Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2019

MODIFICACIÓN CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS MÉDICOS FORENSES

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/695/2019, de 17 de xuño, pola que se modifica a Orde JUS/ 626/2019, de 28 de maio, pola que se convocaba proceso seletivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo Nacional de Médicos Forenses. https://www.boe.es/boe/dias/2019/06/26/pdfs/BOE-A-2019-9562.pdf

INCIDENCIA DE FICHAXE EN OPAX

Debido a unha incidencia de carácter xeral na aplicación Kronos, as fichaxes realizadas os días 22, 23 e 24 de XUÑO puideron non quedar rexistradas correctamente. Os/As usuarios/as da aplicación OPAX deberán presentar un PARTE INDIVIDUAL DE INCIDENCIA do tipo " Incidencia por falta ou erro na marcaxe" para cada un dos días indicados, no que se especifique a hora de entrada e saída desas xornadas.

CORRECCIÓN DE ERROS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS XESTIÓN E TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA

No BOE de hoxe publicouse a Orde JUS/690/2019, de 17 de xuño, pola que se modifica a Orde JUS/ 645/2019, de 7 de xuño, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos e se convoca á realización dos exercicios dos procesos seletivos para ingreso, por promoción interna, nos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa e de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocados pola Orde JUS/403/2019, de 21 de marzo e Orde JUS/404/2019, de 21 de marzo. Ligazón: https://www.boe.es/boe/dias/2019/06/25/pdfs/BOE-A-2019-9524.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 24/ 06/2019 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 25, 26 e 27 de xuño . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1QAwFSfXzDJIGirEDD3oxsLvHp8CIbkkM/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

O  25 de xuño , publicouse a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado día 17 de xuño, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1gP5dgr6SHUbEXzudfggq5lNCovgNFt-C/view?usp=sharing

XUBILACIÓN DE DELMIRO DURÁN, DELEGADO SINDICAL DE CIG-XUSTIZA

Nestas datas xa estivais, ven de xubilarse o noso compañeiro e amigo Delmiro Durán Garrido; sindicalista infatigable, que pelexou na provincia de Pontevedra, como delegado da Xunta de Persoal e, en toda Galiza, como responsable do Sector de Xustiza da CIG e noutros cargos orgánicos da nosa central sindical,  porque as traballadoras/es da Administración de Xustiza tiveramos unhas mellores condicións laborais. Nesta loita de moitos anos na que coincidimos man a man tanto en Madrid como en Santiago de Compostela, amosou o seu talante e bo facer en todas as negociacións ás que tivemos asistido e, nas que nos vimos involucrados en non poucas situacións comprometidas, sindicalmente falando, das que creo sinceiramente que saimos airosamente e coa sensación de ter feito as cousas ben e do xeito correcto, camiñando coa cabeza ben alta por levar o sindicalismo galego e de clase, tanto a Madrid como a Compostela. Pola miña banda, como compañeiro desta viaxe iniciada alá polos anos 90 e como a

RESULTADOS ELECCIÓNS XUSTIZA 2019

AGRADECEMENTO AS TRABALLADORAS/ES POLO SEU VOTO NAS RECENTES ELECCIÓNS

A CIG quere dar as grazas a todas e todos @s que participastes nas eleccións ás Xuntas de Persoal da Admón de Xustiza, en especial aos que depositastes a vosa confianza en nós. Vistos os resultados, agás en   Ourense que aínda non se celebraron,   queremos manifestar que   o voso apoio nos vai facer un pouco máis fortes, e esa forza ímola empregar, coma sempre, libres, sen ataduras e cun espíritu crítico,   en tratar de mellorar as condicións de traballo de todas e todos, en tratar de conseguir que se respecten os nosos dereitos e que esta xustiza do noso país mellore e sexa un mellor servizo público. Toca seguir loitando, que é algo que facemos con agrado   esperando non defraudar e conseguir ser cada vez un pouquiño máis referente neste sector,   do mesmo xeito que somos referente nos distintos eidos da nosa Galiza.

ACCIÓN SOCIAL 2019

No DOG de hoxe 24 de xuño sae publicada a Resolución do 26 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2019 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dicir, ata o 15 de xullo . As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza), no enderezo web opax.xunta.es Outra vez máis a adminsitración autonómica, a pesares das alegacións realizadas pola CIG, discrimina nesta resolución aos titulares que non estén en servizo activo no momento de solicitar a axuda de acción social, cando ao persoal interino non se lles impón este r

PRÓXIMA CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS

O Ministerio de Xustiza ven de comunícar que a data de publicación no Boletín Oficial do Estado do concurso de traslados ordinario de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, efectuarase o día 18 DE XULLO próximo. A Orde levará data de 25-6-2019. As prazas vacantes de ámbito non transferido colgaranse na páxina web do Ministerio o máis axiña posible. Tede en conta que nesta resolución só se van a conceder 9 DIAS HÁBILES para a presentación de instancias e que terán que facerse de xeito telemático e, ademais, haberá que remitir a mesma asinada e escaneada. O citado sistema de presentación baséase nos artigos 10.1, 10.2.c) e 36.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Ademais, comprobarase que os datos da instancia escaneada sexan coincidentes cos datos grabados telematicamente por medio do asistente de inscrición, de modo que coincidan ambos. Se non se remite a instancia escaneada, ainda estando

DEVOLUCIÓN DO IRPF POR MATERNIDADE E PATERNIDADE

A Axencia Tributaria (AEAT) comenzou a realizar a devolución das cantidades retidas en concepto de IRPF as/os mutualistas de MUFACE, ISFAS e MUXEXU que gozaron de permisos por maternidade e paternidade entre 2014 e 2017. Aqueles que se  teñan acollido a ditos permisos durante 2018 non deberán realizar ningunha xestión, xa que a AEAT o terá en conta de oficio nos datos fiscais da campaña da declaración da renda actualmente vixente. Un Real Decreto-lei do pasado 28 de decembro extendeu ás persoas incluídas no mutualismo administrativo a decisión  da Sala III do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que, en sentenza de 3 de outubro de 2018 determinou que as prestacións públicas por maternidade e paternidade da Seguridade Social están exentas do IRPF. Hai que lembrar que poden solicitar a devolución aquelas persoas que teñan gozado permisos de maternidade e paternidade durante 2014, 2015, 2016 e 2017. Así mesmo, é importante suliñar que o praz

RENOVACIÓN CONCERTO PRESTACIÓNS BBVA

Recentemente renovouse o concerto entre BBVA e a MUXEXU sobre os servizos que dita entidade bancaria presta ao colectivo de beneficiarios da mutualidade, tales como prestamos persoais, hipotecarios, adiantos de nómina, contas bancarias, etc. Ligazóns: https://www.mugeju.es/sites/default/files/archivos/convenios_ofertas/entidades_bancarias/RECOMENDACIONES_A_MUTUALISTAS_EN_LA_APLICACIxN_DEL_CONVENIO_BBVA.pdf https://www.bbvacolectivos.com/2359/mugeju/es/para-ti/ofertas-convenio-150

ACLARACIÓN CONVOCATORIA OPOSICIÓNS QUENDA LIBRE MÉDICOS FORENSES

En relación coas dúbidas surdidas en canto á convocatoria do Corpo Nacional de Médicos Forenses, publicada por Orde JUS/626/2019, de 28 de maio, cabe sinalar que esta convocatoria vese afectada por la Orde JUS/291/2019, de 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexirán os procesos seletivos para o ingreso nos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza. Todo iso porque, como consecuencia do establecido no Real Decreto 954/2018, de 27 de xullo, que aproba a oferta de emplego público de estabilización para o personal da Administración de Xustiza, se ten modificado o modo de calificación do sistema seletivo. Deste modo, ditas Bases Comúns veñen a modificar as anteriores, publicadas pola Orde JUS/875/2017, de 8 de setembro, pola que se rexía a anterior convocatoria de Médicos Forenses, publicada por Orde JUS/350/2017, de 28 de marzo. Así, si ben o Anexo I A 1.5 da anterior convocatoria establecía a reserva de nota “ a los aspirantes que obte

LISTAXES DEFINTIVAS PARCIAIS ADMITIDOS E EXCLUÍDOS - PROMOCIÓN INTERNA - XESTIÓN E TRAMITACIÓN - OEP2017-2018

Publicáronse as relacións definitivas parciais de admitidos e excluídos á realizacion dos exercicios do proceso seletivo para ingreso, por PROMOCIÓN INTERNA, no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa.e Xestión Procesual e Administrativa. Ligazóns: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429357309?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DRelaci%C3%B3n_definitiva_parcial_Tramitaci%C3%B3n_entre_el_17_y_el_19_de_junio.pdf https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429357254?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DRelaci%C3%B3n_definitiva_parcial_Gesti%C3%B3n_entre_el_17_y_el_19_de_junio.pdf

VÍDEO CAMPAÑA DE VOTACIÓN - ELECCIÓNS 2019

PROMOCIÓN INTERNA XESTIÓN E TRAMITACIÓN - SUBSANACIÓN INSTANCIAS

Instrucións Subsanación de instancias IPS (XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, ACCESO PROMOCIÓN INTERNA, Orde JUS/403/2019, de 21 de marzo (BOE de 8 de abril)) Acceso á novidade Instrucións Subsanación de Instancias IPS (TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, ACCESO PROMOCIÓN INTERNA, Orde JUS/404/2019, de 21 de marzo (BOE de 8 de abril)) Acceso á novidade   Ligazón subsanación: https://ips.redsara.es  

VÍDEO MOTIVOS PARA VOTAR CIG - ELECCIÓNS 2019

VÍDEO ELECCIÓNS SINDICAIS 2019 - CIG-XUSTIZA DIFÚNDEO!!!

DECANA DE CAMBADOS (XULGADO MIXTO N.4) EXTRALIMÍTASE NA SÚA FUNCIÓN

Cando menos resulta curioso que, quen ten que ter coñecemento da lei non a aplique de xeito correcto. Onte, en plena campaña electoral na Administracion de Xustiza (cuestion que e publica e notoria no sector), a Xuiza Decana de Cambados obrigounos a ter que pedir permiso para a colocacion de publicidade sindical en dita sede xudicial.  En todo caso a Xuiza Decana podería pedir que lle comuniquemos dita distribucion e o feito de falar coas traballadoras/es (como asi fixemos), para que o mesmo interfira o menos posible na actividade xudicial, ponderando tamen a excepcionalidade da campaña electoral, pero en ningun caso estar supeditados a unha solicitude de autorizacion, porque a mesma escapa da sua competencia, xa que a distribucion de publicidade e a informacion sindical ven dada de facto pola LOLS, sen necesidade de autorizacion expresa.  Estar supeditados a unha peticion de autorizacion suporia que a dita peticion poderia ser denegada, cando unha lei organica establece claramente e

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 11/ 06/2019 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 12, 13 e 14 de xuño . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1gctjkqFAT088PpNOMA8etbP5-CZEaRNJ/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing