Saltar ao contido principal

QUE FACER ANTE UN POSIBLE CONTAXIO POR CORONAVIRUS OU CONTACTO ESTREITO CON PERSOA CONTAXIADA

A asistencia sanitaria da enfermidade por infección por coronavirus COVID-19 está cuberta a todos os mutualistas de MUXEXU, tanto se están adscritos aos servizos públicos de saúde das Comunidades Autónomas ou a Entidades Médicas privadas. 
 
Que facer se se teñen síntomas compatibles con COVID-19? 
 
Se ten síntomas compatibles cunha infección respiratoria aguda de aparición súbita que cursa con febre, tose ou sensación de falta de aire, dor de garganta, perda de olfacto, perda do gusto, etc, tivese ou non contacto con persoas que foron diagnosticadas de COVID-19, permaneza na súa casa, íllese no seu domicilio, non se desprace a un servizo de urxencias e: 
1) Se está adscrito ao servizo público de saúde da Comunidade autónoma, póñase en contacto cos teléfonos habilitados pola Comunidade autónoma e siga as súas instrucións. (Ver teléfonos máis abaixo). 
2) Se está adscrito a unha Entidade Medica privada, póñase en contacto co teléfono do Centro de coordinación de urxencias da súa entidade Médica, para que avalíen a súa situación, practiquen as probas de detección do coronavirus que procedan e fagan o seguimento da súa situación. (Ver teléfonos máis abaixo). 
 
Que facer se non se teñen síntomas compatibles con COVID-19, pero se estivo en contacto estreito cunha persoa diagnosticada de COVID-19? 
 
Entendese por “contacto estreito” calquera persoa convivente ou que proporciona coidados ou que ten contactos físicos cun caso diagnosticado de COVID-19; calquera persoa que estivese no mesmo lugar que un caso diagnosticado de COVID-19, a unha distancia menor de dous metros e durante máis de 15 minutos; calquera persoa situada nun radio de dous asentos ao redor dun caso diagnosticado de COVID-19, nun avión, tren, ou outro medio de transporte. 
A procura e identificación dos contactos estreitos corresponde aos servizos de Saúde Pública das Comunidades Autónomas. Cando a Saúde Pública un médico notifica o diagnóstico dun caso de COVID-19, ponse en marcha un proceso de procura e identificación de contactos estreitos, polo que será Saúde Pública da súa Comunidade Autónoma a que se poñerá en contacto con vostede independentemente da súa adscrición ao Servizo público de saúde ou a Entidade Médica privada, para determinar as medidas e as probas para realizar segundo os protocolos establecidos pola Comunidade Autónoma. 
 
Teléfonos dos Servizos Públicos de Saúde das Comunidades Autónomas:
 
Comunidad AutónomaTeléfono de información
Andalucía 955.545.060
Aragón 976.696.382
Asturias 900.878.232 / 984.100.400 / 112
Canarias 900.112.061
Cantabria 900.612.112
Castilla La Mancha 900.122.112
Castilla León 900.222.000
Cataluña 061
Ceuta 900.720.692
C.Madrid 900.102.112
C.Valenciana 900.300.555
Extremadura 112
Galicia 900.400.116
Islas Baleares 061
La Rioja 941.298.333
Melilla 112
Murcia 900.121.212
Navarra 948.290.290
País Vasco 900.203.050

 

Teléfonos de las entidades médicas privadas:

  Teléfono de urgencias Teléfono de información Página WEB.
ASISA 900.900.118 902.010.010 www.asisa.es
CASER 900.342.234 901.332.233 www.caser.es
DKV 900.300.799 902.499.600 www.dkvseguros.com/mugeju
MAPFRE 900.122.122 902.204.060 www.mapfre.com/salud
NUEVA MUTUA SANITARIA 800.654.365 91.290.8075 www.nuevamutuasanitaria.es/mugeju
SANITAS 900.842.025 902.500.742 www.sanitas.es/mugeju
SEGURCAIXA-ADESLAS 900.322.237 902.200.200 www.adeslas.es

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.