Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

SOPLAN AIRES DE PRIVATIZACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Nestes últimos días estanse a convocar unha serie de actos por parte dos colexios de procurador@s e avogad@s para denunciar o colapso xudicial en Galiza. Segundo reflicten os medios, que neste caso si se están a facer eco das reivindicacións, "...a avogacía reclama un pacto de Estado tralas eleccións xerais do 23 de xullo (...) asegurando a participación efectiva dos profesionais que interveñen nela" (La Voz de Galicia, 28/06/23).    Dentro das solucións que propoñen para solucionar este colapso está o establecemento dun sistema como o portugués: “Os procuradores reclaman máis competencias para desatascar a Xustiza. O sistema portugués outorga aos axentes de execución as facultades para efectuar, sempre baixo o control xudicial, a realización de embargos, citacións, notificacións e ventas de bens embargados. E esas son parte das competencias que reclaman os procuradores galegos para «eliminar o atasco xudicial» (La Voz de Galicia, 28/06/23).    Estas reivindicacións non son n

REFORZO DO ACCESO AO PUNTO NEUTRO XUDICIAL

O CXPX ven de informar que a fin de reforzar o acceso ao PNX (Punto Neutro Xudicial), ante os últimos ataques de suplantación de identidade sufridos, vaise requerir para o acceso a dita plataforma introducir a data de validez do DNI das funcionarias/os que accedan á mesma, ampliándose de 4 a 6 horas o tempo da vixencia da dita autenticación que so requerira durante ese tempo o uso de usuario e contrasinal.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 02-06-2023

Publicouse na intranet e na páxina da consellería a Resolución de 28 de xuño de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 2 de xuño de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1niFA1AksNtP_CA6WUKsziA2E0BQyX6BE/view?usp=sharing    

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 22/06/2023

Publicouse na   intranet   e na páxina web da consellería a  Resolución de 28 de xuño de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 22 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/184b4PPR3JK9QKSEsNS0kAw1I9fd7N1pM/view?usp=sharing

A XUNTA PRIVATIZA A ESCOLA INFANTIL DA "CIDADE DA XUSTIZA"

A nova escola infantil, que abrirá en setembro na Cidade da Xustiza de Vigo, será de xestión privada. A escola contará con 41 prazas e acollerá as crianzas dos empregados e empregadas públicas de Xustiza e da Xunta de Galiza e de haber vacantes, tamén da cidadanía que o solicite. O modelo privatizador dos servizos públicos está na xenética do PP. Faino ás caladas, con aleivosía e nocturnidade, facendo propaganda do servizo pero sen entrar a explicar que se dá a xestión ás empresas privadas para o seu beneficio a calquera prezo.  Ligazón concurso licitación: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=820325&lang=gl

RELACIÓN DE APROBADOS PRIMEIRO EXERCICIO MÉDIC@S FORENSES

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o acordo do Tribunal Cualificador Único de data 26/06/2023 polo que, cualificado o exercicio celebrado o pasado 3 de xuño de 2023 e, segundo o disposto na base 7.2 da Orde JUS/1287/2022, do 22 de decembro, pola que se convocou este proceso selectivo, fanse públicas as relacións de aspirantes de cada ámbito territorial, por orde alfabética, que alcanzaron o mínimo establecido no punto 2 do Anexo I (IA fase de oposición) da devandita Orde de convocatoria para superar o primeiro exercicio da fase de oposición, con indicación da puntuación obtida, e que se conteñen no anexo I do presente Acordo. Os opositores que non se achen incluídos no Anexo I, relación de aprobados do primeiro exercicio terán a consideración de “non aptos”, quedando eliminados do proceso selectivo.  Ligazón Relación Aprobados 1º Exercicio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Anexo%20I-Relaci%C3%B3n%20aprobados%20primer%20ejercicio%20M%C3%A

CORRECCIÓN CÓMPUTO DE PRAZO PROCESO SELECTIVO CONCURSO DE MÉRITOS

Tras o requerimento enviado pola CIG ao Ministerio de Xustiza, en relación o computo dos dias para subsanación de instancias no proceso das oposicións de estabilización, éste rectifica, e así o prazo pasa a ser de dez días hábiles e non naturais coma nun principio se establecía. Deste xeito o prazo para subsanación de instancias remata o xoves 29 de xuño . Recordade que ditas subsanacións deben facerse a través da aplicación IPS (Inscripción de Probas Selectivas), no seguinte enlace: https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias

PLANTILLA DE RESPOSTAS PROVISIONAIS EXAME DE INCIDENCIAS AUXILIO - OEP 2020-2021-2022

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o acordo do Tribunal Cualificador Único polo que se expoñen as plantillas provisionais de respostas do exercicio de incidencias do corpo de  Auxilio Xudicial celebrado o pasado 21 de xuño. Ligazón Acordo doTCU exame de incidencias: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Acuerdo%20del%20TCU,%20plantillas%20provisionales,%20examen%20de%20incidencias.pdf Ligazón plantilla exame de incidencias Test: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Plantilla%20respuestas%20examen%20de%20incidencias-Test.pdf Ligazón plantilla exame de incidencia Práctico: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Plantilla%20respuestas%20examen%20de%20incidencias%C2%A0%20-%20Pr%C3%A1ctico.pdf

PLANTILLA DE RESPOSTAS DEFINITIVAS DE XESTIÓN

O Tribunal Calificador procedeu á publicación da plantilla definitiva de respostas correctas correspondente aos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xusticia, celebrado o pasado 21 de maio. Recibidas as alegacións as plantillas provisionais de respostas, o Tribunal acordou: Do primeiro exercicio, anular a pregunta 57 do modelo A (pregunta 72 do modelo B) e a pregunta 96 do modelo A (pregunta 47 do modelo B) que son substituidas polas correspondentes preguntas de reserva 101 y 102, ao estimarse as alegacions achegadas polos interesados. - Do segundo exercicio anulan a pregunta de reserva 11, ó estimarse ás alegacions achegadas polos interesados. En relación o terceiro exercicio: O Tribunal do ámbito correspondente, procederá á lectura do exercicio e o puntuará, baixo os criterios fixados polo Tribunal Calificador Único, que se farán públicos antes do inicio das correccions. Os 5 puntos como

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS CELGA

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. Tede en conta que os cursos de linguaxe administrativa galega son equivalentes aos cursos de linguaxe xurídica galega. As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo  https://www.eoidigital.com/preinslinguagalega    O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o día 3 ata o 14 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-decembro); e dende o 13 ata o 24 de novembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio). Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230622/AnuncioG0655-140623-00

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 22/06/2023

Publicouse na   intranet   o 22/06/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 23, 26 e 27 de xuño.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da  OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/11G-zV3bmJoxD6_hUfO9696IhgfuGJgr-/view?usp=sharing  

RESOLUCIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 02/06/2023

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 21 de xuño de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 2 de xuño de 2023. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles, contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1D091hMotfdxMi1bGnnnn4apzNKCVk0f0/view?usp=sharing

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós". 

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 12/06/2023

Publicouse na   intranet   e na páxina web da consellería a  Resolución de 20 de xuño de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 12 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/16UvJc0fCZ-Vh3Qgp9Tj0HW6K4kp0za6V/view?usp=sharing    

PLANTILLAS DE RESPOSTAS DEFINITIVAS PROBAS DE ACCESO A TRAMITACIÓN

Fíxose público o Acordo do Tribunal Cualificador Único polo que se elevan a definitivas as plantillas provisionais de respostas válidas do exame celebrado o día 27-5-2023, de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre.  Ligazón Acordo Tribunal Cualificador: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20TCU%20TR%20LIBRE%20PLANTILLAS%20DEFINITIVAS.PDF Ligazón plantilla exame tipo A: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/PLANTILLAS%20DEFINITIVAS%20TR%20LIBRE%20TIPO%20A.PDF    Ligazón plantilla exame tipo B: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/PLANTILLAS%20DEFINITIVAS%20TR%20LIBRE%20TIPO%20B.PDF

PUBLICADA A DATA DO EXAME DE INCIDENCIAS TRAMITACIÓN - OEP 2020-2021-2022

De conformidade co establecido na Base 7.3 da Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, pola que se anunciaba o proceso selectivo para ingreso no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, convócase ás persoas aspirantes que se relacionan no Anexo I, por orde de sedes e dentro delas por orde alfabética, á realización do exame de incidencias a celebrar o día 23-6-2023, venres , sendo o chamamento ás 9,00 horas, nas direccións das sedes que se indican no Anexo II. As persoas aspirantes dirixiranse ao centro onde se celebren os exames, identificándose previamente ao acceder ás mesmas, se fose necesario. Deberán portar o seu DNI, así como bolígrafo negro ou azul. Os familiares e acompañantes non poderán acceder ás instalacións onde se celebren os exames. De non presentarse as persoas aspirantes o día e a hora fixados nas respectivas sedes, perderán o seu dereito para ser examinados.​  Ligazón listaxe opositores: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Docume

CURSOS DE AUTOFORMACIÓN EGAP 2023

No DOG do 19 de xuño de 2023 saíu publicado o programa de autoformación para o persoal da Administración de Xustiza de Galiza. Neste programa temos que diferenciar dous tipos de cursos: - Por unha banda están os cursos do Anexo I, que son única e exclusivamente de formación, onde podemos acceder a uns contidos. Estes cursos non teñen proba de avaliación nin tampouco nos dan ningún tipo de diploma. - Por outra banda están os cursos do Anexo II, que non teñen formación e unicamente ofrecen a posibilidade de acreditar a nosa competencia mediante a realización dunha proba de avaliación, que de superala permitiranos a obtención dun certificado de equivalencia. Cómpre ter en conta que o acceso aos contidos (anexo 1) non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin tampouco é un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nestas probas (anexo 2) e as superen, terán dereito a obter un certificado de equivalencia, que terá o mesmo valor que un de apro

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS AUXILIO-TRAMITACIÓN-XESTIÓN - CONCURSO DE MÉRITOS

Publicáronse sendas Ordes no BOE polas que se da publicidade as listaxes provisionais de admitidos e excluídos dos procesos selectivos de acceso pola quenda libre e o sistema de concurso de méritos, convocados pola Orde JUS/1288/2022, de 22 de decembro. Tanto os/as aspirantes excluídos/as como os omitidos/as por non figurar nas listaxes de admitidos/as nin na de excluídos/as, poderán emendar os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión en ditas listaxes nun prazo de dez días naturais , contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no «Boletín Oficial do Estado» Os/as aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou non aleguen a omisión, en prazo, xustificando o seu dereito para seren admitidos, serán definitivamente excluídos. Ligazón Orde Auxilio: https://boe.es/boe/dias/2023/06/15/pdfs/BOE-A-2023-14236.pdf Ligazón listaxe completa Auxilio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Relaci%C3%B3n%20provisional%20de

INDECENTE: O MINISTERIO CONVOCA MESA PARA NEGOCIAR A SUBA DOS/AS LETRADOS/AS

Despois de non convocar ao comité de folga, de convocalo para dicirlle que das pretensións solicitadas nada de nada, de impedir o acceso de comida aos representantes alí pechados, ata conseguir que abandonasen o peche sen ningunha oferta, agora o Ministerio convoca ás organizacións integrantes da mesa sectorial, este venres 16, para negociar a suba salarial do corpo de LLAX unicamente. Unha auténtica burla. Como xa vos dixeramos, sen o trámite de negociación coas OOSS o acordo ao que o Ministerio chegou coas asociacións non é válido. É por iso, e porque se lle acaba o tempo a este equipo ministerial e estará a sufrir presións, polo que nos convoca en plena folga e durante a campaña das eleccións sindicais. Por suposto, esta tarde de mércores a CIG xa remitiu un correo indicando que por solidariedade coas organizacións sindicais convocantes da folga na Administración de Xustiza, a Confederación Intersindical Galega non acudirá a esa mesa sectorial xa que non responde a materias obxecto

COMEZO DO HORARIO DE VERÁN 2023

O vindeiro venres, 16 de xuño, comeza o horario de verán deste ano 2023. Neste horario deben de facerse 6 horas e media ao día, das cales 5 horas e media son de horario fixo e 1 hora e de horario flexible.

CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que convoca o Curso superior de Administración electrónica. O Curso superior de Administración electrónica pretende afondar nos aspectos máis importantes da Administración electrónica desde unha tripla perspectiva, xurídica, técnica e práctica.  O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadren nas seguintes categorías: • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario. • Grupos I e II do persoal laboral. No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e da Administración de xustiza. Datas: o curso desenvolverase desde o 12 de setembro

PUBLICADA A DATA DO EXAME DE INCIDENCIAS AUXILIO - OEP 2020-2021-2022

EXAMEN DE INCIDENCIAS AUXILIO. Convócase ás 9:45 h. (8:45 h. en Canarias) aos seguientes opositores para o próximo mércores 21 de xuño para realizar o exame de incidencias ás 10:00 h..   Listaxe de opositores de Auxilio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Listado%20de%20opositores.%20Examen%20de%20incidencias.pdf Sedes de Exame Auxilio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Sedes%20del%20examen%20de%20incidencias-21%20Junio%C2%B423.pdf        

PUBLICADAS NO DOG AS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL 2023

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Terán a condición de beneficiarios: a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores. b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %. No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas exp

LAUDO ARBITRAL A FAVOR DA CIG NAS ELECCIÓNS SINDICAIS DE PONTEVEDRA

No día de hoxe notificóusenos un laudo onde a arbitra, modificando a decisión da mesa electoral de Pontevedra acordou, tal e como solicitara a CIG no seu momento, que se dirixira comunicación á "Sociedade Anónima de Correos e Telégrafos, S.A."  a fin de que tomara constancia da existencia do presente proceso electoral na Adminsitracion de Xustiza e, asimesmo lembrarlle, en relación ao voto por correo, o cumprimento dos requsitos de identificación e autorización previstos no Real Decreto 1846/1994, de 9 de setembro e a Instrución de Correos de 23 de abril de 2015, a fin de que trasladara as directrices correspondientes ás Oficinas de Correos de dita demarcación. Ligazón laudo arbitral: https://drive.google.com/file/d/15iJBIJ_aFTI7gq0FLneN_3hIyfxVnoBM/view?usp=sharing

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 12/06/2023

Publicouse na   intranet   o 12/06/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 13, 14 e 15 de xuño.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da  OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1rTnr2gSBq1pcACKA8eoDvJUxKAvgbSsI/view?usp=sharing

DESINFORMACIÓNS MALINTENCIONADAS TRAS AS IRREGULARIDADES DETECTADAS NO VOTO POR CORREO EN PONTEVEDRA

A CIG, ante as desinformacións malintencionadas que unha central sindical está a verquir sobre a análise realizada na mesa coordinadora das eleccións sindicais de xustiza de Pontevedra, de determinadas solicitudes de voto por correo presentadas, expoñemos: 1) A mesa coordinadora e plenamente competente para analizar as peticións de voto por correo e decidir cales están correctamente presentadas e cales non. 2) Todas as centrais sindicais presentes nas xuntanzas coa mesa coordinadora poden analizar as peticións de voto por correo emitidas, por se tivera que formularse algunha reclamación ao respecto. Segundo a lei hai 24 horas para formular alegacións. En ningún caso se analizaron os requisitos da emisión do voto (cuestión imposible de realizar neste momento, posto que dita comprobación faise o día da votación) o que se analizou foi o cumprimento dos requisitos contemplados na lei para a petición do voto por correo realizada. 3) Os nomes de todas as/os solcitantes de peticións de voto p

FINALIZA O PRAZO PARA SOLICITAR O VOTO POR CORREO - EESS 2023

Queremos lembrarvos que, se o día 20 de xuño non ides poder votar ou non vos queredes desprazar ao lugar de votación, podedes solicitar o voto por correo á Mesa coordinadora correspondente ata o vindeiro luns día 12 de xuño . Se precisades máis información, aquí tedes os nosos enderezos electrónicos e teléfonos: cig.acoruna@xustiza.gal       981182589   657768693   635607376 cig.ferrol@xustiza.gal            637108945 cig.santiago@xustiza.gal       981540373  665615293 cig.lugo@xustiza.gal              982889035  639921202   669557395 cig.ourense@xustiza.gal        988687412  647984073 cig.pontevedra@xustiza.gal   64603058 cig.vigo@xustiza.gal              986817836  668843048

A CIG DENUNCIA A REDUCCIÓN DA SEGURIDADE DO EDIFICIO DA CIDADE DA XUSTIZA

A Federación de Servizos da CIG ven de presentar alegacións ao prego do concurso de adxudicación da vixilancia e seguridade dos edificiós xudiciais de Galiza. A Xunta pretende recortar e precarizar o servizo de seguridade privada na Cidade da Xustiza de Vigo e prescinde de tres traballadores/as. Nas condicións do concurso reducense até un 30% as horas de vixilancia do edificio xudicial que, segundo a propia Xunta, é a xoia da coroa dos edificios xudiciais de Galiza. O sector de xustiza da Federación de Administración Pública non pode máis que apoiar aos compañeiros da Federación de Servizos nas súas reclamacións posto que, se sae adiante a adxudicación do concurso nos actuais termos, deixará de prestarse servizo pola noite os 365 días do ano; reduciranse drasticamente as xornadas laborais, pasando de 10 a 6; e ademais o edificio da Cidade da Xustiza quedará sen vixilancia polas tardes, xa que unicamente se prestará no aparcadoiro e no rexistro civil da rúa Lalín.  A todo isto debe d

PROBLEMAS E POUCO USO DA APLICACIÓN REAJ DE APODERAMENTOS APUD-ACTA

A CIG ven de comunicar ao Ministerio de Xustiza as deficiencias detectadas na aplicación REAJ que permite realizar os apoderamentos xudiciais apud-acta. Esta aplicación apenas é usada xa que resulta moito máis cómodo empregar ou un modelo de poder realizado cun procesador de textos ou o modelo que inclue Minerva. E triste que tendo un aplicativo para realizar expresamente esta función o mesmo non sexa utilizado, tanto por unha inexistente formación como por uns fallos no seu desenvolvemento, que a veces retrasan a realización dun poder que, feito doutro xeito, queda realizado moito antes e sen tantos atrancos. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1QSDlCdLYFjKUnnt3z_P0mVeshccZCNit/view?usp=sharing

APOIO AOS COMPAÑEIROS PECHADOS NO MINISTERIO

A CIG amosa todo o seu apoio  aos compañeiros pechados  na sede do Ministerio  en Madrid  e condena  a actitude despótica  dos responsables da Administración . É intolerable o que está  a suceder   e solicitamos  que se reanuden de maneira seria e inmediata  as negociacións cos sindicalistas  que alí  se atopan . 

SOLICITADO O REFORZO URXENTE PARA O XULGADO MIXTO 1 DE VILAGARCÍA E O DE VIOLENCIA DE XÉNERO

A CIG ven de solicitarlle á Dirección Xeral de Xustiza a urxente dotación de reforzos para os xulgados de Vilagarcía (o número 1 e o de violencia) e, ao mesmo tempo, trasladarlle tamén esa mesma petición ao TSXGaliza para que tomen en consideración no só a creación do 4º xulgado se non os reforzos solicitados. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1MBWlr8Y7ncoswxtSqHNEvTRFbrC-z9pJ/view?usp=sharing

A CIG SOLICITA A NEGOCIACIÓN DO GRAO INICIAL DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

A CIG ven de presentar un escrito á DX solicitando a apertura do proceso de negociación do sistema ordinario para o acceso ao grao inicial da traxectoria para aque persoal funcionario que non reunía os requisitos de acceso ao sistema extraordinario no momento da convocatoria (por non ter a antigüidade, por estar nese momento destinad@ fóra de Galicia, etc...) Consonte ao artigo 34.6 do TREBEP o proceso de negociación iniciarase no prazo máximo dun mes dende que a maioría dunha das partes lexitimadas de cada Mesa de Negociación o promova , non existindo causas legais ou pactadas que o impidan. É por iso polo que, ademais de remitir o escrito á DX, enviamos ao resto das organizacións sindicais presentes na mesa (SPJ-USO, AXG-CUT, STAJ, UGT e CCOO) outro solicitándolles que se unan á nosa proposta para conformar unha maioría sindical suficiente que obrigue á Administración a convocar a mesa de negociación ante o flagrante incumprimento por parte da DX do pactado no acordo; en concreto

DATA DO SEGUNDO EXERCICIO DE MÉDIC@S FORENSES E PLANTILLA DE RESPOSTAS

Foron publicados na web do Ministerio de Xustiza sendos Acordos do Tribunal Cualificador Único das probas selectivas para acceso ao corpo de Médic@s Forenses. Primeiro.- Acordo do 3 de xuño de 2023 do Tribunal Cualificador Único, polo que se publica a data de inicio do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para ingreso no Corpo Nacional de Médicos Forenses. Data de inicio segundo exercicio: 5 de setembro de 2023. O chamamento realizarase por Comunidades Autónomas, comezando pola letra "U", de acordo coa base 2.5 da Orde de convocatoria e seguindo a orde establecida na base 1.1. da devandita convocatoria.  Máis adiante, concretarase hora e lugar a través desta páxina web.   Segundo.- Acordo do Tribunal Cualificador polo que se publica a plantilla de respostas correctas do primeiro exercicio, para ingreso no Corpo Nacional de Médicos Forenses, celebrado o pasado 3 de xuño de 2023. As/os interesados dispoñen dun prazo de 5 días hábiles para presentar al

PUBLICADOS NO DOG OS PERMISOS PARA VOTAR NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS SINDICAIS

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar as persoas electoras a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 20 de xuño de 2023. 1) Ao persoal funcionario que goce deste permiso poderalle ser exixida unha xustificación da efectividade do acto da votación, que para o efecto solicitará da súa mesa electoral. 2) As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada no mesmo local ou edificio onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinadas poderán dispoñer dun permiso de dúas horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación. 3) As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinadas poder

EXECUCIÓN DE NOVAS SENTENZAS DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Dúas afiliadas da CIG, van a cobrar a Traxectoria Profesional dende Xaneiro de 2020. Grazas ás múltiples sentenzas da CIG, dúas funcionarias interinas de Xustiza acaban de ver recoñecido o grao I da traxectoria profesional dende xaneiro de 2020.  Isto vai traducirse en: - Preto de 3.000 euros brutos en atrasos . - O recoñecemento do grao II dende xaneiro de 2022. - As cotizacións á Seguridade Social e desemprego de todas as cantidades deixadas de percibir. - A porta aberta ao grao III para xaneiro do 2025. Tristemente vai a haber compañeir@s que non van a cobrar eses cartos por un deficiente asesoramento legal e non ter formulado no seu día as reclamacións pertinentes. Nestes días pasados o TSXG ven de notificar a firmeza destas dúas sentenzas que recoñecían o dereito do persoal interino da Administración Autonómica ao cobro desta retribución, tal e como xa avisamos que ocorrería. A intención da Xunta sempre foi exclusivamente dilatoria. Non esquezamos que temos a varias compañeiras

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE APARCADOIRO NALGÚNS EDIFICIOS XUDICIAIS DA CORUÑA

Por fin parece que temos data para a apertura do prazo para solicitar prazas de aparcadoiro nos edificios xudiciais da Coruña. Segundo conversa mantida con María Barreiro, xefa territorial, será a finais desta semana ou primeiros da que ven cando se remita a instrución abrindo prazo para solicitar a adxudicación dunha praza. Convocaranse as establecidas para a Fábrica de Tabacos e tamén as existentes no edificio da rúa Capitán Juan Varela. A estas últimas poderán optar os traballadores e traballadoras tanto dese edificio como do Anexo e da sede da rúa Monforte, porque de novo a Administración claudica ante o Decano da Coruña e renuncia a xestionar o seu aparcadoiro da rúa Monforte. Ao parecer, se o aparcadoiro é exterior si que o xestiona a DX pero se é cuberto non. Incomprensible. Estamos á espera de que o Director Xeral nos devolva a chamada para volver a tratar con el este asunto. Seguiremos loitando porque todas as