Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2018

A CIG REITERA POR 3ª VEZ QUE DEBE DE CONVOCARSE A MESA SECTORIAL

CIG Xustiza   ven de solicitar por terceira vez dende o mes de xullo (escritos presentados o 2 , o 24 de xullo, e o 26 de setembro), a urxente convocatoria da Mesa sectorial de Xustiza. Desde que se puxo en funcionamento a comisión de seguimento do acordo do 23 de maio de 2018, esa Dirección Xeral non convocou a Mesa Sectorial da Administración de Xustiza, que é o único órgano legalmente habilitado para a negociación colectiva do persoal funcionario, consonte ao disposto no artigo 34.4 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (EBEP). Entendemos que a conduta desa Dirección Xeral, ao derivar a negociación de materias propias da Mesa Sectorial á Comisión de Seguimento do Acordo do 23 de maio de 2018, está a menoscabar gravemente as funcións representativas dos sindicatos non asinantes, como é o caso da CIG, e en caso de non resolverse, podería dar lugar a unha vulneración do noso dereito

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

O  21 de setembro s aí u a resolución coas adxudicacións das últimas prazas publicadas o pasado 1 2 de setembr o, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1_LFUN5pMlMfurFUcLFeb5Pg53-y6Iwhn/view?usp=sharing

OFERTA DE PRAZAS DESERTAS OPOSITORES CORPO DE XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP2016

O Ministerio ven de comunicar que public ou na súa páxina web a relación de prazas desertas que se van a ofertar as/os aspirantes ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre, das oposicións convocadas por Orden JUS/1165/2017, de 24 de novembro. A publicación no Boletín Oficial do Estado está prevista para o día 24 de setembro . Ligazón web : http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/gestion-procesal1 Ligazón Orde: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428893031?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DGESTION_LIBRE_OEP_2016_ORDEN_11-9-2018.pdf Ligazón prazas: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428893032?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DGESTION_LIBRE_OEP_2016_ANEXO_I.pdf Lig azón so licitude: http://www.mjusti

INCREMENTO DO 0,25% POR SUPERAR O PIB O 3,1%

No DOG do 13 de setembro publicouse a ORDE do 5 de setembro de 2018 pola que se actualizan, con efectos do 1 de xullo de 2018 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica. Polo tanto, dende dita data levarase a cabo o incremento adicional de retribucións do 0,25% sobre as retribucións vixentes a 31 de decembro de 2017. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1I79smGeIbUmX7I_ug_rpF_1hKr0aTydq/view?usp=sharing Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180913/AnuncioCA01-060918-0020_gl.pdf

PUBLICACIÓN PROVISIONAL AXUDAS ACCIÓN SOCIAL 2018

Na convocatoria da comisión de acción social a Dirección Xeral informa de que foron presentadas 100 solicitudes das cales:  - Hai 105 benificiarios.  - 1 excluido por falta de sinatura.  - 12 solicitudes subsanables. O prazo de subsanación será de 10 días hábiles .   A publicación está prevista no DOG do venres 14 e, de non ser posible esta data, publicaranno o luns 17. Ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180914/AnuncioG0244-130918-10_gl.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 12 / 0 9 /201 8 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 13 , 14   e 17 de setembr o . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/14N6ZKZOwA1FYraVzfGhici_ViAC3humH/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing