Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

OFERTAS DE PRAZAS PERSOAL INTERINO SPEG - PONTEAREAS

Identificador de la oferta: 12/2021/3996 Detalles: TRAMITADOR PROCESUAL: NIVEL FORMATIVO: BACHARELATO OU SUPERIOR. ACREDITAR NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO ALGÚN DOS SEGUINTES REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DALGÚN EXAME NAS OPOSICIÓNS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, ACREDITABLE CON CERTIFICACIÓN DAS UNIDADES DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA. Cargo: TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES.  

ANUNCIO PRAZA LIBRE DESIGNACIÓN FISCALÍA SUPERIOR DE GALIZA - A CORUÑA

Procedeuse á publicación do anuncio de convocatoria dunha praza de libre designación do corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, para desempeñar a secretaría da Fiscalía Superior de Galiza. O prazo remata o vindeiro 9 de xuño de 2021. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/14MArp7GKSSAR69zsGOXg_Uk9jqAybyBb/view?usp=sharing

POSIBLES DATAS DE PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Segundo noticias publicadas en prensa, en base a manifestacións realizadas polo actual Secretario Xeral de Función Pública, Javier Rueda Vázquez, as notas definitivas do corpo de Xestión Procesual e Administrativa sairán na primeira semana de xuño e, en xullo, farase a asignación de destinos. Ligazón Cadea Ser: https://cadenaser.com/programa/2021/05/27/hora_25/1622133888_363415.html

NOMEAMENTOS DE FORENSES EN PRÁCTICAS

Publicouse a Orde do 20 de maio de 2021, pola que se nomean funcionarios en prácticas as aspirantes aprobadas/os nas probas selectivas para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo Nacional de Médicas/os Forenses, convocadas por Orde  JUS/626/2019, do 28 de maio.   Ligazón Orde: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Orden%20nombramiento%20funcionarios%20MF%20en%20pr%C3%A1cticas%20(1).pdf Ligazón Anexos I, II e III: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/MF19%20-%20Anexos%20I%20II%20y%20III.pdf

OFERTA DE PRAZAS PERSOAL INTERINO SPEG - A CORUÑA

Identificador de la oferta:12/2021/3933 A CORUÑA Detalles: REQUIRESE TRAMITADOR PROCESUAL CON EXAMES SUPERADOS E/OU EXPERIENCIA PROFESIONAL NOS CORPOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DEBIDAMENTE ACREDITADOS NA DEMANDA DE EMPREGO. TITULACIÓN MÍNIMA: BACHARELATO OU EQUIVALENTE. COÑECEMENTOS DE INFORMATICA NIVEL USUARIO Cargo: TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES   Ligazón SPEG: https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscar-emprego

AMPLIACIÓN CAMPAÑA CRIBADOS EN FARMACIAS - SOLICITUDE DE EXTENSIÓN A PERSOAL MUXEXU

Toda vez que na pasada semana o Goberno galego e o conxunto de colexios farmacéuticos de Galiza alcanzaron un acordo, no que se estableceu que as farmacias ofreceran aos clientes da franxa de idade comprendida entre os 12 e 64 anos e coa tarxeta sanitaria do Sergas, «kits» para que poidan impregnar mostras de saliva que serán enviadas ao laboratorio de microbioloxía do Sergas en Vigo, que é o órgano que controla aos hospitais e centros de saúde pública da comunidade autónoma, polo que dende a CIG remitimos un escrito á Dirección Xeral de Saúde Pública para que o persoal adscrito á MUXEXU entre tamén neses cribados, máxime tendo en conta que ultimamente as porcentaxes de participación cidadá neste tipo de campañas está decrecendo e, canto máis número de probas se fagan, os resultados que mostrara o estudio realizado serán máis fiables. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/15Do3sq2j8YIiA-7XLpTNj9f_tkWaynjw/view?usp=sharing

PLANTILLAS DEFINITIVAS RESPOSTAS - AUXILIO XUDICIAL - OEP 2017-2018

Publicouse na páxina web do Ministerio o acordo do Tribunal Calificador Único, polo que se eleva a definitiva a taboa de respostas, correspondentes aos exercicios realizados o pasado 17 de abril de 2021, correspondentes as probas de acceso ao corpo de Auxilio Xudicial. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20PLANTILLA%20DEFINITIVA.pdf Ligazón plantilla 1º exercicio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/PLANTILLA%20DEFINITIVA%20RESPUESTAS%20PRIMER%20EJERCICIO%2017%20ABRIL.pdf   Ligazón plantilla 2º exercicio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/PLANTILLA%20DEFINITIVA%20RESPUESTAS%202%C2%BA%20EJERCICIO%2017%20DE%20ABRIL.pdf

OFERTAS DE PRAZAS PERSOAL INTERINO SPEG - PONTEVEDRA E LUGO

Identificador de la oferta: PONTEVEDRA 12/2021/3909 Detalles: NIVEL FORMATIVO: GRADUADO ESCOLAR/ESO OU SUPERIOR. ACREDITAR NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO ALGÚN DOS SEGUINTES REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DALGÚN EXAME NAS OPOSICIÓNS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, ACREDITABLE CON CERTIFICACIÓN DAS UNIDADES DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA. Cargo: AXENTES XUDICIAIS E/OU ALGUACÍS   Identificador de la oferta: CHANTADA 12/2021/3882 Detalles: PRECÍSASE AXENTE XUDICIAL PARA O XULGADO DE CHANTADA. REQUISITOS. - NIVEL FORMATIVO MÍNIMO DE GRADUADO ESCOLAR/ESO OU SUPERIOR - SUPERACIÓN DALGÚN EXAME NAS OPOSICIÓNS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008 OU EXPERIENCIA LABORAL ACREDITADA DE POLO MENOS DOUS MESES NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA. - COÑECEMENTOS DE INFORMÁTICA A NIVEL DE PROCESADOR DE TEXTOS Cargo: AXENTES XUDICIAIS E/OU ALGUACÍS     Identificador de la oferta: LUGO 12/2021/3893 Detalles:

CONVOCATORIA ACCIÓN SOCIAL 2021

Vense de publicar no DOG de hoxe a RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade da convocatoria e dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2021 para o persoal ao servizo d Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210527/AnuncioG0595-190521-0002_gl.pdf

O XULGADO DANOS A RAZÓN. PRIMEIRA SENTENZA ESTIMATORIA CARREIRA PROFESIONAL INTERINOS

 A CIG ven de gañar a primeira sentenza da traxectoria profesional en xustiza, en relación co persoal interino desta administración, o cal quedaba excluído do acordo da traxectoria profesional asinado por SPJ-USO, UXT e CCOO.  Aínda que a sentenza non é firme, porque contra a mesma pode interpoñerse recurso de apelación, o certo e que en base á propia argumentación xurídica e os pronunciamentos do TSXG en relación coa carreira profesional autonómica, máis pronto que tarde a Consellería de Xustiza terá que permitir e pagar a traxectoria profesional ao persoal interino. Unha vez máis a CIG acada o seu obxectivo de defender os dereitos das traballadoras/es de xustiza ante a ausencia absoluta de negociación por parte da administración autonómica. "FALLO.- 1.- Se estima parcialmente el recurso contencioso-administrativo nº , interpuesto por  , contra la resolución del director xeral de Xustiza, de 23 de diciembre de 2020, por la que se desestima la solicitud para optar al régimen extra

PARECE QUE ESTÁN A DARSE OS PRIMEIROS PASOS PARA TER "MINERVA" EN GALEGO

A CIG vén denunciando, de xeito reiterado, o incumprimento por parte da Xunta da normativa autonómica, estatal e europea en materia de lingua, coa que hoxe en día se están a conculcar os dereitos da cidadanía, das traballadoras/es e das/os profesionais da Administración de Xustiza no uso da nosa lingua. A CIG tiña solicitado, tamén reiteradamente, que a Administración iniciase os trámites e puxese os medios necesarios para implementar a aplicación Minerva en lingua galega. Para iso, ademais de varios escritos presentados, a CIG tivo unha entrevista o pasado mes de xaneiro co Director Xeral de Xustiza e, posteriormente, varias conversas nas que este se comprometeu a atender as nosas demandas e comezar canto antes os pasos para acadar o obxectivo de ter unha interface de Minerva totalmente operativa en galego. Días atrás a Dirección Xeral de Xustiza encomendoulles aos equipos lingüísticos da Administración de Xustiza a tradución ao galego dos modelos da aplicación Minerva, que comezarían

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 14 de maio, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información a tedes dispoñible ademais na seguinte ligazón:  https://drive.google.com/file/d/1_qL8Bpah2PxC_Da73pnnAZzTs6XjSN36/view?usp=sharing

NOVAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO - ELIMÍNANSE OS REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR

Despois de case un ano negociando a convocatoria dunha nova bolsa de interinaxe, debido á falta de persoal dispoñible, tendo que estar acudindo ao SPEG continuamente, a Dirección Xeral propón agora eliminar os requisitos de exames aprobados ou tempo traballado para poder optar a entrar nela, así como valorar algúns cursos de formación. Vese que finalmente se percataron do problema que isto supuña, posto que foi o que provocou que na convocatoria do 2018 non se cubriran todas as prazas ofertadas. Así que voltamos ao antigo sistema de convocatorias cunha bolsa de traballo, outra de reserva e unha longa listaxe de persoas baremadas non incluídas. A inmensa cantidade de solicitudes que se presentarán e que se van ter que baremar  (formación incluída), vai provocar que a entrada en funcionamento da nova bolsa se adie moitísimo, o que fai máis urxente elaborar uns criterios homoxéneos nos chamamentos do SPEG, que serán os máis frecuentes de agora en diante. A Administración tamén propuxo aum

MESA SECTORIAL NO MINISTERIO DE XUSTIZA

Este xoves a CIG participou noutra reunión co Ministerio de Xustiza xunto cos sindicatos representativos do sector (CCOO, UGT, ELA, así como os corporativos CSIF e STAJ). Un dos puntos da orde do día era a nova regulamentación dos Institutos de Medicina Legal, cos que se pretende recoller os aspectos novidosos introducidos polas reformas lexislativas acaecidas dende a publicación do antigo regulamento como, por exemplo, as funcións docentes na nova especialidade de medicina legal. A CIG fixo unha exposición xeral sobre a reforma dado que se enviarán alegacións por escrito de cara a vindeiras reunións que se celebrarán ao respecto, deixando clara a nosa postura de rexeitamento á cobertura de postos de libre designación e a un sistema de carreira profesional selectivo. Tamén pedimos explicacións pola supresión das referencias ás clínicas médico-forenses dos partidos xudiciais pequenos, ao que o representante do Ministerio quixo deixar claro que non era esa a súa intención e que

POR FIN CONSEGUIMOS QUE A ADMINISTRACIÓN CONVOQUE MESA DE INTERINOS

Despois de innumerables peticións e ter iniciado, días atrás, unha campaña de presentación de reclamacións e queixas, polo anómalo e errático funcionamento da preselección de persoal interino realizada entre os distintos Servizos de Xustiza e o Servizo Público de Emprego de Galiza, por fin a Dirección Xeral convocou tanto a mesa sectorial como a comisión paritaria de persoal interino para o vindeiro luns 24 de maio.  A ver se tras estas reunións se pon en marcha a nova bolsa de persoal interino e, a preseleccion deste mesmo persoal procedente do SPEG, se fai respectando os principios de igualdade, mérito e capacidade establecidos na Constitución e no TREBEP.

PLAN ANUAL DE VACACIÓNS 2021

No día de hoxe a Dirección Xeral de Xustiza publicou na intranet o Plan anual de vacacións 2021 para o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza (corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial), en servizo activo, que presten servizos na Administración de xustiza en Galicia. o plan de vacacións 2021. A tramitación das solicitudes de vacacións, permisos e licenzas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia realizarase, obrigatoriamente, a través da oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX) e asinaranse electronicamente, pasando a estar dispoñibles na bandexa do superior xerárquico para o seu informe e validación.  As solicitudes deberán presentarse nos seguintes prazos ordinarios: - Para vacacións durante a tempada “A”: As vacacións de verán solicitaranse ata o 20 de xuño , as de Nadal ata o 15 de decembro. - Para vacació

OFERTA SPEG PRAZAS DE TRAMITACIÓN EN LUGO

 OFERTA 12/2021/3611 (LUGO) Detalles: PRECÍSANSE DOUS TRAMITADORES PROCESUAIS E ADMINISTRATIVO/AS PARA O XULGADO DO PENAL Nº1 DE LUGO E PARA O XULGADO DE 1ª INSTANCIA Nº 5 DE LUGO. REQUISITOS: - FORMACIÓN MÍNIMA DE BACHARELATO OU SUPERIOR - SUPERACIÓN DALGÚN EXAME NAS OPOSICIÓNS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008 OU EXPERIENCIA LABORAL ACREDITADA DE POLO MENOS 2 MESES NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA - COÑECEMENTOS DE INFORMÁTICA A NIVEL DE PROCESADOR DE TEXTOS Cargo: TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES    

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o 14/05/2021, o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 18, 19 e 20 de maio. A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do  Anexo II bis  que aparece abaixo na ligazón, e que teredes que enviar asinado, a través de calquera  un  dos seguintes medios:   Correo electrónico:  servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón   prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1jfm4olx1kokpAsCOIwuVpG8PJs9IveHp/view?usp=sharing   Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INCIATIVA "XABARÍN"

O Parlamento galego aproba por unanimidade a Iniciativa Xabarín, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, con máis de 33000 sinaturas. Nas vésperas do 17 de Maio, o Parlamento galego e, por unanimiade, deu un paso fundamental para garantir o acceso a contidos audiovisuais en galego para todos os públicos e, nomeadamente, para o infantil e xuvenil. Ligazón Mesa pola Normalización Lingüistica: https://www.amesa.gal/?mailpoet_router&endpoint=view_in_browser&action=view&data=WzMzLCIwZTU4NmNhMzZhNzciLDM3NDksIjE3dmw5YnV4dGp0d3NrdzQ4bzhrMG9jYzg4MDB3dzhvIiwzMCwwXQ

OFERTA SPEG DE PRAZA DE AUXILIO EN VIGO

12/2021/3418 AXENTES XUDICIAIS E/OU ALGUACÍS VIGO 13/05/2021   Identificador de la oferta: 12/2021/3418 Detalles: AUXILIO XUDICIAL: NIVEL FORMATIVO: GRADUADO ESCOLAR/ESO OU SUPERIOR. ACREDITAR NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO ALGÚN DOS SEGUINTES REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DALGÚN EXAME NAS OPOSICIÓNS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, ACREDITABLE CON CERTIFICACIÓN DAS UNIDADES DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.   XULGADO DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER NÚM. 1 DE VIGO- CAX Ligazón: https://emprego.xunta.es/openampro/UI/Login?goto=https://emprego.xunta.es/ofivir/group/speg_inicio/home

FORENSES - CONCURSO DE TRASLADOS

No DOG de hoxe publicouse a RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia entre funcionarios do corpo de médicos forenses, convocado pola Resolución do 5 de novembro de 2020. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210512/AnuncioG0595-290421-0003_gl.pdf

CURSOS DE FORMACIÓN CONTINUA EGAP

No DOG de hoxe publicouse a RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 pola que se convocan, con carácter extraordinario, actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210511/AnuncioO150-040521-0001_gl.pdf  

CORPO DE XESTIÓN - VALORACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Acordo do Tribunal Cualificador Único polo que se publica a relación de aspirantes coa valoración provisional do méritos A (Títulos e graos académicos) da fase de concurso,  relativo ao proceso selectivo para o Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre, tras a revisión de oficio. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Acuerdo%2010%20mayo%202021.pdf Ligazón Listaxe de Méritos: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Anexo%20Listado%20Provisional%20M%C3%A9ritos_TITULACIONES.pdf

COBERTURA DAS PÓLIZAS DE SEGUROS DA XUNTA AO PERSOAL DE XUSTIZA

A CIG solicitou á Consellería de Facenda que se nos informase sobre a cobertura, ao persoal de xustiza, das pólizas de accidentes e de responsabilidade civil/patrimonial que a Xunta de Galiza ten subscritas coas compañías “SURNE Mutua de Seguros y Reaseguros” e “XL Insurance Company SE”. Na ligazón que aparece abaixo deixámosvos a contestación recibida na que a Consellería de Facenda e Administración Pública nos indica que o persoal de xustiza si está cuberto por ditas polizas precisando que, na de responsabiilidade civil/patrimonial, debe de estudarse caso por caso. Ligazón contestación Xunta: https://drive.google.com/file/d/14VpYstqkx87GoRwD1DirmgFESKbkTvfn/view?usp=sharing

CONCURSO DE SUBMINISTRO DE MOBILIARIO DAS SEDES XUDICIAIS

A Xunta licita por un millón de euros o  subministro de mobiliario para os  xulgados  galegos,  incluída a  Cidade dá  Xustiza de Vigo. O  goberno  galego dotará  aos órganos  xudiciais da  comunidade  do  equipamento necesario para  levar a cabo  as  súas  funcións.  O contrato estará  vixente ata o 30 de  decembro de 2021 e  adxudicarase por  prezos unitarios,  ao tratarse de  previsións de consumo que se concretarán segundo  as necesidades de cada sede  xudicial. Ligazón: https://www.xustiza.gal/novas/-/nova/X57883/xunta-licita-por-subministro-mobiliario-para-xulgados-galegos-incluida-cidade

MESA SECTORIAL MADRID 7-5-2021 - CONCURSO - OPOSICIÓNS - PROM.INTERNA 2019 - VARIOS

Este venres, a CIG participou na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza xunto cos sindicatos representativos do sector (ELA, CCOO, UXT, así como os corporativos CSI-F e STAJ) e, na mesma, tratáronse os seguintes temas: Adecuación Complemento Específico: O Ministerio anunciou a convocatoria para o vindeiro día 13 para comezar a negociación do recollido na Disposición adicional centésima quincuaxésima sétima da Lei 11/2020, de 30 de decembro, dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021 sobre a actualización do complemento específico do persoal dos Corpos de Auxilio Xudicial, de Tramitación PA, de Xestión PA, de Médicos Forenses, dos corpos especiais do INTCF, así como Letrados da Administración de Xustiza. Fiscalía Europea: Comunicóusenos a estrutura organizativa desta oficina en España, que entrará en funcionamento en xuño, con sede en Madrid, e que estará dotada con 2 prazas de Xestión PA, 7 de Tramitación PA e 1 de Auxilio Xudicial, que se cu

PROBLEMAS SELECCIÓN PERSOAL INTERINO POLO SPEG

Ante os diversos criterios aplicados polas respectivas delegacións de xustiza, a CIG solicitou á dirección xeral unha xuntanza da mesa paritaria de persoal interino da Administración de Xustiza, co fin de acadar  un acordo para fixar uns criterios comúns a seguir para as seleccións, a través do SPEG, de dito persoal. Toda vez que dita reunión está adiada sen data concreta para a súa celebración, por medio desta nova facemos chegar a todas as interesadas/os nos procesos de selección que se levan a cabo polos servizos de xustiza das catro provincias galegas, un modelo de escrito de queixa para que o enviedes, tanto a través do portal de transparencia da Xunta de Galiza como  da páxina da actual Valedora do Pobo (María Dolores Fernández Galiño), a fin de que dunha vez por todas a Dirección Xeral de Xustiza fixe criterios de selección que respecten os principios de publicidade, mérito e capacidade que se establecen na Constitución Española e no TREBEP. Ligazón correos petición mesa interin

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - 06/05/2021

12/2021/3147 TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES   A FONSAGRADA   12/2021/3156 TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES   A CORUÑA   12/2021/3158 TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES   SANTIAGO DE COMPOSTELA 12/2021/3161 TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES   A CORUÑA   12/2021/3141 TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES   LUGO Ligazón SPEG:  https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/es/buscar-empleo.html

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 29 de abril, para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información a tedes dispoñible ademais na seguinte ligazón: Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1fq0K7ORKm6CgVyTTTO4wKTTHWHRh_pCe/view?usp=sharing

CAMPAÑA POR UN SISTEMA PÚBLICO GALEGO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS

 

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE CERTIFICADOS CELGA

No DOG do 4 de maio publicouse a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2021/20210504/ AnuncioG0598-260421-0003_gl. html

MESA DE ACCIÓN SOCIAL 2021

Hoxe 5 de maio celebrouse coa Dirección Xeral unha videoconferencia sobre a convocatoria e criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2021, previamente remitíronnos o borrador da Resolución que da publicidade á referida convocatoria, prevéndose a súa publicación entre 15 días e un mes. A CIG manifestou que para a elaboración de programas de acción social, é necesario o incremento do orzamento do Fondo de acción Social ao 1% da masa salarial, ao considerar que o actual é totalmente insuficiente para a elaboración dunha programación axeitada e realista, baste lembrar que no ano 2011 a cantidade destinada ao Fondo de acción social era de 220.984 € e aínda así non se alcanzaba nin o 0.5 % da masa salarial, contía que se minorou un 2000% a 11.400 € no ano 2012 coa desculpa da crise e xa non se volveron recuperar as cantidades anteriores. De feito, fixemos notar ante esta mesa que a partida orzamentaria prevista de 21.911,00€ para o ano 2021 é a mesma que a axuda do programa d