Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

EXAME OPTATIVA DE LINGUA GALEGA - PROMOCIÓN INTERNA - TRAMITACIÓN

Conforme ao establecido na base 7.5 da Orde JUS/242/2022, do 24 de marzo, pola  que se convoca proceso selectivo para acceso, por promoción interna, ao Corpo de Tramitación  Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza (BOE núm. 76, do 30 de marzo  de 2022), no ámbito territorial de Galicia, acordouse convocar ás persoas aspirantes  comprendidas na relación de aprobadas e que, no seu día, solicitaron a realización  da proba optativa de coñecemento de lingua galega. Para a realización deste exercicio sinalouse o día, hora e lugar que a continuación se detalla:  Data do exame: 16 de xaneiro de 2023 Hora do exame: 10,00 horas.  Lugar de exame: Xerencia Territorial de Xustiza de Galicia  Rúa Alcalde Manuel Casas, S/n – Edificio de Correos, 2º andar – 15001 A Coruña.

CONVOCATORIA PROCESOS SELECTIVOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - CONCURSO OPOSICIÓN

Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo extraordinario para acceso pola quenda libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, polo sistema de concurso oposición.  Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/30/pdfs/BOE-A-2022-23795.pdf

CONVOCATORIA PROCESOS SELECTIVOS MÉDIC@S FORENSES - QUENDA LIBRE - CONCURSO OPOSICIÓN

Publicada no BOE a Orde JUS/1326/2022, do 28 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo extraordinario para acceso pola quenda libre, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, polo sistema de concurso oposición. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/30/pdfs/BOE-A-2022-23794.pdf

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DE ESTABILIZACIÓN MÉDIC@S FORENSES - QUENDA LIBRE - CONCURSO DE MÉRITOS

Publicada no BOE a Orde JUS/1325/2022, do 28 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo extraordinario para acceso pola quenda libre, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, polo sistema selectivo de concurso. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/30/pdfs/BOE-A-2022-23793.pdf

CONVOCATORIA PROCESOS SELECTIVOS LETRAD@S - QUENDA LIBRE - CONCURSO OPOSICIÓN

Publicada no BOE a Orde JUS/1319/2022, do 27 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo extraordinario para acceso pola quenda libre ao Corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza polo sistema de concurso oposición.  Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/30/pdfs/BOE-A-2022-23787.pdf

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DE ESTABILIZACIÓN LETRAD@S - QUENDA LIBRE - CONCURSO DE MÉRITOS

Publicouse no BOE a Orde JUS/1318/2022, do 27 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo extraordinario para acceso pola quenda libre ao Corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza polo sistema de concurso de méritos.  Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/30/pdfs/BOE-A-2022-23786.pdf

PLAN DE FORMACIÓN DA EGAP 2023

No DOG do 29.12.2022, publícase o plan de formación continua da EGAP para o ano 2023. Dentro dese plan consta a formación específica para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Recóllese pola EGAP a proposta da Dirección Xeral de Xustiza respecto ás incorporacións de cursos novos, así como, o aumento de edicións nalgúns dos cursos máis demandados na formación do ano 2022, tal como se expuxo na última mesa de formación. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221229/AnuncioO150-221222-0001_gl.pdf

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 22 de decembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida nesa mesma data, á Dirección Xeral de Xustiza, por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal. Ligazón:  https://drive.google.com/file/d/12NjsQbWVR9UXPMl7883E6eDXjD9IUMVO/view?usp=sharing

CURSOS PREPARATORIOS CELGA E CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA

Convocatoria de cursos Celga e de Linguaxe Administrativa do segundo cuadrimestre (febreiro-maio de 2023) convocados pola RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. Tede en conta que os cursos de linguaxe administrativa galega son equivalentes aos de linguaxe xurídica galega segundo a ORDE do 13 xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas. O prazo de solicitude será do 3 ao 13 de xaneiro de 2023 . O día 17 de xaneiro de 2023, o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. O prazo para a presentación da documentación na aplicación web será ata o día 20 de xaneiro de 2023 para o alumnado admitido nos cursos do segundo cuadrimestre. Ligazó

DENUNCIA SOBRE EIVAS DA "CIDADE DA XUSTIZA" DE VIGO

A CIG ven de trasladar á Dirección Xeral de Xustiza varias das eivas detectadas nunhas das visitas realizadas aos órganos xa ubicados na nova "Cidade da Xustiza" de Vigo e, como non, tamén as trasladadas polas traballadoras/es xa establecidos nos  novos órganos. Como sempre, as presas e decisións políticas antepóñense as cuestions técnicas e de sentido común e o que todo o mundo entendería dentro dunha lóxica aplastante que debe de rematarse completamente un edificio xudicial e poñelo en funcionamento en modo proba durante un tempo antes de empezar a trasladar órganos xudiciais, pois a Dirección Xeral de Xustiza non o entendeu así e debido as presións políticas da consellería e da presidencia da Xunta pois consegue este resultado de atoparse cun edificio a medio rematar, onde as sinalizacións brillan pola súa ausencia, a informática día si e dia tamén da problemas, a climatización fluctua entre o calor do inferno e frio do ceo, e un largo etcetera de eivas que ben poderían te

DENUNCIA SOBRE PROBLEMAS DA TRANSICIÓN AO "PAPEL CERO"

A CIG ven de denunciar á Dirección Xeral de Xustiza varios dos problemas que se están a producir na  anómala transición ao papel cero dos órganos xudiciais; concretamente son problemas detectados en órganos de Vigo e Pontevedra pero que son extrapolables a todo o territorio da comunidade autónoma, onde a falta dunha formación completa e de directrices unificadas e concretas de funcionamento fan que dita transición ao papel cero sexa un verdadeiro desastre. Ligazón escrito de denuncia: https://drive.google.com/file/d/1xkF8tw8ER7tMgvmcQxuVlYOAmnPSu3Aq/view?usp=sharing

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 27/12/2022

Saíu publicada na intranet a Resolución do 27 de decembro de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 3 de xaneiro de 2023) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asin

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DE ESTABILIZACIÓN CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - CONCURSO DE MÉRITOS

Publicouse no BOE a Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo extraordinario para acceso polo sistema xeral de acceso libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, polo sistema de concurso de méritos derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.  Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/27/pdfs/BOE-A-2022-22500.pdf

VINDEIROS PROCESOS SELECTIVOS DE ESTABILIZACIÓN - CONCURSO DE MÉRITOS

O vindeiro 27 de decembro o Ministerio de Xustiza solicitou ao BOE a publicación das bases dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización, para ó acceso pola quenda libre aos corpos de xestión, tramitación e auxilio, polo sistema de concurso de méritos, derivado da Lei 20/2021 de 28 de decembro de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Nesta convocatoria extraordinaria, non hai reserva de prazas para aquelas persoas con discapacidade. En total convócanse 705 prazas de xestión, 2095 de tramitación e 2115 de auxilio. So se pode presentar por un único ámbito territorial, non permitíndose o troco de ámbito territorial unha vez presentada a solicitude. No caso en que nalgún ámbito territorial puideran quedar prazas sen cubrir, prevese a posibilidade de ofertar as mesmas a aqueles aspirantes con mellor nota noutros ámbitos que houberan quedado sen praza. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/1jTzfgvhMlZ3KEiKLLEU_2SDJZsXWPX7k/view

NOVAS LISTAXES PROVISIONAIS DO CONCURSO DE TRASLADOS DE GALIZA - ORDENADO POR PROVINCIAS

Aquí vos deixamos, clasificadas por provincia, as listaxes do concurso de traslados de toda Galiza. Ligazón Xestion Galiza: https://drive.google.com/file/d/1AUKxKEuxC9HUbQM0Dg1D2igi8bsJMweS/view?usp=sharing Ligazón Tramitación Galiza: https://drive.google.com/file/d/16zKTKGDxU8kFgI5UeXeYDmrt40Ry4Ir2/view?usp=sharing Ligazón Auxilio Galiza:  https://drive.google.com/file/d/1Sdm5clqJdoMhQqjuH3oVbHyB8CYmjdHE/view?usp=sharing

NOVAS LISTAXES PROVISIONAIS DO CONCURSO DE TRASLADOS

O Minsterio ven de publicar unhas novas listaxes provisionais do concurso de traslados convocado pola Orde JUS/847/2022, de 12 de agosto do Ministerio e a Resolución do 18 de agosto de 2022 da Dirección Xeral de Xustiza. Proximamente publicarase no Boletín Oficial do Estado a Orde provisional de adxudicación, mediante a que se dará un prazo para a consulta do Anexo III e a presentación de alegacións. O acceso ao Anexo III farase mediante un aplicativo informático, para o que deberán estar logados en Cl@ve ou usar a tarxeta Lexnet. Colgarase igualmente o manual de usuario. Ligazón Xestión: https://drive.google.com/file/d/1aqYqlrXfe3BHAYcyqEXC7ihOz46vUhU-/view?usp=sharing Ligazón Tramitación: https://drive.google.com/file/d/1kaqV7fN0LDnAxBv1XlzEQbR6onafR-31/view?usp=sharing Ligazón Auxilio: https://drive.google.com/file/d/1rwEP9PJuE73MvUtVX2g7dZOsRUc3ANx2/view?usp=sharing

DECLARACIÓN DE INHABILIDADE DOS DÍAS COMPRENDIDOS ENTRE O 24 DE DECEMBRO E O 6 DE XANEIRO

Publicouse no BOE do 23 de decembro a Lei Orgánica 14/2022, do 22 de decembro , de transposición de directivas europeas e outras disposicións para a adaptación da lexislación penal ao ordenamento da Unión Europea, e reforma dos delitos contra a integridade moral, desordes públicas e contrabando de armas de dobre uso. Disposición final primeira. Modificación da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial. Tres. Modifícase o artigo 183, que queda redactado como segue: «Artigo 183. Serán inhábiles os días do mes de agosto, así como todos os días desde o 24 de decembro ata o 6 de xaneiro do ano seguinte, ambos inclusive, para todas as actuacións xudiciais,excepto as que se declaren urxentes polas leis procesuais. Con todo, o Consello Xeral do Poder Xudicial, mediante regulamento, poderá habilitalos a efectos doutras actuacións.» Disposición final segunda. Modificación da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil. Modifícase o apartado 2 do artigo 130 da Lei 1/2000, do 7 d

NOVO AVISO DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 22/ 12/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 23, 26 e 27 de decembro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1MOhWMmMpriWcXlNA8CxTBl4aFxqJQvJe/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta

APERTURA DA FASE DE CONCURSO DE MÉRITOS - PROMOCIÓN INTERNA XESTIÓN - OEP 2019

O Tribunal Cualificador Único das probas selectivas para ingreso no corpo de Xstión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, promoción interna, convocadas por orde jus/241/2022, do 24 de marzo ven de acordar que, finalizada a fase de oposición das probas para ingreso no corpo de xestión procede iniciar a fase de concurso do proceso selectivo. Concederase ás persoas aspirantes incluídos na relación de aprobados o prazo de 20 días hábiles para que acheguen a documentación indicada no Anexo I-B Fase de concurso, sobre o “Historial profesional” (Apartado B) e “Coñecemento de idiomas estranxeiros” (Apartado C). As persoas aspirantes haberán de achegar os devanditos méritos mediante o aplicativo telemático ao que terán acceso desde a páxina web na data que se indique e para cuxo uso se achegará un manual de instrucións. https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co_gta_acceso Dentro do mesmo prazo de vinte días hábiles, as persoas aspirantes qu

EXÁMENES DE INCIDENCIAS DE ACCESO A XESTIÓN POR PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2019

Publicadas as notas dos exámenes de incidencias de acceso, por promoción interna, ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20TRIBUNAL%20APROBADOS%20EJERCICIO%20DE%20INCIDENCIAS.pdf Ligazón listaxes: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/GESTION_P_APROBADOS-INCIDENCIAS.xlsx

NOVOS MODELOS ORGANIZATIVOS APROBADOS POLA CONFERENCIA SECTORIAL DE XUSTIZA

O Ministerio trasladounos os modelos organizativos aprobados pola Conferencia Sectorial de Xustiza, conformada polo propio Ministeiro e as Comunidade Autónomas, para a implantación do novo servizo público de xustiza. Estos documentos servirán de base para elaborar a proposta de estructura e relaciones de postos de traballo (RPT) dos diferentes modelos de oficinas xudiciais. Ligazón modelo de Oficinas de Xustiza nos Municipios: https://drive.google.com/file/d/1ZGG2BFqiGQvBRAhkIml-8Rxtb3eUL2KC/view?usp=sharing   Ligazón modelo RPT das Oficinas Xudiciais: https://drive.google.com/file/d/1_YqcEZO5iOqC_EauofAM7xDJ164KFhqc/view?usp=sharing Ligazón modelo RPT das Oficinas de Xustiza nos Municipios: https://drive.google.com/file/d/1gCaw__fwQiyuSfaHMZ8bfD8BE0Rn6YXS/view?usp=sharing Ligazón modelo RPT do Rexistro Civil: https://drive.google.com/file/d/1nz2D5eLpYVJ_Ot3wBP_YD8TaQzKlEc_Y/view?usp=sharing   Ligazón modelo Tecnolóxico e de Información: https://drive.google.com/file/d/1VExgiMx4r

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 14 de decembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida nesa mesma data, á Dirección Xeral de Xustiza, por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal. Ligazón:  https://drive.google.com/file/d/13aITG6YPUXJUlkLJ89Nfd6ft475MDUSO/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 25/11/2022

Publicouse na intranet e na páxina web da consellería a Resolución de 20 de decembro de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1TCmcWs_SqKHuKXzjVMUoc4AAjXpD4f_p/view?usp=sharing

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DO CONCURSO DE TRASLADOS

O Minsterio ven de publicar as listaxes provisionais do concurso de traslados convocado pola Orde JUS/847/2022, de 12 de agosto do Ministerio e a Resolución do 18 de agosto de 2022 da Dirección Xeral de Xustiza. Proximamente publicarase no Boletín Oficial do Estado a Orde provisional de adxudicación, mediante a que se dará un prazo para a consulta do Anexo III e a presentación de alegacións. O acceso ao Anexo III farase mediante un aplicativo informático, para o que deberán estar logados en Cl@ve ou usar a tarxeta Lexnet. Colgarase igualmente o manual de usuario. Ligazón páxina Ministerio: https://www.mjusticia.gob.es/gl/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/Concurso-traslados-ordinario-Gestion-Tramitacion-Auxilio-2022

RECIBIMOS DO MINISTERIO UNHA PROPOSTA DE ACORDO SOBRE A IMPLANTACIÓN DA LOEO

  As mobilizacións obrigan ao Ministerio a enviar aos sindicatos unha proposta de acordo sobre as Disposicións Transitorias da LOEO   O Ministerio de Xustiza propón aumentar os prazos de entrada en funcionamento dos tribunais de instancia e as unidades procesuais de tramitación, garantíndose o carácter preceptivo da negociación colectiva das relacións de postos de traballo.   Tras case un mes de mobilizacións convocadas por CSIF, STAJ, CCOO, UXT e CIG, con concentracións ante o Ministerio de Xustiza e nos centros de traballo, o Ministerio envíanos unha proposta de acordo na que, como punto fundamental, recóllese unha ampliación substancial dos prazos de despregamento e entrada en funcionamento dos Tribunais de Instancia e as Unidades Procesuais de Tramitación, establecéndose igualmente a preceptiva e previa negociación das súas relacións de postos de traballo, sen cuxo requisito o devandito despregamento non se produciría. A proposta inclúe a eliminación da imposición automática das re

CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉRITOS - CENTRO DE ESTUDIOS XURÍDICOS SAN SEBASTIÁN

Convocatoria de dous postos de Administrativo/a. Nivel de complemento de destino: 20. Adscrición: Funcionarios/as pertencentes a Corpos ou Escalas clasificados no subgrupo «C1» ao que fai referencia o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, ou aos Corpos ou Escalas de Xestión Procesual e Administrativa e de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.  Órgano técnico: Centro de Documentación Xudicial.  Localización: San Sebastián.  Complemento específico: 14.128,94 euros ano.  Descrición do posto: Traballos administrativos de trámite e apoio ás funcións de xestión no Centro de Documentación Xudicial.  Cursos de formación: Os directamente relacionados cos méritos específicos. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/16/pdfs/BOE-A-2022-21325.pdf

CONVOCADO CONCURSO ESPECÍFICO PARA DOTAR PRAZAS NAS OFICINAS FISCAIS DE GALIZA

Publicouse no DOG e no BOE a RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia. As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoria mente o modelo que figura no anexo IV desta resolución.   O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e mais no Boletín Oficial del Estado . En caso de que a publicación desta convocatoria non se faga simulta neamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia , terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia , de acordo co que dispón o artigo 49.5 do Re - gulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración

CONVOCADAS OPOSICIÓNS PARA ACCESO A XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO - OEPS 2020-2021-2022

Publicouse no BOE a Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para acceso pola quenda libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, correspondentes as ofertas de emprego público dos anos 2020, 2021 e 2022. A diferenza dos últimos procesos nos que se aplicou o sistema selectivo de concurso-oposición (dada a natureza extraordinaria desas ofertas de 2017, 2018 e 2019, nas que se combinaban prazas de reposición coas de estabilización), na presente convocatoria o sistema de ingreso é o de oposición. Na presente convocatoria, sen prexuízo doutras medidas que poidan adoptarse para conseguir a axilización nos procesos selectivos, concentraranse os diferentes exercicios de cada un dos procesos no mesmo día, pero en día diferente para cada un dos Corpos funcionariais. Quen desexe participar neste proceso selectivo deberán cumprimentar o modelo oficial de solicitude

PLAN DE TRÁFICO CONTORNA "CIDADE DA XUSTIZA" - VIGO

Desde a CIG vimos de solicitarlle ao Concello de Vigo que estableza un plan de tráfico para as rúas da contorna da "Cidade da Xustiza" de Vigo, dado o volume de movemento de traballadoras/es e cidadans que se preve a partir de abril de 2023 nesa zona, cando xa esté a pleno rendemento o novo edificio xudicial, a fin de evitar grandes atascos e retencions, sobre todo coincidindo coa entrada e saída do persoal.

NOVAS MOBILIZACIÓNS SOBRE A LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA

CSIF, STAJ, CCOO, UGT e CIG solicitamos a paralización da tramitación do proxecto de lei orgánica de eficiencia organizativa (LOEO) que imp ó n os tribunais de instancia sen negociación sobre condicións de traballo. Nun escrito conxunto dir i xido aos grupos parlamentarios da “ Comisión de Justicia ” , os cinco sindicatos solicitamos que non apoien a tramitación da lei de eficiencia organizativa mentres o Ministerio non inicie un proceso de negociación real e efectiva sobre o seu contido nin garanta a negociación das relacións de postos de traballo e os procesos de acoplamento con carácter previo á posta en marcha dos Tribunais de Instancia. Como explicamos no escrito, a tramitación do proxecto de lei non pode facerse en contra dos dereitos fundamentais de miles de empregados e empregadas públicas que segundo o TREBEP (art. 37 letra k) teñen dereito á negociación colectiva a través dos seus representantes legais. Nestes momentos, con estas condicións, votar “si” ao proxec

AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA ACREDITAR COÑECEMENTOS DE GALEGO - TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA

As persoas aspirantes que concorran pola Comunidade Autónoma de Galicia poderán achegar as certificacións acreditativas dos coñecementos correspondentes ao Anexo I-C da convocatoria, en formato PDF, aos seguintes enderezos de correo electrónico:  - Ámbito territorial Galicia: gerencia.galicia@mju.es  O prazo da súa presentación abarca desde a publicación desta modificación na páxina web do Ministerio de Xustiza ata o día 4 de xaneiro de 2023.  Noutro caso, haberán de presentarse aos exercicios que se dispoñan para acreditar os seus coñecementos de idiomas autonómicos. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/AMPLIACION%20ACUERDO%20TCU%20GALICIA.PDF

CONSEGUIDO O REFORZO PARA O XULGADO MIXTO DE CANGAS 2

Por fin, despois de moito insistir e tras un considerable retraso, a Dirección Xeral de Xustiza tomou en consideración a petición realizada pola CIG para o reforzo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cangas, con competencia en violencia de xénero, debido á carga de traballo que pesaba sobre dito órgano. Mesmo tamén chegamos a solicitar á xunta de xuices de Cangas, tal e como nos indicou o TSXG, que se modificaran as normas de repartición da poboación para adaptalas ás cargas de traballo dos tres órganos desa vila. Ligazón escrito presentado solicitando reforzo: https://drive.google.com/file/d/1MQa_HhBy49cjg0V5gZcA5quqJ90a_NDu/view?usp=sharing Ligazón escrito solicitando modificación reparto: https://drive.google.com/file/d/1rfoCjd98x4YV2fEq4p__IfmS-KfTPdOI/view?usp=sharing

NOVO AVISO DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓNS

Publicouse na   intranet   o 14/ 12/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 15, 16 e 19 de decembro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1ZwwpbTbPPGtnouwWQC36vOEqGmiy8oYP/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 25/11/2022

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 14 de decembro de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 25 de novembro de 2022. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 19 de decembro), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1PSpM-3Y2_3Me0PclJshG9KXXUt8VPB0a/view?usp=sharing