Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2013

A LOITA SI QUE VALE - MESA SECTORIAL 29-05-2013

A PRESIÓN SINDICAL, LEVANTÁNDONOS DA MESA, E O IMPORTANTE SEGUIMENTO DAS MOBILIZACIÓNS DO PASADO DÍA 22 DE MAIO OBRIGAN Á DXX A RECOÑECER OS 3 DÍAS DE LIBRANZA E A FLEXIBILIDADE HORARIA DÍAS DE LIBRANZA E FLEXIBILDADE HORARIA A decisión unánime de abandonar a mesa levada a cabo por CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG, sindicatos con representación na Mesa Sectorial, e o apoio dos traballadores nas mobilizacións convocadas o pasado día 22 de maio nas sete grandes ciudades de Galicia, obriga á Administración a rectificar a súa negativa a: 1º Recoñecer a discriminación dos funcionarios de Xustiza con respecto do resto de funcionarios doutras administración A partires do PRIMEIRO DE XUÑO todos os funcionarios, de maneira voluntaria, poderán acumular as horas traballadas por enriba das 7 horas diarias obrigatorias (en cómputo mensual), ata alcanzar un máximo de 22 horas e media en cómputo anual equivalentes a 3 días de libranza . Esta foi a principal razó

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet no día de hoxe algunha das  adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Adxudicacións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oMDJKUVhES2ZTeTg/edit?usp=sharing Novas substitucións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oYmZlM2Fmbm9FZ00/edit?usp=sharing

PUBLICACIÓN SIMULTÁNEA DE SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS-HORIZONTAIS

   Por parte da Dirección Xeral de Xustiza comunicóusenos que no sucesivo e, para axilizar a tramitación das provisións de postos de traballo mediante substitucións, procederase á publicación simultánea na intranet durante tres días hábiles, tanto das substitucións verticais coma das horizontais.

CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA

   No DOG de hoxe 20 de maio sae publicada a resolución pola que se convocan os cursos de linguaxe xurídica galega, en modalidade de teleformación, para o persoal destinado dentro e fora da comunidade autónoma . Convocaranse as seguintes edicións de nivel medio e superior: Medio:     Superior:        O persoal que desexe participar nalgún dos cursos convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP , non sendo admisibles outras formas de solicitude.    O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e dicir, o 30 de maio de 2013

CURSOS FORMACIÓN EGAP PARA TRABALLADORES DE XUSTIZA

   No DOG de hoxe 15 de maio saíu publicada a convocatoria de cursos de formación para traballadores da administración de xustiza en Galiza.    As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes (16 de maio) e ata as 14.00 horas da data de finalización o vindeiro 25 DE MAIO . As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.    O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco. Serán excluídos automaticamente aqueles solicitantes que presenten solicitudes para máis de cinco cursos.  

CONVOCATORIA ACCION SOCIAL 2013

   No DOG de onte 13 de maio saíu publicada a convocatoria de axudas de acción social para este ano 2013, exclusivamente do programa para persoas con discapacidade física, psíquica o sensorial. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles que finalizan o vindeiro 31 DE MAIO. As solicitudes deberán de cubrirse a través da OPAX.

NOTA CONXUNTA TRAS O ABANDONO DA MESA DE NEGOCIACIÓN

O DIRECTOR XERAL, JUAN JOSÉ MARTÍN ÁLVAREZ, CUNHA ACTITUDE FASCISTA, REVENTA AS NEGOCIACIÓNS E IMPLANTA O TOTALITARISMO NAS CONDICIÓNS LABORAIS DOS   TRABALLADORES DA XUSTIZA EN GALICIA. Tras varios meses de negociación   nos que conseguimos minimizar algúns dos recortes con respecto ao RD 20/2012   (sete días de vacacións de disfrute independente, a posibilidade de unir eses días aos moscosos, concesión do permiso de ingreso hospitalario de xeito independente no prazo dun mes, mantemento do horario de verán e semana grande, días de asuntos particulares por cada festivo nacional que coincida en sábado, …), o Director Xeral, nunha actitude fascista sen precedentes, non sabemos se dirixido, como un monicreque, polo Conselleiro, trocou a súa actitude na mesa amosando   desprezo ás Organizacións Sindicais con representación na mesma (CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG) e por ende, aos traballadores; o detonante da súa mala fe negociadora foi a negativa da concesión de días de libranza a c

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet no día de hoxe algunha das  adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Adxudicacións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oR19xNlBzYkt2aDQ/edit?usp=sharing Novas substitucións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5ocDZOOXlpTS1sNjA/edit?usp=sharing

CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS 2013

   No DOG e BOE de hoxe 6 de maio saen publicadas as resolucións de convocatoria do concurso de traslados deste ano 2013.     O prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro 16 DE MAIO.    Podedes cubrir a instancia de xeito informático a través da aplicación AINOA facendo click no enlace de abaixo ou ben entrando na intranet de xustiza  en RR.HH - Concursos de traslados. Non esquezades que aínda cubrindo e formalizando a instancia de xeito informático debedes tamén imprimir a mesma e enviala da forma ordinaria a administración correspondente. Se todos o facemos así poderemos axilizar moitísimo a resolución do concurso. Instancia Informática