Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2022

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 31/08/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 1, 2 e 5 de setembro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da  Resolución do 18 de maio de 2022  que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1HHhczwidYHVclxzo7GjVNFq_FaWUvesu/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta.gal/detall

INICIO DO PRAZO PARA ELECCIÓN DE BOLSA DO PERSOAL INTERINO

Hoxe comeza o prazo de elección de bolsa para o persoal interino, polo que aquelas persoas aspirantes que estean incluídas en bolsas de distintos corpos ou, en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. O prazo para elixir bolsa (10 días hábiles) habilitarase entre o 29 de agosto e o 9 de setembro.  É importante realizar esta elección xa que, de non facelo no prazo indicado, a/o participe será expulsado de todas as bolsas. Ligazón OPAX: https://www.xunta.es/sxpa/AIX/

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL POR REDUCIÓN DE XORNADA

Publicouse no DOG do 26 de agosto a RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, financiadas con fondos REACT- UE, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI440A). Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220826/AnuncioG0656-120822-0005_gl.pdf

CURSO SUPERIOR EN PROTECCIÓN DE DATOS

A EGAP e a Amtega organizan un curso superior en protección de datos, en modalidade mixta, que terá lugar entre o 26 de setembro e o 19 de decembro. Matrícula: desde as 8 horas do 27 de agosto ata as 23.55 horas do 18 de setembro en  https://egap.xunta.gal/matricula Ligazón: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4018

ALEGACIÓNS REBAREMACIÓNS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO

A CIG, ante os variados criterios aplicados pola Dirección Xeral de Xustiza sobre a baremación de méritos levados a cabo no actual proceso de selección de persoal interino para as bolsas de xustiza, remitiu escrito a dita dirección xeral solicitando a urxente convocatoria da Comisión Paritaria establecida no artigo 5 da vixente regulamentación, co obxecto de que a administración expoña ditos criterios no seo de dita comisión.  "3. A Comisión Paritaria de Interinos será a encargada da vixilancia, control e seguimento da correcta aplicación do contido na presente orde. Así mesmo, resolverá as cuestións interpretativas que poidan xurdir coa finalidade de aplicar criterios homoxéneos e evitar posibles contradicións." Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1lamvKDEW_6vhndV2UXld78xyFF3I398C/view?usp=sharing

CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Publicouse no DOG do 19 de agosto a RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220819/AnuncioO150-260722-0001_gl.pdf  

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS CELGA

Publicouse no DOG do 19 de agosto a RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. Lembrade que os cursos de linguaxe administrativa galega son equivalentes aos de linguaxe xurídica galega. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220819/AnuncioG0655-280722-0001_gl.pdf

NOVAS LISTAXES RESULTANTES DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO

Finalmente publicáronse na páxina web da consellería as novas listaxes resultantes correspondentes ás bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza tras efectuarse a rebaremación do apartado correspondente á formación continua de determinadas solicitudes. Listaxes resultantes de persoas admitidas: Corpo auxilio xudicial A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Corpo de tramitación procesual e administrativa A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Corpo de xestión procesual e administrativa A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Listaxes resultantes de persoas excluídas: Corpo auxilio xudicial A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Corpo de tramitación procesual e administrativa A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Corpo de xestión procesual e administrativa A Coruña Lugo Ourense Pontevedra  

PRÓXIMA PUBLICACIÓN DAS NOVAS LISTAXES RESULTANTES DAS BOLSAS DE INTERINOS

Na confección das listaxes resultantes correspondentes ás novas bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza publicadas o pasado 29 de xullo, a baremación do apartado correspondente á formación continua de determinadas solicitudes realizouse aproximando a dous decimais, cando o criterio xeral empregado foi o de aproximar a un decimal. Por esta razón cómpre publicar de novo as listaxes resultantes das persoas admitidas e excluídas aplicando para todos os casos o criterio xeral. As novas listaxes publicaranse mañá venres 19 de agosto na intranet, na páxina web da Consellería e na OPAX.

PUBLICACIÓN DEFINITIVA ADXUDICACIÓN PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 20/07/2022

Publicouse na intranet e na páxina da consellería a Resolución de 10 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 20 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/c/document_library/get_file?file_path=/conselleria-3/non-indexar/comision-servizos/220810-adxudicacionprovisional-20xullo-comisions-servizo.pdf

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 4 agosto, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.  Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal nesa mesma data.   Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1vJDi39Ww5QvWamFPgyWOv_nHRoQcjRYE/view?usp=sharing

RESOLUCIÓN PROVISIONAL ADXUDICACIÓN PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS

Saíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 4 de agosto de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 20 de xullo de 2022. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (9 de agosto), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1RNWW7Q4XyytLVIWZWumOskMjOeOUdsDl/view?usp=sharing

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 04/08/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 5, 8 e 9 de agosto.   A solicitude poderase cubrir dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da  Resolución do 18 de maio de 2022  que vos deixamos na segunda ligazón e que, unha vez asinado tamén de xeito dixital a cal, mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX, a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1ROUMkcECzr3lEvHCTioa5pK-dCbXIFGC/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunt

CONTESTACÍÓN DA XUNTA Á ELECCIÓN DE BOLSA DAS INTERINAS BAREMADAS/OS

Pola Dirección Xeral indicóusenos, en contestación a dúbida trasladada, que todas as persoas admitidas, tanto as incluidas nas bolsas de traballo ou de reserva como as persoas baremadas, deberán elixir bolsa no periodo comprendido do 29 de agosto ao 9 de setembro. No momento en que accedan a OPAX terán habilitada a opción de escoller bolsa todas as persoas admitidas. Só no caso de que solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección. A CIG discrepa desta interpretación, á vista do literalmente establecido na orde regulatoria, xa que os únicos que están realmente incluídos nas bolsas respectivas son os que figuran en traballo ou en reserva.   "6. Cada aspirante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, polo que, no caso de que un aspirante, tras a publicación das listas previstas no punto 5, * estea incluído en bolsas de distinto corpo, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única en q

PETICIÓN DE ACLARACIÓN SOBRE O DEBER DE ELECCIÓN DE BOLSA DO PERSOAL INTERINO BAREMADO

O pasado venres a Dirección Xeral publicaba as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais da Administración de Xustiza. Na Resolución especificase que aquelas persoas que estean incluídas en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na que desexen quedar no prazo de 10 días hábiles (do 29 de agosto ao 9 de setembro) baixo pena de entender que desisten de todas as solicitudes no caso de non facelo. Este sindicato considera que existen dúbidas en canto a aquelas persoas que non figuran nin nas bolsas de traballo nin nas de reserva, que segundo a literalidade da orde non teñen que escoller, quedando en todas as listaxes nas que figuran como “baremadas”. Sen embargo é moi posible que, coas escollas e as renuncias, persoas que agora figuran baremadas pasen a formar parte das bolsas definitivas. Por este caso remitimos o presente para que por parte desa D