Publicouse na intranet a Resolución do 1 de xullo de 2022, pola que se publican as listaxes definitivas de adxudicación das prazas convocadas, para a súa provisión en comisión de servizos, por Resolución do 13 de xuño de 2022. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1v3ET004bDnByZWDz_ugkBt24BgVDZ4PI/view?usp=drivesdk
Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 21 de xuño, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo. A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal nesa mesma data. A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1yzg0Qk788pFLo3JIKwgoJ5ykQjzfLbOr/view?usp=sharing