Saltar ao contido principal

MESA SOBRE ACCIÓN SOCIAL 2023

Este venres, 26 de maio de 2023, celebramos coa Dirección Xeral unha videoconferencia sobre a convocatoria e criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023 da que previamente remitíronnos o borrador da resolución que dará publicidade á referida convocatoria, non tendo prevista aínda a súa publicación no DOG.

Desde a CIG queremos denunciar a pasividade coa que actúa a Dirección Xeral de Xustiza co programa da Acción Social. Ano tras ano é un copia e pega literal. O orzamento para este ano é de 21.911€, mesma cantidade que os últimos 3 anos. Hai que facer referencia ao ano 2019 no que a cantidade do orzamento ascendía a 22.294€, 383€ máis que o orzamento proposto para este ano. Rexeitamos totalmente o borrador da Resolución proposta pola DX, xa que non se axusta a un verdadeiro programa de axudas real e efectivo. Esiximos un incremento do orzamento ao 1% da masa salarial, xa que os salarios nos últimos 3 anos subiron e non se entende como o orzamento continúa a ser exactamente o mesmo.

Por outra banda, solicitamos, como defendemos ata o de agora, que as axudas se establezan en base ao IPREM ou por límite de rendas, en función dos ingresos íntegros anuais e dos membros das unidades familiares, tal como se está a facer no territorio Ministerio.

Na reunión a que acudimos no día de hoxe tamén fixemos mención da recuperación das axudas coas que se contaba fai anos, axudas no transporte, axudas por fillos, para os estudos...No territorio Ministerio seguen a contar con todas estas axudas, nós pola contra fai moitos anos que se nos foron retiradas sen volver recuperalas, polo que hoxe, esixímoslle a DX que se recuperen.

A DX quedou de remitirnos resposta sobre a cuestión dos/as beneficiarios e solicitantes da acción social cando no punto 1.1 di: “ (..) en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos/as e ter destino nesta comunidade autónoma (..)”. Nós manifestamos que concretaran a que se referían con “destino”, á vista das persoas que están en Galiza en comisión de servizos pero con destino definitivo fóra da CCAA, si existía a posiblidade de que estas persoas solicitaran as axudas da acción social.

CONTÍA DAS AXUDAS TENDO EN CONTA O GRAO DE DISCAPACIDADE:


- Do 33% ao 64%:
300 €

- Do 65% ao 74%: 600 €

- Do 75% en diante: 1.200 €

Estes importes poderanse ver reducidos ou incrementados proporcionalmente a causa do número de instancias presentadas ata que o montante global nos supere os 21.911,00€.

As axudas denegadas en anos anteriores que, como consecuencia de resolución xudicial ou administrativa foran acollidas favorablemente, pagaranse con cargo ao presente Fondo de Acción Social.

A axuda pagarase na conta consignada para o ingreso da nómina.

SOLICITUDES E PRESENTACIÓN:

As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX . O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O prazo máximo para resolver as solicitudes será de 6 meses contados a partir do día seguinte ao de finalización do prazo de presentación destas. Se no prazo establecido non se resolve a solicitude, entenderase rexeitada.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1iWhdI5Fln8trGz1mDEF1OSmGLqZRmLHM/view?usp=sharing


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr