Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2012

RETENCIÓN PAGA EXTRA E BAIXAS ENFERMIDADE (ILT)

   Postos en comunicación co Subdirectora Xeral de Xustiza, pola mesma se nos comunica, con todas as cautelas e se non hai orde en contrario á volta de setembro que, en principio, tanto no tema da retención da paga extra de nadal na nómina mensual, como no tema das baixas por enfermidade, seguirase aplicando o establecido na LOPX ata a súa modificación (probablemente antes de final de ano).    No caso da paga extra, dado que entenden que, dun xeito ou outro, nola van a quitar este ano,  xa procederon este mes a variar as retencións por IRPF, baixando as porcentaxes correspondentes, pero non deron instrucións ningunha de proceder á retención mensual. Isto non quere dicir que, se finalmente se produce a dedución mensual da extra ou en decembro a dedución total, no momento no que teñamos a primeira nómina na que varíe o soldo, vexamos as posibilidades de recurrila, ben polos efectos retroactivos, ben pola desigualdade co resto de funcionarios públicos, ben porque a LOPX ainda non teña

NOVAS SOBRE OS CURSOS DE GALEGO

   Segundo conversas mantidas no día de hoxe coa EGAP, contrariamente ao manifestado antes do verán, mostrouse por parte da nova responsable (e así nolo transmitiu a Xefa de Estudos), un interese alto en tratar de convocar todos os cursos de galego (incluso os que se suspenderon), sen ter que cobrar por eles . De momento non se teñen máis novas e, segundo avance setembro, nos irán informando. Por parte da CIG propúxose que, no caso de convocarse finalmente cursos con taxas de inscrición  por non poder xuntar o orzamento necesario, se convoquen os mesmos de xeito xenérico para TODAS as funcionarias/os, independentemente de si están destinados tanto dentro como fora da comunidade autónoma.

OFERTA DE PRAZAS XESTIÓN-PROMOCION INTERNA OP2011

    O Ministerio de Xustiza trasladounos no día de hoxe as prazas que se van a ofertar, no seu territorio, aos opositores do corpo de Xestión da quenda de promoción interna da OP2011.    Así mesmo, a Dirección Xeral de Xustiza de Galiza, tamén comunicou as prazas que van a ser ofertadas dentro do territorio  da comunidade autónoma. Listaxe de prazas territorio Ministerio Listaxe de prazas territorio Galiza

CURSOS DE LINGUAXE GALEGA

   No DOG do mércores 22 de agosto publícase a ORDE do 7 de agosto de 2012 pola que se convocan, con carácter gratuíto , cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia .    Lembrade que os cursos de linguaxe administrativa galega son equivalentes aos cursos de linguaxe xurídica galega segundo a Orde do 3 de marzo de 2004 Nova sobre cursos de linguaxe galega.

QUEREN EMPEZAR A DESPEDIR EMPREGADOS PÚBLICOS

  O PP ten preparado xa o borrador do “Proxecto de Real decreto polo que se aproba o regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada”. Un texto co que se pretenden incorporar as modificacións aprobadas na reforma laboral ao Estatuto dos Traballadores/as e que afecta a todos os sectores, incluídas as administracións públicas e, xa que logo, á Xunta de Galiza.    Na senda de liquidación das Administracións Públicas que leva emprendida o PP, introdúcese agora o elemento máis devastador de todos cantos cabía esperar: A REGULACIÓN DO DESPEDIMENTO COLECTIVO NO SECTOR PÚBLICO.    Dende a CIG faise un chamamento a todos/as empregados/as públicos/as a continuar mobilizándose contra todas as medidas de destrución das Administracións Públicas e dos Servizos Públicos.      Podes ollar a nova completa facendo clic na seguinte ligazón: https://docs.google.com/open?id=0B1Ch8kTx8o5oaWo4RFBscDVrYlk

LISTAXES PROVISIONAIS "DEFINITIVAS" - CONCURSO 2012

   O Ministerio, fora de todo pronóstico, trasladounos e publicou xa o venres día 3 as novas listaxes provisionais do concurso de traslados, a ver se desta vez vai a vencida e non hai moitos erros.     Non vos esquezades de comprobar o Anexo III co voso DNI aínda que vos deran destino, para verificar que a instancia estea correctamente gravada. Tedes de prazo para formular alegacións ata o vindeiro 15 DE SETEMBRO.

CONVOCATORIA CURSOS EGAP

   Comunícasenos por  parte da EGAP que o vindeiro 9 de agosto de 2012 publicarase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 30 de xullo de 2012 da dirección da Escola Galega de Administración Pública pola que se convocan as accións formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 10 de agosto de 2012 as 08:00 h e rematará o 10 de setembro as 14:00 h . O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP e non serán admisibles outros modelos de solicitude. Faise recomendable facilitar conta de correo electrónico e teléfono móbil para enviar mensaxes ás persoas seleccionadas.    Para calquera consulta ou dúbida podedes poñervos en contactos coa EGAP nos seguintes:                              Teléfonos 981 54 62 46/981 54 62 57                              Fax: 981 54 63 39                              En

ULTIMAS NOVAS CONCURSO TRASLADOS - XA ESTAMOS COS PROBLEMAS!!!

   O Ministerio acaba de trasladarnos unha nota informativa de última hora pola que, debido a problemas informáticos, se deixa sen efecto a resolución provisional do concurso ata o vindeiro luns 6 de agosto , polo que toda a información facilitada ata este momento carece de validez.     Unha vez máis o Ministerio sorpréndenos cunhas listas "provisionalísimas" que non teñen validez ningunha, parece como se este fora o primeiro concurso que preparan. En fin, que sería un concurso de traslados na administración de xustiza sen estes disque disque ao que tanto nos ten acostumado o Ministerio.