Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2011

PRAZAS VACANTES PARA O VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

   Nos enlaces abaixo indicados podedes consultar os arquivos coas prazas vacantes que a Dirección Xeral de Xustiza acaba de remitir ao Ministerio de Xustiza para o vindeiro concurso de traslados. Con esta remisión entendemos que a convocatoria do concurso non se debería extender moito máis alo de mediados-finais de marzo. Prazas vacantes de Xestión-Galiza Prazas vacantes de Tramitación-Galiza Prazas vacantes de Auxilio-Galiza

ACCESO AO ESCALAFON A TRAVES DO AIX

   Comunicámosvos que o equipo técnico de mantemento evolutivo de AIX (Aplicación Informática de Xustiza) está actualmente traballando para incorporar a consulta da "escalafón" dos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial a través do Portal do Empregado Público de Xustiza (Web AIX).    Os datos que se publicarán son exclusivamente os facilitados polo Ministerio de Justicia, que condicionou o acceso a estes datos exclusivamente ao persoal pertecente a algún dos Corpos indicados, mediante usuario e contrasinal, por incluirse datos de carácter persoal amparados polo previsto no artigo 11.2.c) da Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal.     Os escalafóns falicitados polo Ministerio de Justicia son tres, un por cada un dos corpos xerais antes mencionados. Neles non se distingue entre os funcionarios do Corpo e os funcionarios da escala a extinguir.      A nova funcionalida

REVISIÓNS MÉDICAS PERIÓDICAS

Ven de publicarse no DOG do 11-02-2011 a Resolución do 3 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2011 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia. O prazo para inscribirse na campaña deste ano comeza o 14 de febreiro e remata o 12 de marzo e o debes facer de xeito telematico no seguinte enlace  http://webriscos.xunta.es/