Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

OPOSICIÓNS CORPOS XERAIS XUSTIZA - QUENDA LIBRE - OEP2016

Abaixo vos deixamos as ligazóns das convocatorias dos procesos selectivos para acceso, pola quenda libre, aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio e remitidos a Función Pública para a súa aprobación final. Este sería o calendario previsto para as oposicións: Ligazón Xestión LI: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNYndCczhvLVB2TWs/view?usp=sharing Ligazón Tramitación LI: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNTdfYkpZNXlLTHc/view?usp=sharing Ligazón Auxilio: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRC05Tk1uRFFlNUE/view?usp=sharing

MÉDICOS FORENSES - LISTAXE DE PARTICIPANTES NO CONCURSO DE TRASLADOS

Na páxina web do Ministerio publicouse unha nota informativa pola que se expoñen as solicitudes recibidas para participar no concurso xenérico de Médicos Forenses, convocado pola Orde JUS/626/2017, de 29 de maio. Se algún solicitante non se atopara na listaxe indicada, pode poñerse en contacto coa Subdirección Xeral de Medios Persoais ao Servizo da Administración de Xustiza, teléfono 913.902.147. Ligazón listaxe de participantes: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428581882?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DLISTADO_SOLICITANTES_CONCURSO_2017.pdf

APROBADOS PRIMEIRO EXERCICIO - PROMOCIÓN INTERNA - LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

Na páxina web do Ministerio publicouse o Acordo do Tribunal N.º Un polo que se expón a relación de aspirantes que veñen de aprobar o primeiro exercicio da oposición por promoción interna e polo que tamén se anuncia o inicio do segundo exercicio a partires do 13 de novembro.  Ligazón Acordo Tribunal: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428582327?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_26_de_octubre._Aprobados_1%C2%BA_ejercicio_PI.pdf Ligazón relación de aprobados: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428582328?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_del_Acuerdo_de_26_de_octubre.pdf

RELACIÓN DE PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA NO CONCURSO DE TRASLADOS

Para un mellor e máis concreto coñecemento das adxudicacións provisionais no noso país, publicamos nas ligazóns de abaixo as prazas adxudicadas en Galiza, ordendas por provincias. Tede en conta que este proceso pode conter algún erro  derivado da conversión dos arquivos facilitados no seu día. Ligazón Xestion provisional Galiza: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNbHJiaXZ2cEk1ZTA/view?usp=sharing Ligazón Tramitación provisional Galiza: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNX1ZVOWZNc3JEbkE/view?usp=sharing Ligazón Auxilio Xudicial provisional Galiza: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNM29qZVBqUGhNR0k/view?usp=sharing

A ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA ESTÁ XORDA. TEMOS QUE PRANTEXAR MOBILIZACIÓNS PARA SER ESCOITADOS

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS CONCURSO DE TRASLADOS

No día de hoxe vaise publicar na páxina web do Ministerio de Xustiza a resolución provisional do concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, anunciado por Orde JUS/646/2017, de 19 de xuño. Ligazón concurso: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/tramitacion-auxilio-20171

PROMOCION INTERNA XESTIÓN E TRAMITACIÓN - NOTA INFORMATIVA PRESENTACIÓN SOLICITUDES

O Ministerio, na súa páxina web, publicou a seguinte nota informativa "No caso de que se teña producido algún erro ou defecto ao xerar o modelo de solicitude para a inscripción, vía electrónica, nos procesos seletivos de Xestión e Tramitación, Promoción Interna (cupo de persoas con discapacidade, adaptación, exención de la taxas ou outros) os aspirantes poderán realizar a presentación en formato papel conforme ao establecido na base novena 2. b) das Bases Comúns. Os aspirantes que xa teñan xerado ou presentado a súa solicitude, poderán alegar e/ou documentar dito erro ou defecto, por esta mesma vía, ata a finalización do prazo de presentación de solicitudes e deberán comprobar os seus datos na lista provisional de admitidos e excluidos, a efectos da súa posterior subsanación".

NOTA MÍNIMA DE ACCESO AO PRIMEIRO EXERCICIO DA PROMOCIÓN INTERNA - LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - OP2017

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse hoxe o Acordo do Tribunal N.º Un polo que se establece a nota mínima necesaria para aprobar o primeiro exercicio da promoción interna das probas seletivas de acceso ao corpo de Letrados da Admón. de Xustiza convocadas pola Orde JUS/381/2017, de 28 de abril. (BOE de 4 de mayo).  Ligazón Acordo Tribunal:  http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428567287?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_17_de_octubre._Nota_de_corte.pdf

NOMEAMENTO LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA DA PROMOCIÓN INTERNA

Hoxe publicase no BOE a Orde JUS/997/2017, pola que nomean Letrados da Administración de Xustiza, da terceira categoría, aos aspirantes aprobados polo sistema de promoción interna.  Na Galiza as prazas adxudicadas foron as seguintes:  Xulgado Mixto nº 1 de Negreira.  Xulgado Mixto nº 1 de Arzua.  Xulgado de Instrucion nº 1 de Lugo.  Xulgado Mixto nº 3 de Ponteareas.  Xulgado Mixto nº 2 de Lalín.  Xulgado Mixto nº 1 de Bande. 

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

No día de hoxe saiu a resolución coa adxudicación das últimas desocupacións publicadas o pasado 10 de o utu bro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZmpVWjM4bFNfcGM/view?usp=sharing

CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

A Escola Galega de Administración Pública, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, convoca un curso superior de Administración electrónica que comezará o próximo 30 de outubro. Modalidade: mixta Prazas: 50 Lugar: EGAP, Santiago de Compostela Datas: desde o 30 de outubro ata o 20 de decembro (os días de clase e o horario aparecen especificados no DOG) Duración: 114 horas lectivas (30 presenciais e 84 en teleformación) Destinatarios: persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías: grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario grupos I e II do persoal laboral grupo C do persoal funcionario ou grupo III do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V convenio colectivo único para o persoal da Xu

O GOBERNO CREA 93 NOVOS XULGADOS

O Consello de Ministros deste 13 de outubro pasado, a proposta do Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, ven de aprobar un Real Decreto polo que se crearán un total de 93 novos xulgados, coa  fin de adecuar a planta xudicial ás necesidades existentes. Ligazón nova: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428564823?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadername2=Medios&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3D171013_RD_93_%C3%B3rganos_y_plazas_judiciales.pdf&blobheadervalue2=1288796470729

CORRECCIÓN DE ERROS OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Detectado un erro material na publicación de cobertura, mediante sustitución entre titulares, da praza de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Cambados , procedeuse a súa corrección na Intranet Xudicial , indicando que a praza corresponde ao corpo de Auxilio e non ao de Tramitación. Ligazón corrección erros: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNelNsLWRFcTE3UDg/view?usp=sharing

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 10 / 10 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 11, 13 , 16 de outu bro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNXzVoNDA4ZjN3Rmc/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

No día de hoxe saiu a resolución coa adxudicación das últimas desocupacións publicadas o pasado 2 de o utu bro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNN2N4bkdzaGNuVzg/view?usp=sharing

MODIFICACIÓN DA LOPX PARA VOLTAR AOS NOVE DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES

Segundo nos informou o Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, o Grupo Parlamentario Popular ven de presentar no rexistro do Congeso dos deputados,  unha proposta de modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial que nos devolvería os días de permiso por asuntos particulares que se pederon con motivo da crise económica.   Artigo 503.1 da LOPX proposto: "Por causas xustificadas, os funcionarios terán dereito a iguais permisos e coa mesma extensión que os establecidos na normativa vixente aplicable aos funcionarios da Administración Xeral do Estado, agás o permiso de asuntos particulares que terá unha duración de nove días, os cales non poderán acumularse en ningún caso ás vacacións anuais retribuídas." Ligazón proposta PP: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNSHhPWHZtS0J3dEU/view?usp=sharing

REIVINDICACIÓN CONXUNTA DA SUBIDA DO CAT, NON AOS DESCONTOS IT'S, SI AO PAGAMENTO DO 100% DAS SUBSTITUCIÓNS E CONSOLIDACIÓN DE PRAZAS DE REFORZO

NOVAS DATAS REALIZACIÓN EXERCICIOS - LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - LIBRE E PROMOCIÓN INTERNA

Quenda libre, primeiro exercicio , tipo test: A data prevista para a realización do exercicio é a do 16 de decembro. (data provisional ata a súa publicación no BOE). Quenda promoción interna, segundo exercicio , de carácter oral, comenzará o 13 de novembro e realizarase no Tribunal Supremo. (data provisional ata a publicación do Acordo do Tribunal).

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 02 / 10 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 3 , 4 e 5 de outu bro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNS3dEbWVUS3pLWEk/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

No día de hoxe saiu a resolución coa adxudicación das últimas desocupacións publicadas o pasado 22 de setembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNcklDeTNCb094R2c/view?usp=sharing

PLANTILLAS CORRECTORAS - PROMOCIÓN INTERNA - LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

Na páxina web do Ministerio figura o Acordo do Tribunal N.º Un de publicación das plantillas correctoras do primeiro exercicio da promoción interna celebrado o 1 de outubro, para acceso ao corpo de LETRADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA. Plantilla  modelo "A": http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428543469?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_modelo_A.pdf Plantilla modelo "B": http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428543470?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_modelo_B.pdf