Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

GARDAS 24 HORAS. A CIG REÚNESE COS GRUPOS POLÍTICOS NO CONCELLO DA CORUÑA

O pasado día 17 as delegadas de Xustiza da CIG na Coruña m mantivemos unha reunión coa alcaldesa para recabar o seu apoio á  modificación do sistema de gardas na cidade da Coruña. Inés Rey manifestou n on só a súa postura favorable senón tamén a súa disposición para  presionar a Rueda para que emita dunha vez o informe que está pendente e, a instancia  da CIG, comprometeuse a presentar unha moción no  primeiro pleno do ano 2020 para intentar acadar unha declaración in stitucional de apoio ás gardas de 24 horas para a cidade que,  posteriormente lle sería remitida ao Vicepresidente.  Para a aprobación da declaración institucional precísase o apoio de  todos os grupos municipais, polo que estamos a manter reunións con eles. De non conseguir o apoio de todos pero si da maioría, o que sería  aprobada sería unha  moción, que tamén se remitiría á Xunta.  Asimesmo, lembrar que no mes de setembro non foi aprobada  unha proposición non  de lei presentada polo grupo do PSOE no Parlamento

REQUERIMENTOS ESPECIFICOS WORD 2010 TERCEIRO EXERCICIO PROBAS SELECTIVAS TRAMITACIÓN

O contido versará sobre coñementos teóricos básicos do programa Microsoft Word 2010. A título orientativo: uso e memorización de iconas da barra de ferramentas e uso de combinacións de teclas para métodos abreviados, fontes, marxes (superior, inferior, dereito e esquerdo), tipo de fonte, tamaño de fonte, negrita, suliñado, cursiva, alineación do texto (centrada e/ou xustificada do) texto, ortografía, fórmulas, paxinación do documento, espaciado (interlineado sinxelo ou espaciado posterior), parágrafos, nota ao pe de páxina. Sobre un texto breve, o examen consistirá en 15 preguntas ordinarias máis 2 de reserva. Serán preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das cales só unha será a correcta.

PRORROGA PLAN ESPECIALIZACIÓN XULGADOS CLÁUSULAS ABUSIVAS

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial ven de acordar prorrogar, por un prazo de entre seis meses e un ano, segundo as necesidades e situación de cada territorio e órgano xudicial, o plan de especialización de xulgados de primeira instancia en cláusulas abusivas para o ano 2020. Ligazón Noticias Jurídicas: http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/14717-el-cgpj-acuerda-prorrogar-el-plan-de-especializacion-de-juzgados-en-clausulas-abusivas-para-el-ano-2020-/

MÉDICOS FORENSES - QUENDA LIBRE - CORRECCIÓN DE ERROS E SINALAMENTO SEGUNDO EXERCICIO

Acordo do 17 de dicembro do Tribunal Calificador pola que se corrixen erros no Anexo II do Acordo de 28 de novembro. (CORPO NACIONAL DE MÉDICOS FORENSES, QUENDA LIBRE, Orde JUS/626/2019, de 28 de maio. Acordo do 17 de decembro, polo que se determina o lugar para a realización do segundo exercicio da fase de oposición. (CORPO NACIONAL DE MÉDICOS FORENSES, QUENDA LIBRE, Orde JUS/626/2019, de 28 de maio.

XESTIÓN - QUENDA LIBRE - EXAMEN INCIDENCIAS

Acordo do Tribunal Calificador Unico polo que se convocan, nas sedes que se indican,  o exercicio de incidencias, previsto na base 7.5 da Orde JUS764/2019, de 10 de xullo, ás/aos aspirantes que, con anterioridade ao 28 de noveembro, comunicaron e xustificaron encontrarse nas situacións contempladas na dita base e que se relacionan neste acordo. Dito exercicio de incidencias terá lugar o vindeiro  17 de xaneiro de 2020, ás 10:00 horas (9:00 horas nas Illas Canarias). Ligazón acordo: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/ACUERDO%2017%20de%20diciembre.doc.pdf

MUTUALIDADE XERAL XUDICIAL - RESOLUCIÓNS DE ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE PRESTACIÓNS

Hoxe publicanse no BOE sendas Resolucións da  Mutualidade Xeral Xudicial, polas que se modifican tanto a prestación de produtos  ortoprotésicos de dispensación ambulatoria e o catálogo de produtos  ortoprotésicos, asi como se actualiza a regulación das prestacións complementarias e xeneralízase a súa tramitación en formato electrónico a través da sede electrónica da MUXEXU.                                                                                            https://www.boe.es/boe/dias/2019/12/18/pdfs/BOE-A-2019-18127.pdf                                                                                               https://www.boe.es/boe/dias/2019/12/18/pdfs/BOE-A-2019-18128.pdf

PLANTILLAS PROVISIONAIS RESPOSTAS - CORPO TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE

Na páxina web do Ministerio publicaronse, as plantillas provisionais, dos dous tipos de examen realizados para acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa pola quenda libre. Ligazón exercicio A: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/BInterinos/Plantilla-Provisional-Test-Caso-practico-TR-Libre%202019-TIPO-A.PDF Ligazón exercicio B: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/BInterinos/Plantilla-Provisional-Test-Caso-practico-TR-Libre%202019-TIPO-B.PDF

CARGA DE TRABALLO DOS ÓRGANOS XUDICIAIS TERCEIRO TRIMESTRE 2019

Os xulgados e tribunais de toda España rexistraron durante o terceiro trimestre de 2019 un total de 1.415.996 asuntos, dato que representa un incremento do 5,7 por cento respecto ao mesmo período do ano anterior. Entre o 30 de xuño e o 30 de setembro pasados, os órganos xudiciais resolveron 1.276.460 asuntos, o que significa que a súa capacidade de resolución aumentou un 5,5 por cento; os asuntos en trámite ao final do trimestre aumentaron un 8,9 por cento ao alcanzar a cantidade de 2.792.570. Estes datos figuran no informe estatístico sobre a situación dos órganos xudiciais no terceiro trimestre de 2019, difundido hoxe polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Fonte Noticias Jurídicas: http://noticias.juridicas.com/actualidad/el-sector-legal/14705-los-amp;oacute;rganos-judiciales-registraron-en-el-tercer-trimestre-del-aamp;ntilde;o-1-415-996-asuntos-un-5-7-por-ciento-mamp;aacute;s-que-en-el-mismo-periodo-de-2018/

TRIBUNAL CALIFICADOR ÚNICO TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - VALORACIÓN PROVISIONAL MÉRITOS

O Tribunal Calificador Único do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda de promoción interna, ven de publicar hoxe o acordo de 16 de decembro polo que se aproba a valoración provisional de méritos da fase de concurso das/os aspirantes que superon a fase de oposición das probas selectivas para ingreso en dito corpo convocadas, por Orde jus/404/2019, de 21 de marzo.  Ligazón acordo: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/ACUERDO%2016%20DE%20DICIEMBRE%20tramitaci%C3%B3n%20promoci%C3%B3n.pdf Ligazón listaxe de meritos: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/Concurso%20TRA-PI%202019_WEB.pdf

ADXUDICACIÓN COMISIÓNS DE SERVIZO TERRITORIO MINISTERIO

Na páxina web do Ministerio de Xuistiza acaba de publicarse hoxe a adxudicación de postos, en comisión de servizo, da oferta 01/2019 para órganos xudiciais de nova creación en dito territorio, con entrada en funcionamento prevista para o 31 de decembro de 2019. Ligazón prazas adxudicadas: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429729581?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DADJUDICACION_COMISION_DE_SERVICIOS_1_2019.pdf  

ACORDO TRIBUNAL CALIFICADOR ÚNICO TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - CAMBIO ORDE PREGUNTAS

O Tribunal Calificador Único das probas selectivas convocadas para o ingreso no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre (Orde JUS/903/2019, de 9 de agosto), ven de dictar un acordo en relación con determinados cambios nas preguntas dos casos prácticos. Ligazón acordo: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/ACUERDO%20DE%2016-12-2019%20DEL%20TCU.pdf

OPOSICIÓNS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - PLANTILLA DE RESPOSTAS

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o seguinte acordo do Tribunal Calificador Único de Xestión e as plantillas de respostas dos exercicios das últimas probas selectivas. Acordo: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/BInterinos/Acuerdo%20de%2012%20de%20diciembre.pdf Plantilla A https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/BInterinos/Plantilla%20Definitiva%20Test%20GES-Libre%202019%2012%20de%20dic_Test%20A.pdf Plantilla B https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/BInterinos//Plantilla%20Definitiva%20Test%20GES-Libre%202019%2012%20de%20dic_Test%20B.pdf

DISTRIBUCIÓN DE AULAS PROBAS SELECTIVAS TRAMITACION

Na paxina web do Ministerio estase a publicar a distribucion das aulas das distintas localidades onde se van a realizar, esta fin de semana, as probas selectivas para acceso ao corpo de Tramitacion. Ligazon: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/tramitacion-procesal18?param1=1

NOVA APLICACIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO PARA OS REXISTROS CIVIS

O Ministerio de Xustiza informa de que hoxe, día 11/12/2019, a partir das 15:00 h , vai poñer en marcha un novo sistema de correo electrónico para os  rexistros civís da Comunidade Autónoma . O acceso á nova plataforma realizarase a través da ligazón web  https://outlook.com/justicia.es . As credencias de acceso non varían con respecto á antiga plataforma, polo que deberán empregar o mesmo usuario e contrasinal que tiñan ata o momento. Exemplo: usuario "registrocivil.xxxxx@justicia.es", contrasinal "XXXXX") Ligazón manual correo electrónico: https://drive.google.com/file/d/1PH5Ck-RuuzmCm0_q-DtlZ5P59GQAEs8f/view?usp=sharing

SUBSANACIÓN ERROS BOLSA DE INTERINOS

A administracion deunos traslado da incidencia detectada, por unha comprobación posterior á reunión da Comisión Paritaria que tivo lugar o pasado día 25/11/2019, nas listaxes provisionais de admitidos e excluídos da bolsa de interinos do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galiza e, que afecta exclusivamente á valoración dos exercicios aprobados das últimas convocatorias de Xestión e Tramitación procesual (ORD/ JUS/1165/2017 e  ORD/ JUS/1166/2017). Nas ditas convocatorias, a diferenza doutras anteriores, divídese o primeiro exercicio en dous exames: un de tipo test e outro de tipo práctico, debendo os aspirantes superar ambos para poder ter o primeiro exercicio como apto, e pasar así ao segundo. Esta diferenza con respecto ás anteriores convocatorias provocou un erro na lectura dos datos efectuada pola aplicación informática, de forma que os datos destas oposicións cargados na  OPAX, e que os solicitantes podían ver e validar no seu caso ao cubrir a solicitude,

TARXETA DE ACREDITACIÓN ESPECIAL

Publicouse no DOG a Resolución do 27 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula a tarxeta de acreditación especial prevista na disposición adicional segunda da Orde do 12 de setembro de 2011 pola que se regula a tarxeta de identificación do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia:                                                                                                                                                      https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191212/AnuncioG0244-291119-0001_gl.pdf

CORPO NACIONAL DE MÉDICOS FORENSES, QUENDA LIBRE - APROBADOS PRIMEIRO EXERCICIO E SINALAMENTO DO SEGUNDO

Acordo de 28 de novembro do Tribunal Calificador polo que se lle da  publicidade á relación de aprobados do primeiro exercicio e  comunicase o inicio do segundo.  https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429716453?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_28_noviembre..pdf

TRAMITACIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS - SEDES DE EXAMEN

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/1183/2019, de 5 de decembro, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos e se anuncia a data, hora e lugar de celebración do primeiro e segundo exercicio do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral, quenda libre, no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/903/2019, de 9 de agosto. Ligazón Orde: https://www.boe.es/boe/dias/2019/12/10/pdfs/BOE-A-2019-17713.pdf Ligazón listaxe admitidos e excluí dos: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/Relaci%C3%B3n%20definitiva%20de%20aspirantes%20admitidos%20y%20excluidos.pdf   Ligazón sedes: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429714522?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DSEDES_DE_EXAMEN._PDF.pdf Ligazóns sedes Ceuta e Melilla: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PSelectivos/903_201

EXTREMADURA-LISTAXE DEFINITIVA INTERINOS

Hoxe publicouse a Resolución do Xerente Territorial do Ministerio de Xustiza de Extremadura de 4 de decembro de 2019 pola que se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos á Bolsa de Emprego Interino de Extremadura 2018, para os corpos de Xestión Procesual e Admtva., Tramitación Procesual e Admtva. e Auxilio Xudicial. Segundo a citada resolución a bolsa queda constituída e entra en vigor ao día seguinte ao de publicación no portal do Ministerio. Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/bolsas-interinos/bolsa-interinos-extremadura4