Méndez Romeu anuncia que a Xunta solicitará a creación o próximo ano de SEIS novas unidades xudiciais.- Os Xulgados que se solicitará ao Ministerio de Xustiza son catro xulgados de primeira instancia para a Coruña, Pontevedra, Santiago e Ourense; un xulgado mixto na Estrada; un xulgado do contencioso-administrativo para Lugo, segundo anunciou o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, en comparecencia parlamentaria. Esta proposta deberá ser ratificada polo Goberno central na vindeira Conferencia Sectorial de Xustiza.