Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2008

A XUNTA COMPROMETESE A CONVOCAR AS PRAZAS DE XESTORES NON CUBERTAS NOS ULTIMOS CONCURSOS DE TRASLADOS

PRAZAS PARA OS XESTORES NO VINDEIRO CONCURSO A CIG ven de conseguir que a Dirección Xeral de Xustiza adquira o compromiso en Mesa Sectorial de sacar en marzo de 2009, no vindeiro concurso de traslados, todas as vacantes existentes no corpo de Xestión que quedaron sen cubrir como consecuencia da resolución do anterior concurso. Con esta decisión, aqueles compañeiros que aprobaron a promoción interna a dito corpo de Xestión terán prazas en Galiza que poderán pedir xunto coas vacantes existentes dos órganos de nova creación e, dese xeito, conquerir unha praza definitiva e poder empezar a traballar no corpo para o que promocionaron. A CIG congratúlase de ter acadado da administración autonómica este compromiso que beneficiará non só as nosas compañeiras/os se non tamén a Administración de Xustiza en Galiza, ao cubrirse con persoal titular prazas que doutro xeito estarían varios anos sen cubrir.

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DIA 18/12/08

RESUMO DA REUNION DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA (DIA 18/12/08) 1) Quedou visto para a súa publicación no DOG, na vindeira semana, tanto a publicación da nova Resolución de Vacacións, Permisos e Lincenzas como da Orde de Interinos. O prazo para inscribirse nas novas bolsas de interinos empezará, segundo manifestou a Directora Xeral, o vindeiro 7/xaneiro/2009 . 2) Ao parecer, no primeiro trimestre deste ano 2009, o Ministerio de Xustiza e as CC.AA. van proceder a crear un grupo de traballo coa Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado a fin de prantexar, a través das novas reformas lexislativas, a desxudicialización dos Rexistros Civis de toda España. 3) En xaneiro de 2009 a Directora Xeral comprometeuse a sacar adiante as novas agrupacións de xulgados de paz. 4) Trasladouse a Dirección Xeral a problemática que pode xurdir coa aplicación en xustiza do novo convenio suscrito pola Xunta con Correos, xa que se van ter que realizar determinados trámites que poden

COMISIÓNS SERVIZO XULGADO NOVA CREACION

A Dirección Xeral de Xustiza remiteunos a ultima hora do vernes 12 de decembro os listados provisionais das adxudicación das comisións de Servicio do persoal que cubrira os Xulgados de nova creacións ata que o sexan de forma definitiva por concurso de traslado. Estes listados seran publicados a vindeira semana da intranet da Xunta. Listados de adxudicacións provisionais