Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2011

SELECCION DE TITORES CORPO XESTION - QUENDA LIBRE - OP2010

   A Dirección Xeral de Xustiza precisa seleccionar titores para realizar accións formativas no lugar de traballo a fin de que os alumnos perfeccionen os coñecementos adquiridos na fase teórica do proceso selectivo convocado pola Orde XUS/1654/2010 para o corpo de xestión procesual e administrativa, quenda libre.    As prácticas están previstas que sexan do 21 de novembro ao 1 de xaneiro, se non hai cambios de última hora.    A retribución será de 90 euros semanais e o prazo para presentar instancias remata o vindeiro 7 DE NOVEMBRO Texto da convocatoria

CRITERIO PARA OS CESAMENTOS NO CONCURSO DE TRASLADOS

COMUNICADO HOXE POLO MINISTERIO DE XUSTIZA: "NOTA SOBRE OS PRAZOS POSESORIOS DO CONCURSO DE TRASLADOS ENTRE FUNCIONARIOS DOS CORPOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO DA ADMINISTRACION DE XUSTIZA ANUNCIADO POR ORDE 28-4-2011 E RESOLTO DEFINITIVAMENTE CON DATA 17-10-2011, CUXA DATA PREVISTA DE PUBLICACIÓN NO BOE É O 31-10-2011.

SELECCION DE PRAZAS - PROMOCION INTERNA - OP2010

   No DOG e BOE de hoxe sae publicada a Resolución de 11 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza, pola que se publica a relación de prazas que se ofrecen aos aprobados nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda promoción interna, convocadas por Orde JUS/1654/2010, de 31 de maio.

RECORTES NOS XULGADOS

Os recortes da Xunta deixan aos xulgados nunha situación 'insostible' Sindicatos denuncian as condicións laborais e o impacto na cidadanía As baixas tardan ata catro meses en cubrirse e suprimense os reforzos CCOO: 'Os cadros de persoal en Galiza están por debaixo das ratios autonómicas'  CIG: 'Favorecese a comisión de erros na tramitación de expedientes'                                                                                                                       Ler mais....  

PUBLICACION NO DOG DAS LISTAXES PROVISORIAS ACCION SOCIAL 2011

   No día de hoxe foron publicadas as listaxes provisorias de acción social de 2011. Podedes consultar as mesmas facendo click nos enlaces de abaixo e tamén consultar  resolución de publicación das mesmas.    O prazo de reclamacións finaliza o vindeiro 9 DE NOVEMBRO e as mesmas terán que ser dirixidas xunto coa documentación pertinente a: Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (praza de Europa, 5A, 4.º, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela) Resolución provisoria Accion Social 2011 Listaxes Acción Social 2011

ULTIMAS LISTAXES DEFINTIVAS CONCURSO 2011

   O Ministerio enviou no día de hoxe as novas listaxes de prazas adxudicadas no concurso de traslados coas correccións levadas a cabo en Madrid e Cataluña. Alfabetica Auxilio Alfabetica Auxilio Galiza Auxilio por localidades Alfabetica Tramitación Alfabetica Tramitación Galiza Tramitación por localidades Alfabetica Xestion Alfabética Xestion Galiza Xestión por localidades.

LISTAXES DEFINITIVAS - CONCURSO DE TRASLADOS 2011

   Segundo nos acaba de informar o Ministerio de Xustiza o concurso publicarase no BOE o vindeiro 31 DE OUTUBRO DE 2011 . Os DESTINOS DEFINITIVOS xa foron adiantados polo Ministerio.     Os cesamentos realizaranse o 7 de novembro Tramitación e o 14 de novembro Xestión e Auxilio.    O prazo de posesión para os que estaban en activo, en servizos especiais ou en execendia por coidado de familiares e que participaron no concurso no seu propio corpo será de 3 días se non hai cambio de localidade, de 8 días se hai cambio de localidade e de 20 días se hai cambio de comunidade autónoma, a contar dende o día seguinte ao cesamentos que se producirán o 7 ou o 14, respectivamente.    O resto de participantes no concurso terán que tomar posesión a partires da publicación da resolución do concurso e terán viente días para facelo podendo solicitar un permiso de dous o tres días, segundo o caso, para poder ausentarse do seu actual posto de traballo para ir a tomar posesión no novo corpo. Unh

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISORIAS ACCION SOCIAL 2011

   A Dirección Xeral de Xustiza acaba de trasladarnos as listaxes provisorias de acción social deste ano 2011 quedando pendente a publicación no DOG da resolución correspondente que dará inicio ao prazo de reclamacións.     Para calquera consulta ponte en contacto coas nosas delegadas/os

SUBSTITIUCIÓNS CON TITULACIÓN

   Por parte da administración comunicóusenos que, sendo firme a sentenza do TSX que resolvía o contencioso sobre a obrigatoriedade de requerir aos titulares en substitución vertical a titulación correspondente ao posto que desempeñaban, todas as substitucións levarán aparellado dito requisito a partires do mes de outubro. Sen prexuizo do anterior, todas as substitucións realizadas ata esa data manteranse nas mesmas condicións ata a reincorporación do titular correspondente.

OPOSICIÓNS 2010 - OFERTA PRAZAS PROMOCIÓN INTERNA XESTION

   Según nos acaba de trasladar a administración, estas serán as prazas que se lles ofertarán aos opositores que superaron en Galiza a promoción interna do corpo de xestión na OP2010, as cales sairán publicadas no BOE do 26 de outubro de 2011:

ACCIÓN SOCIAL 2011 - PRÓXIMA PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISORIAS

   Con toda probabilidade, a mediados deste mes, sairán publicadas as listaxes provisorias da ACCIÓN SOCIAL 2011 para o persoal ao servizo da administración de xustiza.    Segundo nos indicou a administración, existirá un elevado número de persoal excluido debido, sobre todo, a falta de acreditación documental do pagamento das respectivas matrículas ou ben porque o xustificante que se achegou non era conforme. En todo caso, como se abrirá o prazo para alegacións, nese momento será o que terán as traballadoras/es para poder alegar ou presentar a documentación xustificativa correspondente.