Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2007

NOTAS DE PROMOCION INTERNA AO CORPO DE TRAMITACION

O vindeiro examen esta fixado para o vindeiro 14 de abril

REUNIÓN CO NOVO MINISTRO DE XUSTIZA EN MADRID

A CIG reúnese co novo Ministro de Xustiza Sr. Fernández Bermejo Pouco máis que cordial pode decirse da xuntanza mantida onte día 28-3-2007 na Mesa Sectorial con motivo da presentación como novo Ministro de Xustiza de D. Mariano Fernández Bermejo e o seu gabinete. Nesa xuntanza expuxémoslle que, a pesar de quedar un ano para rematar a lexislatura, existen grandes temas que o anterior equipo deixou pendentes de resolver, tales como levar efectivamente adiante a reforma da oficina xudicial, da Lei Orgánica do Poder Xudicial e da Lei de Demarcación e Planta, o feito da carencia dun orzamento específico e suficientemente amplo para afrontar con garantías dita reforma, a necesaria implantación dos xulgados de proximidade e de potenciación do sistema arbitral e, como non, a dos xulgados de violencia de xénero exclusivos, onde se fixo fincapé na súa problemática actual. O Sr. Ministro indicou que, efectivamente, algúns destes temas estaban xa catalogados com

CORTE OPOSICIÓN INGRESO CORPO DE AUXILIO

O Tribunal acordou a anulación de la pregunta nº 41, e fixar os cortes en: Andalucía 70,25 puntos Canarias 63,50 puntos Cataluña 58,50 puntos C. Valenciana 65,00 puntos Madrid 69,25 puntos Navarra 70,50 puntos País Vasco 68,75 puntos Resto Península y Baleares puntos. Turno de discapacitados todos los ambitos 50,00 puntos

RATIOS DE APROBADOS NA FASE DE PROMICION INTERNA AO CORPO DE XESTION

Visto o estudio de aprobados para a promoción ao Corpo de Xestión, e o que tamén pasou na promoción ao Corpo de Secretarios, a espera do que pase na de Tramitación, a CIG pensa que o Ministerio de Xustiza, acaba de rachar a promoción interna , convertindoa nunha "oposición" pura e dura, esto non é o espiritu dunha promoción interna. Dende CIG estamos a preparar un escrito de protesta para remitirllelo ao Ministerio de Xustiza a Madrid, e demandamos que tal e como no seu día xa propuxéramos, nas bases das convocatorias futuras se fixen os ratios de xente que ten que pasar en cada fase do concurso-oposición, non deixando este tema nas mans dos tribunais.

NOTAS DE PROMOCION INTERNA AO CORPO DE XESTION

Na paxina do Ministerio podedes ver os listados de aprobados nos diferentes ambitos da promoción interna ao corpo de Xestion. Sorte a todos e todas para o segundo exame, que sera o vindeiro 15 de abril as 9:30 horas. A paxina do Ministerio podedes vela picando no enlace que tedes na marxen dereita desta folla.

CONVOCATORIA BOLSAS DE RESERVAS DE INTERINOS

A Dirección Xeral de Xustiza, ven de convocar no día de hoxe, bolsas de traballo, cupo de reservas para cubrir postos de traballo da Administración de Xustiza, nas 4 provincias, tanto as bases como instancia e prazos podense consultar no DOG de data 20/3/07, o prazo é de 15 días é remata o vindeiro 4 de abril. enlace do DOG: http://xunta.es/Dog/Dog2007.nsf/FichaSeccion/A0D6?OpenDocument

OPOSICION PROMOCION INTERNA

OPOSICIÓNS PROMOCIÓN INTERNA AO CORPO DE XESTIÓN NOTAS DE CORTE Segundo o publicado na páxina web do Ministerio polo Tribunal Calificador, establécese a nota máxima do exercicio en 98 puntos, ao anularse a pregunta nº 31. A nota de corte por cada ámbito territorial e para os opositores que acceden a través da quenda de reserva de discapacitados é a seguinte: *Andalucía 67 *Canarias 67 *Cataluña 73 *Valencia 63 *Madrid 73 *País Vasco 73 *Resto península e Baleares 73 *Reserva de discapacitados en tódolos ámbitos territoriais 55 A data para a celebración do segundo exame está prevista para o día 15 de abril, aínda que non é oficial.

A CIG. REXEITA A CONXELACION SALARIAL ASINADA POR CC.OO, UXT e CSI-CSIF EN MADRID

A CIG REXEITAO ACORDO DA MESA XERAL DE MADRID NA QUE SE FIXAN AS RETRIBUCIÓNS DAS EMPREGADAS/OS PÚBLICOS. A CIG-Sector de Xustiza rexeita, polas seguintes razóns, o Acordo da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, asinado entre os representantes das distintas Administracións (Estado, Autonómica, Local e Xustiza) e os Sindicatos Estatais CCOO, UGT e CSIF, que supón unha suba salarial do 2% con carácter xeral e un 1% para chegar a abonar, en tres anos, o Complemento Específico nas pagas extras: 1. Estamos nun escenario de superávit orzamentario no 2006 de moitos miles de millóns de euros. 2. O IPC interanual harmonizado está no 3´8%, polo que seguimos a perder poder adquisitivo. 3. Este acordo supón o incumprimento do asinado no ano anterior cos mesmos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, no que se pactou incorporar o específico nas pagas extras ao final da lexislatura (2 anos), adiándose agora un ano mais, polo que queda en entredito a credibilidade dos acordos asinados con ant

LISTADO DE PRAZAS VACANTES EN GALIZA

Este é o listado que nos pasou a Conselleria de Xustiza, de prazas vacantes e desertas na Galiza. Se coñecedes algunha outra comunicade con nos a medio de correo cigxustiza@hotmail.com A CIG PIDE QUE SE CONVOQUEN TANTO DESERTAS COMO VACANTES COMO REFORZOS DE MAIS DE 2 ANOS A Confederación Intersindical Galega, CIG. ven de, solicita que se convoquen todas as prazas existentes na nosa Comunidade tanto vacante como desertas, así como tamén que se inclúan as Secretarias de Paz vacantes, toda vez que fai mais de 5 anos que non se convocan, e que na actualidade xa non existe ningunha diferencia entre os Corpos de Xestión e de Secretarios de Paz pois a categoría “de a extinguir” esta eliminada, pasando todos e todas a integrarse ven no corpo ou na escala de Xestión, polo que non é de recibo que durante mais de 5 anos non se convoquen ditas prazas. Solicitamos así mesmo que as prazas de reforzo con mais de 2 anos de antigüidade tamén ten que ser convocadas como vacantes, pois os reforzos xa