Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 11/10/2022

Publicouse na intranet e na páxina web da consellería a Resolución de 31 de outubro de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 11 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/172cKYx-UxlWhTp1PqIxQuKYoghVQzWCU/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 24 de outubro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida nesa mesma data, á Dirección Xeral de Xustiza, por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1TaX6GqKkP7Jyavuv2PTJ75wVM8bj0EXB/view?usp=sharing    

MESA SECTORIAL DE GALIZA - RPT'S FISCALÍA E IMELGA - TRAXECTORIA PROFESIONAL

Hoxe celebrouse a Mesa Sectorial de Xustiza na que, por unha banda, aprobáronse as modificacións das RPT'S de Fiscalía e Imelga, a fin de adaptalas as prazas que se decidiron crear  este ano e, por outra banda, rematouse a negociación do novo acordo da traxectoria profesional.  Se ben e certo que a adminstración modificou determinados aspectos do borrador inicial, a negociación estivo moi condicionada polo acordo que se estaba a tramitar en autonómica, de aí que pouca modificación se puido acadar nos tramos de pagamento da traxectoria e na redución de anos para consolidar os distintos graos. O ofrecemento final da administración foi manter as mesmas porcentaxes que no acordo autonómico de 60-80-100%.  O máis salientable do acordo foi acadar, dunha vez por todas, a igualdade entre todas as traballadoras/es da Administración de Xustiza; o que este acordo ven a subsanar, despois de dous anos de espera, provocados polos sucesivos recursos de apelación e casación interpostos pola Direcc

PUNTO NEUTRO - ACTIVACIÓN DO DOBRE FACTOR DE AUTENTICACIÓN

O xoves 27 de outubro ás 17:00h instálase a versión do Punto Neutro Xudicial con dobre factor de autenticación , a través dun código que recibirás no teu correo electrónico corporativo. Esta novidade afecta a LAX e persoas funcionarias dos xulgados con alta no PNX,  con correo corporativo. O cambio NON afecta a xuíces e maxistrados con dominio @poderjudicial.es. Cando te autentiques no Punto Neutro Xudicial, recibirás un correo electrónico co teu código de un só uso para que o introduzas na páxina. Unicamente deberás volver a necesitar outro código se a sesión caduca e tes que volver a autenticarte. Non será necesario que introduzas un código cada vez que realices unha consulta. Ligazón: https://intranet.xustiza.gal/-/pnx-activacion-do-doble-factor-de-autenticacion-de-acceso-a-plataforma?inheritRedirect=true&redirect=%2Finicio

SPJ-USO, UN BURACO NEGRO QUE O ABSORBE TODO

Resulta inconcibible como determinado sindicalismo serve para todo e non ten reparo ningún (por non dicir vergoña) en mudar sibilinamente de prantexamentos e así, o que ferozmente foi criticado no seu día, agora resulta que é defendido por este sindicato sen maior problema, mostrándose como abandeirado dunha reclamación que nunca levou a cabo e da que estivo laiándose continuamente, botando lixo enriba das centrais sindicais que prantexamos dende o principio a vía da reclamación, entre as que se atopa a CIG, co maior número de reclamacións efectuadas. A cuestión é que, estes días, SPJ-USO está levando a cabo unha campaña feroz de captación de persoal interino, a fin de formularlles reclamacións da TRAXECTORIA PROFESIONAL, a través da extensión de efectos dunha sentenza existente en Compostela. Curiosamente este sindicato, xunto con outros, mostrouse moi belixerante con aquelas outras centrais sindicais que iniciaramos o camiño dos recursos contenciosos para reivindicar o dereito de

MESA DELEGADA MADRID - BOLSA URXENTE DE LAX SUBSTITUT@S

Como sabedes, o pasado día 24 de outubro publicouse a convocatoria da nova bolsa de letrados/as substitutos/as. Este novo texto recolle non só as normas de solicitude e funcionamento da bolsa ordinaria (na que hai un prazo de 15 días para presentar a instancia) senón que recolle a posibilidade de crear unha “bolsa urxente” con persoal do corpo de xestión, establecendo un prazo de 10 días para solicitar a inclusión nela. Nunha reunión celebrada hoxe en Madrid a CIG criticou a improvisación coa que se está a tratar este tema porque quedan moitas cuestións sen aclarar estando xa aberto o prazo de solicitudes. Así, por exemplo, o Ministerio remitiu ás OOSS unhas intrucións nas que se indica que “ a persoa interesada poderá identificar os partidos xudiciais nos que estea interesada en traballar”. Esta información é novidosa, e a CIG está completamente a favor, pero a estas alturas hai xa moita xente que rem

MESA SECTORIAL CO MINISTERIO DE XUSTIZA - ULTIMA HORA OEP'S-CONCURSO-PROM.INTERNA

Na Mesa sectorial convocada para hoxe polo Ministerio, este facilitou información importante sobre distintos aspectos que vos pasamos a relatar: CONVOCATORIA OPOSICIÓNS OEP 20-21-22  O Ministerio xa ten o visto bo de Función Pública e contan publicala a mediados de novembro. A intención é darlle posesión á xente aprobada a finais do 2023, despois dos da PI convocada e da PI pendente de convocar. Respecto das prazas de forenses, Galiza é unha das tres comunidades autónomas que faltan por comunicar o número de prazas que queren. O mesmo sucede para o concurso de traslados dese corpo EXAMES PROMOCIÓN INTERNA Teñen intención de publicar as notas en breve (non máis aló de 15 días) e mañá mesmo publican a resolución das impugnacións. Sobre a incidencia do exame de PI de XPA en Galiza, recoñecen que o enviaron por correo electrónico porque non había empresa contratada. Os correos foron encriptados, abríronse ás 8:00 e imprimíronse; despois metéronos nun sobre individual (que non precintaron).

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 19 de outubro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida nesa mesma data, á Dirección Xeral de Xustiza, por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1CB7xgY9mtt6FK13a234NiLZlob7IcTDI/view?usp=sharing  

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDAS E EXCLUÍDAS ÁS PROBAS PARA OBTENCIÓN DOS CELGA 2, 3 E 4

Publicáronse no Portal da Lingua Galega as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a realización das probas para a obtención dos certificados Celga 2, 3 e 4. Ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0026/probas-celga-2-3-4-listaxes-definitivas-persoas-admitidas-excluidas Datas de realización das probas - Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 19 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G. 20 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S. – Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 26 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas. – Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 27 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas.   Lugares de realización das

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 24/10/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 25, 26 e 27 de outubro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1AgMFaxUa__T3X9ansPUac4D5ahCT0jVS/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta.g

RESOLUCIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 11/10/2022

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 24 de outubro de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 11 de outubro de 2022. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 27 de outubro), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1xiRw-xPiXHUu164A54qsEURL3pLGsB1f/view?usp=sharing

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE TRABALLO DE LETRADAS/OS SUBSTITUTAS/OS

Publicouse no BOE a Resolución do 14 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de Letradas substitutas e Letrados substitutos da Administración de Xustiza. O número de prazas que se convocan en cada provincia, así como a cota de reserva, son as que figuran no anexo I desta resolución.  As bolsas terán vixencia durante un ano a partir da publicación da súa constitución, prorrogable por outro.  As persoas interesadas presentarán, no prazo de quince días hábiles, a contar a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado», o modelo oficial de solicitude de participación, seguindo as instrucións do asistente de inscrición, que estará dispoñible no portal do Ministerio de Xustiza, https://www.mjusticia.gob.es/gl/ciudadania/empleo-publico/bolsas-interinos/bolsa-letradas-sustitutas , indicando as provincias da súa elección por orde de preferencia, aínda que uni

ACCIÓN SOCIAL 2022 - ADXUDICACIÓN DEFINTIVA DE AXUDAS

Na xuntanza da comisión de acción social 2022 celebrada o 21/10/ 2022, a Dirección Xeral de Xustiza ven de informar :   1. - Das 143 solicitudes ( que a gora pasan a se r 144 xa que un h a non se contabilizara porqu e se pasou por rexistro ordinario ) , quedan definitivamente admitidas 141 . D as 8 solicitudes que se denegaron provisional mente , presentaron alegacións 9 , inclu í da a que se presentou por rexistro , admitindose as alegación de 6 e quedando fora 3 .   2. - A resolución da DXX que aproba as listax es definitivas das solciitudes admitida s e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción soc ial públicara nse no DOG ( non nos confirmaron data ) . Por ca usa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o ac ceso por parte da persoa interesada á información relativa á a dmisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a traves da OPAX. 3. - A contía final das axudas tendo en conta os grados de discapacidade quedan

MESA SECTORIAL 20/10/2022 - TRAXECTORIA PROFESIONAL

A CIG ven de asistir á Mesa sectorial na que se tratou sobre un novo proxecto de Traxectoria Profesional. Como nos esperabamos foi un mero trámite, xa que a DXX ten escaso marxe de manobra sobre este asunto e acabarásenos impondo nos mesmos termos nos que se acorde para o persoal da Xunta, feito que o abala a presenza do Subdirector Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional da Dirección Xeral de Función Pública. Aínda así, o DXX emprazounos a que remitamos as alegacións que estimemos oportunas antes do mércores da semana que ven. Dende a CIG presentaremos as oportunas alegacións xa que observamos moitas eivas no borrador: - Non queda garantido o acceso de todo o persoal que acumule os servizos prestados requiridos para cada grao, xa que teñen que ser continuados ou ininterrompidos . Que pasa coas excedencias por agrupación familiar, co persoal interino,...? - Para acceder ó grao I hai que agardar cinco anos no grao inicial (sen retribuír) con independencia do tem

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 19/10/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 20, 21 e 24 de outubro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1qroCsq71RulgJot98i3hdKUdTgEkIGMc/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta.g

PRÓXIMA PUBLICACIÓN CONVOCATORIA DA BOLSA DE LETRADAS/OS SUBSTITUTOS

Segundo informou o Ministerio de Xustiza, a resolución da convocatoria das bolsas de letradas substitutas e letrados substitutos da Administración de Xustiza publicarase previsiblemente no Boletín Oficial do Estado do luns 24 de outubro. A partir dese día, iniciarase: - Un prazo de quince días para a presentación de instancias á bolsa a través dun asistente de inscrición. - Un prazo de dez días para participar nunha bolsa transitoria ata a aprobación da bolsa definitiva. Estas solicitudes presentaranse por calquera das formas previstas na Lei 39/2015. Para garantir a homoxeneidade na formación e chamamentos da bolsa transitoria, ditaranse instrucións polo Ministerio de Xustiza tendo  en consideración as observacións formuladas por secretarios e secretarias de goberno e de coordinación provincial e as trasladadas polas centrais sindicais  

REAL DECRETO-LEI 18/2022 - UNHA GOLOSINA PARA ENGANAR A FAME

Publicouse no BOE o Real Decreto-lei 18/2022, do 18 de outubro , polo que se aproban medidas de reforzo da protección dos consumidores de enerxía e de contribución á redución do consumo de gas natural en aplicación do "Plan + seguridade para a túa enerxía (+SE)", así como medidas en materia de retribucións do persoal ao servizo do sector público e de protección das persoas traballadoras agrarias eventuais afectadas pola seca.   Concretamente no artigo 23 recóllese: "...Artigo 23. Incremento retributivo adicional do persoal ao servizo do sector público para o ano 2022. 1. Adicionalmente ao disposto nos capítulos I e II do título III da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022, e demais preceptos concordantes, con efectos do 1 de xaneiro de 2022 as retribucións do persoal ao servizo do sector público experimentarán un incremento adicional do 1,5 por cento respecto a as vixentes ao 31 de decembro de 2021. 2. Ese incremento adicional efe

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 11 de outubro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida nesa mesma data, á Dirección Xeral de Xustiza, por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1rw_DXuhb1s9vFd_J3kIdwIUj5y7I-B7D/view?usp=sharing

SUBSTITUCIÓN DAS ACTUAIS TARXETAS CRIPTOGRÁFICAS DE IDENTIFICACIÓN

Na intranet saíu publicada a nova de que, por motivos técnicos, nos próximos meses será necesario substituír as actuais tarxetas de persoa empregada pública de modelos anteriores a maio de 2022 por un novo modelo con novas capacidades. Por ese motivo hai en marcha un proxecto dirixido a emitir e entregar unha nova tarxeta a todas as persoas afectadas. Non será necesario que solicites esta renovación , pois as tarxetas a substituír están xa previamente identificadas e será planificada a súa progresiva impresión e entrega. As persoas afectadas serán progresivamente avisadas por correo electrónico. Si será importante que permanezas atento/a ante a posible recepción desta mensaxe e, de recibila, que sigas as instrucións que nela se dean para acordar a entrega da nova tarxeta. Mentres, poderás seguir usando normalmente a tarxeta actual, mantendo os mesmos códigos PIN e PUK que empregas na actualidade. Podes consultar máis información sobre as tarxetas nesta páxina: tarxeta de ident

COMISIÓN MIXTA: UN NOVO DESPROPÓSITO

GARDAS 24 HORAS: Na C omisión mixta do pasado venres confirmouse a creación de tres novos xulgados para o 2023 ( os primeira instancia nº 6 de Lugo, o nº 15 de A C oruña e o 16 de Vigo) c un total de 24 prazas de persoal de corpos xerais. A Xunta non perdeu a ocasión pa ra a mosar a súa mezquindade argumentando que, como a prioridade é crear novos xulgados para aliviar a carga de traballo dos órganos con máis asuntos, non vai ins t aurar as gardas de 24 horas para A Coruña e Vigo . É o eterno “ divide e ven cerás ” . Un noxo , sobre todo cando no mesmo acto volve facer propaganda de gastar milleiros de euros na dixitalización ou no expurgo cando na Administración galega ven sendo ata o de agora unha entelequia. Así que polo de a gor a e, se cadra me ntres non lle interese electoralmente, a Xunta deixo u claro que vai facer caso omiso aos informes favorables do Ministerio e o C XPX ao cambio de sistema de gardas na Coruña e Vigo .   IMEL GA :   Despois de que a