Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2011

PREVISION DE OFERTA DE PRAZAS PROCESOS SELECTIVOS

   Segundo nos comunicou no día de hoxe o Ministerio de Xustiza este é o plan previsto de publicacións no BOE da oferta de prazas para os distintos procesos selectivos en marcha na actualidade. 1.- ADXUDICACIÓN DESTINOS DE NOVO INGRESO XESTION - QUENDA LIBRE CORPO:  Xestión, quenda libre. Oposición 2008 ORGANISMOS: Ministerio de Xustiza e Comunidades Autónomas PUBLICACIÓN NO BOE: 19-5-2011 2.- ADXUDICACION DESTINOS DE NOVO INGRESO AUXILIO - QUENDA LIBRE CORPO: Auxilio, quenda libre . Oposición 2010 ORGANISMOS: Ministerio de Xustiza e Comunidades Autónomas PUBLICACIÓN NO BOE: 23-5-2011 3.- ANUNCIO PRAZAS NOVO INGRESO TRAMITACION QUENDA PROM. INTERNA CORPO: Tramitación, quenda promoción interna. Oposición 2010. ORGANISMOS: Ministerio de Xustiza e Comunidades Autónomas   PUBLICACIÓN NO BOE: 25-5-2011

DECLARACION IRPF ATRASOS 4º PUNTO

   Toda vez que postos a fala coa Axencia Tributaria pola mesma se nos indicou que os atrasos percibidos este ano nos meses de Xaneiro, Febreiro e Marzo en relacion co pagamento do 4º punto dos anos 2007, 2008 e 2009 para ben ser deberían ser declarados este ano nas respectivas declaracións complementarias xa que eses ingesos se fixeron pola administración autonómica antes de xuño de 2011. De non facerse este ano as declaracions complementarias a Axencia Tributaria podería reclamar os xuros correspodentes dende este ano ata o ano 2012 no que supostamente aparecerían reflectidos os citados pagamentos na certificación de haberes e a maioría da xente faría a súa declaración. Así mesmo, como é lóxico, resultará menos prexudicial repartir os importes percibidos nas respectivas declaracións complementarias que incluilo todo na declaración complementaria a realizar no 2012 sobre o percibido no exercicio 2010. Por todo o anterior solicitámoslle a administración que se libraran xa as correspon

RETRASO CONCURSO DE TRASLADOS

   Con respecto ao concurso de traslados, en principio existían algunhas dificultades para que determinadas comunidades autónomas remitiran as vacantes (p.e. Andalucía) o que estivo a provocar o retraso do concurso, ainda que para Galiza nos conviña este pequeno retraso temporal pois estamos intentando consolidar as prazas das Fiscalías de Area que levan moitos anos cubertas por persoal interino de reforzo e para iso é necesario que o Ministerio aprobe os novos cadros de persoal.    Postos en comunicación co Ministerio polo responsable de concursos se nos indicou que en 15-20 días  (debe pedirse espazo para o BOE) podería sair publicado, polo que estariamos a falar de mediados de maio para que se fixera realidade a convocatoria, polo que finalmente estariamos a falar do 20 DE MAIO .

CURSOS DE FORMACION XUSTIZA

   Por fin, despois dunha ampla discusión coa administración sobre a diferenza entre a negociación dos cursos a impartir e o papel da EGAP no desenvovemento dos citados cursos pola encomenda de xestión que lle ven dada para a formación da función pública galega, aprobouse o plano de formación de xustiza para este ano 2011, case tal cual foi presentado (con algúns pequenos matices) e co compromiso por parte da administración de que para o plano do ano que ven prantexarase con tempo suficiente a negociación a fin de que non ocorra o mesmo que este ano no que puido perigrar a formación que se ía impartir.    Unha das modificacións que pode ser aceptada é a reedición dos cursos de Violencia de Xénero e de Rexistro Civil. En canto aos cursos de Word 2007 e dado que nos últimos equipos instalados nos xulgados estase a traballar con dito programa a CIG solicitou que os mesmos deben impartirse salvo que finalmente a administración renuncie a utilizar dito programa en favor dun software libr