Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2009

REFORMA DO ARTIGO 521 DA LOPX

  A REFORMA DO ARTIGO 521 DA LOPX.   Na mesa sectorial do pasado día 27 de outubro celebrada en Madrid, o Ministerio presentou aos Sindicatos integrantes da mesma, entre os que estaba a CIG, unha proposta de acordo no que se comprometía a levar ao Consello de Ministros unha modificación do Regulamento de Ingreso, concretamente do Art. 39, e engadirlle un 39 bis, coa fin de rectificar a agresión aos dereitos de tódolos funcionarios e funcionarias ao Servizo da Administración de Xustiza que, como consecuencia da brutal reforma do Art. 521 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, fora aprobada o pasado 15 de outubro cos votos a favor do PSOE e do PP.   Por parte do Ministerio déusenos un prazo de 10 minutos, na propia mesa, para que estudaramos o texto do acordo e decidísemos se o aceptabamos ou non; ante esa situación, e dado que a CIG non coñecía o contido do documento e o calado do mesmo, xa lle manifestamos nese mesmo momento ao Ministerio que non o aceptabamos. A mesma postura mantiveron

CURSOS DA EGAP PARA XUSTIZA

  A EGP publica os listados provisionales de alumnos admitidos para os Cursos de formación para funcionarios e funcionarias ao Servizo da Administración de Xustiza.   Curso de "IMPLANTACION DA NOVA OFICINA XUDICIAL (A CORUÑA) curso presencial  que se impartirá os días 9-10-11-12-16-17-18 e 19 de novembro Listado provisional de admitidos   Curso de "PROCESO ABREVIADO E PROCESOS ESPECIAIS NA XURISDICIÓN CONTENCIOSO ADMINISTRATIVA. REXIMEN DE RECURSOS" curso de teleformación, a celebrar entre o  11 e o 30 de novembro. Listado provisional de admitidos   Curso de "REXISTRO CIVIL" modalidade de Teleformación, a celebrar entre 9 e 30 de novembro. Listado provisional de admitidos   Curso de "DEREITO CIVIL DE GALICIA" modalidade de Teleformación a celebrar entre o 9 e 30 de novembro Listado provisional de admitidos   Curso de "PRESENTACIONS EFICACES" modalidade de Teleformación a celebrar entre o 9 e 30 de novembro. Listado provisional de admitidos  

MINERVA NON FUNCIONA

A CIG-Sector de Xustiza denuncia o mal funcionamento do programa informático MINERVA no Xulgado de Violencia sobre a muller de Pontevedra .              O novo programa que ven a sustituir o antigo libra esta funcionando dende o mes de xuño de 2009, este programa e moito peor que o anterior, xa dende que se implantou os traballadores e traballadores do xulgado estanlle comunicando a medio de escrito a Administración as deficiencias encontradas no mesmo, sen que polo Administración lle poña remedio as mesmas.               A situación esta levando ao Xulgado de Violencia sobre a muller de Pontevedra a unha sobrecarga de traballo tal que se non se lle pon remedio de forma urxente este sumirase nun atasco moi difícil de pórlle remedio, e isto polo desidia da Xunta de Galicia, pois tanto os traballadores como o propio Sindicato, en forma reiterada tanto por escrito como en conversacións e incluso en mesas sectoriais, lle dixemos a Dirección Xeral de Xustiza, as deficiencias que se atopan

CURSOS DE FORMACION A DISTANCIA

  A vista do inicio dos cursos de formación a distancia programados pola EGAP (cursos ON LINE), nos que ao parecer se solicita a celebración dun examen presencial, A Confederacion Intersindical Galega CIG-Sector de Xustiza ven de remitirlle escrito a Dirección Xeral de Xustiza no que solicita a SUPRESION deste requisito con base nas seguintes argumentacións:   1)      A Xunta en ningún momento da convocatoria informa de que nos cursos se vai establecer un exame presencial . Polo tanto, os funcionarios que  realizan a correspondente inscripción ignoran dita circunstancia. Ainda por riba a realización do exame e centralizada cando debería ser, cando menos, descentralizada nas sete grandes cidades.   2)      Se a formación que se está a impartir é ON LINE non resulta moi lóxico fixar un exame presencial. Unha cousa e esixir unha proba para valorar o aproveitamento e outra moi distinta realizar unha proba presencial.   3)      En todo caso a administración deberá facerse cargo dos custes

RESOLUCION DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS LISTADOS DE GALICIA

 Dende a Dirección Xeral de Xustiza ven de remitirnos a Resolución de adxudicación definitiva do concurso de traslados asi como os -Anexos de adxudicación de Galicia. xestión p.a., tramitación p.a. e auxilio xudicial e informanos que estes   soamente sairán publicados no BOE,e os - Excluídos Galicia (soamente publicados na páx. web do Ministerio de Justicia: esede.mjusticia.es) A data prevista de publicación da resolución no DOG/BOE é o 15 de outubro. resolucion definitiva de Galicia Listado definitivo de Xestión Listado definitivo de Tramitacion Listado definitivo Auxilio Listado de excluidos  

QUEREMOS GALEGO

A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua para o vindeiro domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela. A plataforma QUEREMOS GALEGO anunciou a data da gran manifestación en favor da lingua cuxa convocatoria xa adiantara no mes de xullo: será o vindeiro 18 de outubro en Santiago de Compostela e partirá ás 12 da mañá da Alameda. Fran Rei sinalou que é unha convocatoria na que se chama a participar ao conxunto da sociedade galega, “a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queren o seu idioma, que o consideran un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos, por riba de afiliacións ou mesmo da lingua que empreguen para comunicarse no día a día”. Esa mesma chamada ao conxunto da sociedade “é válida tamén para que se sumen a esta plataforma e ás súas iniciativas as persoas e entidades que entenden o galego como un elemento a querer e a defender fronte a quen pretende agredir os nosos dereitos”, dixo. Comunicado completo

CURSOS DE FORMACION DA EGAP.

CURSOS DE FORMACION DA EGAP .   Na paxina web da EGP publícanse os listados provisionais de admitidos para o curso de "IMPLANTACION DA NOVA OFINA XUDICIAL" a celebrar en Pontevedra, na sede da Consellería de Presidencia, na rúa Fernandez Ladrena -Edificio Administrativo da Xunta- curso que se celebrará durante os días 13-14-15-19-20-21 e 22 de outubro en horario de 16:00 a 20:00 horas.   listados de admitos provisionais   Tamén se publican os listados provisionais de admitidos para o curso de TELEFORMACION de " ITINERARIOS DE HABILIDADES SOCIAIS E DE XESTION DE PERSOAS", a celebrar entre o 15 de outubro e o 15 de novembro. Listado provisional de admitidos para o curso "Itinerarios de habiliadades sociais e xestion de persoas"

CURSOS DE FORMACION DA EGAP.

  CURSOS DE FORMACION DA EGAP .   A CIG. a vista do inicio dos cursos de formación a distancia programados pola EGAP, relativos aos programas informáticos EXCEL e ACCESS, solicitou a SUSPENSIÓN dos mesmos e dos prazos para o seu desenrolo, substituidoos por cursos de OpenOffice de CALC  e  BASE,  respectivamente, con base nas seguintes argumentacións:   1)      A Xunta non ten instalados nos ordenadores dos xulgados e tribunais ningunha versión nin de EXCEL nin de ACCESS, porque iso suporía o pagamento das correspondentes licenzas a Microsoft, e tal e como está a economía actual dubidamos que no futuro se vaian a instalar os mesmos.   2)      Pola contra, a Xunta si ten instalados nos ordenadores dos xulgados CALC e BASE (programas de software libre sen licenza) que substituen a EXCEL e ACCESS en todos os seus aspectos.   3)      A maioría dos traballadores  non vai a pagar a licenza correspondente de Microsoft para instalar nos ordenadores da súa casa as versións orixinais de EXCEL e