Saltar ao contido principal

SITUACIÓN CALAMITOSA NO XULGADO MIXTO DE ORTIGUEIRA

O Sector de Xustiza da CIG ven de denunciar o estado calamitoso no que se atopa desde fai moito tempo o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Único de Ortigueira. Por unha banda, sofren escaseza de persoal, polo que os expedientes desbordan as mesas. Unha delas estivo totalmente paralizada durante meses por non contar con ninguén nela, sendo conscientes disto na DXX. A carga de traballo é tan elevada neste partido xudicial que se están a incoar agora, no mes de maio, atestados do pasado mes de agosto. Ademais, o auxilio xudicial non pode realizar dilixencias fóra da oficina xa que se encarga de levar o Rexistro Civil da vila, polo que non hai ninguén en Ortigueira para poder notificar as resolucións nos domicilios, quedándolle ao persoal do xulgado como única opción para notificar, cando as cartas veñen de volta, os edictos.....É evidente a clara necesidade de unha persoa máis nesa oficina xudicial, pero a DXX parece facer caso omiso ao escrito presentado no seu momento pola LAX do xulgado para reclamar ese aumento de persoal.
Por outra banda, é un lugar no que xa é habitual que as aplicacións informáticad que utilizan as/os traballadores/as, como Minerva, vaian máis lentas que noutros sitios, pero a gota que rebordou o vaso foi, cando o xoves de semana santa, se encontraba de garda o xulgado cun detido por violencia machista e, tras producirse unha caída da liña de teléfono quedaron na oficina xudicial sen acceder a internet, quedando tamén inutilizada a impresora. Sendo un festivo non tiveron asistencia ningunha por parte da DXX e a impresora acabouna arranxando un familiar do persoal do xulgado. Os autos e demais resolucións tiveron que facelas no programa informático de procesamento de textos xa que era o único co que contaban para poder traballar. Esta situación é gravísima é intolerable. Que en pleno 2023 sucedan cousas como estas nos xulgados, con situacións así, deixan claro que a xustiza en Galiza nin é eficaz nin se lle da celeridade, máis ben todo o contrario. As vilas seguen sendo as grandes esquecidas por parte da DXX e a cidadanía de Ortigueira ten o mesmo dereito a recibir unha xustiza de calidade que no resto de cidades do País. 

Ligazón nova CIG:

https://www.cig.gal/nova/cig-xustiza-denuncia-a-falta-de-persoal-e-medios-nos-xulgados-de-ortigueira.html

Ligazón ENFOQUES.GAL:

https://enfoques.gal/ortegal/ortigueira/cig-denuncia-grave-falta-de-personal-y-medios-en-los-juzgados-de-ortigueira/

Ligazón COPE:

https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/ferrol/ferrol-comarcas/noticias/cig-xusticia-denuncia-una-grave-falta-personal-medios-los-juzgados-ortigueira-20230515_2708316


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración