Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

CONVOCATORIAS PROCESOS SELECTIVOS ACCESO AOS CORPOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO - QUENDA LIBRE

No día de hoxe, 30/11/2017, saen publicadas no BOE as respectivas Ordes de convocatoria dos procesos selectivos para acceso aos corpos de Xestíon, Tramitación e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza pola quenda libre. A presentación de solicitudes realizarase no prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES a partires do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Estado. A non presentación desta en tempo e forma suporá a exclusión da/o aspirante. De conformidade co establecido na base 5.3 da convocatoria, a inscrición e pagamento deberá realizarse vía telemática, accedendo a  ligazón que aparece abaixo desta información  e buscando a convocatoria correspondente ao corpo para o que se queira participar, premendo a continuación no enlace que pon  "inscribirse" . Logo de solicitar a inscrición na convocatoria correspondente debe premer en "Acceder a Cl@ve”, empregando un dos seguintes medios: -Certificado dixital válido de persoas físicas, (máis

ESCALAFÓN NACIONAL CORPOS XERAIS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Grazas a insistencia da CIG na Mesa Sectorial de Xustiza de Madrid, acadouse que por fin o Ministerio habilitase á Xunta de Galicia para que o seu persoal puidera acceder á consulta da escala nacional do corpo respectivo a cada traballador da Administración de Xustiza coa súa antiguidade por días. Ligazón escala: https://www.xunta.es/sxpa/AIX/loginCert/controlador?OP=1259&data=1512064742949#

ESTAMOS EN FOLGA OS DÍAS 1 E 13 DE DECEMBRO

ULTIMA HORA DEFECTOS CONCURSO DE TRASLADOS

Segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, hai un gran número de instancias presentadas polos rexistros telemáticos da administración que non chegaron ao ministerio e que por iso hai moitos concursantes que non aparecen nin incluidos co seu Anexo III, nin excluídos. Pro b ablemente esta sit uación faga cambiar moito o concurso de traslados ao ter que incluirse estas instancias non tidas en conta nas listaxes provisionais.

RETENCIÓNS POR FOLGA DAS DELEGADAS/OS DE CIG-XUSTIZA

Na ligazón de abaixo vos deixamos os escritos presentados polas delegadas/os da CIG que realizan funcións sindicais con exclusividade, en relación coa retención por folga dos días 1 e 13 de decembro. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1gCUwDdHHhS2GOe7M4V2NxhovayVUnIoh/view?usp=sharing

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGAS DÍAS 1 E 13 DE DECEMBRO

CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS EN VIGO ANTE RUEDA E FEIJOO

Onte en Vigo, a s delegad a s/os das sete centrais sindicais con representación na administración de xustiza, puidemos berrarlle do lindo ao Sr. Rueda e ao Sr. Feijoo, que viñeron a Vigo para a presentación do proxecto definitivo do novo edificio xudicial (menuda definición de novo edificio, agora que acaban de detectarlle amianto en cantidade).   Tivemos que agardar máis de hora e media pero, como sair tiñan que sair para coller o coche oficial, puidemos adicarlle unhas cantigas e berros cariñosos tanto ao Sr. Rueda Como ao Sr. Feijoo, solicitándolles que se poñan a negociar xa. https://www.lavozdegalicia.es/ noticia/vigo/2017/11/27/ concentracion-funcionarios- xustiza-pedir-mejoras/0003_ 201711201711271511808432640. htm http://www.farodevigo.es/gran- vigo/2017/11/28/penela-sera- edificio-ligero-piramide/ 1793995.html

NOVA O FERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 28 / 1 1 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 29   e 3 0 de novem bro e 1 de decembro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1AmYMLf052LRD1Mq-Ffaa9q-vdXWa4IP6/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

COMISIÓNS DE SERVIZO PARA ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN

Hoxe, día 24 de novembro, publicase na Intranet a Resolución do 23 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición do interesado, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presenta ción de solicitudes finaliza o vindeiro Venres 1 de decembro . Ligazón Resolución convocatoria: https://drive.google.com/file/d/1x238HcEkq5oWzNFsH8qhWYP7tVhr-cij/view?usp=sharing Ligazón solicitude: https://drive.google.com/file/d/1ivUNc3s2z-AuDr_4Rqy-to1EuhGVr9z4/view?usp=sharing

COMISIÓN DE SERVIZO PRAZA DE SECRETARÍA DO IMELGA DE COMPOSTELA

O pasado 21 de novembro publicouse na Intranet a Resolución do 20 de novembro 2017 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión temporal dun posto de traballo no IMELGA DE COMPOSTELA, mediante comisión de servizo. Ligazón Resolución convocatoria: https://drive.google.com/file/d/1s2tlvcjOj9JOBhx3LBzNQcMQW4NcVBCz/view?usp=sharing Ligazón solicitude:  https://drive.google.com/file/d/1_UqgXVbi1ZGgbh6Iyr9-F4ZZgEoXvXHr/view?usp=sharing

CARTA ABERTA A ALFONSO RUEDA...IMOS A CONTAR MENTIRAS TRA LA RA

EXITOSAS CONCENTRACIÓNS EN TODO O PAIS PARA REIVINDICAR OS NOSOS DEREITOS LABORAIS E SALARIAIS

Marabillosas concentracións de traballadoras e traballadores da Administración de Xustiza en toda Galiza como preámbulo da folga xeral dos vindeiros 1 e 13 decembro.  Ligazóns Prensa: http://www.ferrol360.es/los- trabajadores-de-justicia- amenazan-con-ir-a-la-huelga- si-no-se-inicia-la- negociacion-de-sus- condiciones/ http://www.farodevigo.es/gran- vigo/2017/11/16/trabajadores- justicia-protestan- discriminacion/1787089.html https://www.lavozdegalicia.es/ noticia/santiago/santiago/ 2017/11/16/trabajadores- juzgados-contra- discriminacion-salarial- cobran-mitad-autonomias/ 00031510832030939534567.htm http://praza.gal/movementos- sociais/15386/o-persoal-de- xustiza-rebelaselle-a-xunta- pola-discriminacion-e-os- recortes-e-anuncia-folga/ http://pontevedraviva.com/ xeral/41244/concentracion- trabajadores-justicia-parda- audiencia-reivindicaciones- xunta/

PUBLICACIÓN DEFINITIVA ACCIÓN SOCIAL 2017

No DOG número 217, do mércores 15 de novembro de 2017, saíu publicada a Resolución do 10 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2017, para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Os pagamentos realizaranse nestes dous días seguintes ou o luns da semana vindeira. Ligazón Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171115/AnuncioG0244-071117-0002_gl.pdf

APRAZAMENTO RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS

O Ministerio de Xustiza ven de informar, en relación ao concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, anunciado pola Orde JUS/646/2017, de 19 de xuño (BOE 7-7-2017), e resuelto provisionalmente pola Orde JUS/1097/2017, de 24 de outubro (BOE 14-11-2017), que a resolución definitiva de dito concurso será para XANEIRO de 2018 , dado que o prazo para a presentación de alegacións finaliza el 28 de novembro. Non obstante o anterior, o Ministerio lembra que, segundo o art. 46.1 do R.D 1451/2005, de 7 de decembro, o período de tempo necesario para poder concursar compútase desde a data da Orde de convocatoria do concurso.

XUNTANZA CON PARLAMENTARIOS GALEGOS PARA RECABAR APOIOS NAS NOSAS XUSTAS REIVINDICACIÓNS

  No día de hoxe representantes das sete centrais sindicais SPJ-USO, ALTERNATIVAS-CUT, UXT, CSI-F, STAJ, CIG e CCOO reuníronse con alguns representantes dos grupos políticos presentes no parlamento galego. Ligazóns novas: http://m.20minutos.es/noticia/3186246/0/marea-asume-reclamaciones-personal-justicia-pide-xunta-que-fin-crisis-llegue-todos/ http://www.lavanguardia.com/local/galicia/20171114/432882908369/en-marea-asume-las-reclamaciones-del-personal-de-justicia-y-pide-a-la-xunta-que-el-fin-de-la-crisis-llegue-a-todos.html

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DO CONCURSO DE TRASLADOS

No BOE de hoxe, como xa vos adiantaramos, sae publicada a Resolución pola que se acorda a exposición das listaxes provisionais do concurso de traslados dos corpos xerais. Tanto se sodes adxudicatarios dunha praza como se non é moi IMPORTANTE que consultedes o voso Anexo III, para comprobar que a gravación da instancia se fixo correctamente cos destinos que solicitáchedes. Ligazón consulta ANEXO III: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/tramitacion-auxilio-2017

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN

No día de onte saiu a resolución coa adxudicación das últimas desocupacións publicadas o pasado 7 de novem bro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1dzz1CD3wb2uDZ7cjyAc2ucEHqrlN2UPW/view?usp=sharing  

O MINISTRO OCULTA INFORMACIÓN SOBRE AS FILTRACIÓNS QUE SE PRODUCIRON EN LEXNET

O Ministro Sr. Catalá, durante a comparecencia onde explicou no seu día os problemas dos accesos non autorizados a LEXNET, esqueceu indicar que o sistema de auditoría da plataforma detectou tamén que, aproveitando o erro informático, algúns usuarios descargaron ilegalmente centos de documentos xudiciais con información confidencial. O ministro sí chegou a admitir despois, nunha xuntanza privada, que houbo máis de 400 descargas ilegais, en buzóns alleos, de información sensible sobre procesos xudiciais. Fonte da nova "EL DIARIO": http://www.eldiario.es/politica/Catala-descargas-ilegales-documentos-LexNET_0_706579756.html

ASEMBLEAS INFORMATIVAS PARA A CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS

O pasado venres 10 de novembro en Vigo e, durante toda a semana, celebraronse, polas sete centrais sindicais con representación na Administración de Xustiza en Galiza, asembleas de traballadoras/es para informar das medidas de presión que imos adoptar como consecuencia da falta absoluta de negociación por parte da Dirección Xeral e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza ante  temas tan importantes para os traballadores como son os descontos por baixas de enfermidade, a consolidación de prazas de reforzo de máis de tres anos, dos plans de amortizacións, do pagamento do 100% das substitucións e, por suposto, da actualización do CAT (complemento autonómico transitorio) que nestes intres é o de menor contía entre as comunidades con transferencias de xustiza e logo dun grandisimo sacrificio levado a cabo durante estes últimos catro anos no que o goberno do Sr. Feijoo, nos retirou a totalidade de dito complemento nos meses de xuño e

CONCURSO DE TRASLADOS LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

No BOE do pasado 10 de novembro publicouse a Orde JUS/1085/2017, de 6 de novembro, pola que se convoca concurso de traslado para a provisión de postos de traballo para o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza. Ligazón resolución: https://www.boe.es/boe/dias/2017/11/10/pdfs/BOE-A-2017-12959.pdf   Ligazón corrección erros: http://www.boe.es/boe/dias/2017/11/14/pdfs/BOE-A-2017-13080.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 07 / 1 1 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 8 , 9 e 10 de novem bro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1HxNJJdsTJca_AkcrIc3vddCgGTlusbyi/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

CALENDARIO DE ASEMBLEAS

Este é o calendario de asembleas que se van levar a cabo nesta semana por toda Galiza .

EMPEZAMOS COAS ASEMBLEAS INFORMATIVAS SOBRE POSIBLES MOBILIZACIÓNS

Empezamos coas asembleas informativas e, o vindeiro día 6, tócalle á cidade da Coruña:

COMUNICADO DE PRENSA INCULPACIÓN TRABALLADOR ADMÍNISTRACIÓN DE XUSTIZA

Aqui vos deixamos o comunicado de prensa da Xunta de Persoal da Admón. de Xustiza de Pontevedra en relación co anómalo tratamento informativo levado a cabo na prensa sobre a inculpación dun compañeiro, traballador da administración de xustiza en Vigo, nos recentes lumes producidos na Galiza. Ligazón nota de prensa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVENrM3FmQU5iN1E/view?usp=sharing