 20/04/3023

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 5 de maio de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 20 de abril de 2023. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 10 de maio), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1pc64ZQkwo5MXeZ_SAh4Q-d7sAXqHqsve/view?usp=sharing

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 05/05/2023

Publicouse na   intranet   o 05/05/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 8, 9 e 10 de maio.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da  OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1JQ9QxoA_XGYqyLuAAHAtCxImM3lWKxf2/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 21/04/2023

Publicouse na   intranet   e na páxina da consellería a  Resolución de 4 de maio de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 21 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1zXNdiJooN2wSt0w_Kk_OTbxi4p70CBge/view?usp=drivesdk

CONVOCATORIA DE FOLGA DÍAS 4, 9, 10, 11, 16 E 18 DE MAIO

Publicouse no DOG a ORDE do 2 de maio de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga xeral, os días 4, 9, 10, 11, 16 e 18 de maio de 2023, nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia. Ligazón Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230503/AnuncioV0654-280423-0001_gl.pdf Ligazón instrucións servizos mínimos:  https://drive.google.com/file/d/1u18WutkkRFwHMDY5zKAEOA-f-cBwaOA5/view?usp=sharing