Esta fin de semana, concretamente o Sabado 18 de xaneiro, en Compostela, foi elexido o novo Secretario Nacional de Xustiza da CIG, recaendo a elección en Xesús H. Sánchez Costa (Tuto), compañeiro destinado en Lugo, que substitúe a Xosé Barreiro Pérez, compañeiro que ata o de agora viña desempeñando estas labores. O novo Secretario Nacional afronta dende este momento o difícil reto de dirixir e canalizar as reivindicacions pola actual perda de dereitos das/os traballadoras/es da Administración de Xustiza en Galiza, debido aos recortes pola situación de crise que estamos atravesando, así como as vindeiras eleccións sindicais que se producirán, aproximadamente, dentro dun ano. Tamén nesta data quedou elexida, para os vindeiros catro anos, a nova Dirección Nacional do Sector de Xustiza que, finalmente, quedou composta por Eva Rodriguez Vicente (A Coruña), Delmiro Durán Garrido (Pontevedra), Consuelo Rodríguez Rodríguez (A Coruña), Óscar Freixedo Beltrán (Lugo), Xosé Barrreiro Pérez (