Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

FORMACIÓN PRESENCIAL DO EXPEDIENTE XUDICIAL ELECTRÓNICO

A Dirección Xeral ven de comunicar o calendario coas datas planificadas para as sesións por cada provincia para a  primeira quincena de decembro, dentro do plan de reforzo presencial do coñecemento e uso operativo do EXE nos órganos xudiciais, enfocado á formación do expediente xudicial dixitalizado e á realización das comunicacións telemáticas: Provincia Municipio Órgano Data Horario Pontevedra Vigo Sección 6 AP 01/12/2022 9h-11:30h Ourense Xinzo de Limia Mixto 1 02/12/2022 9h-11:30h* A Coruña Santiago Sección 6 AP 02/12/2022 9h-11:30h Lugo Lugo Sección2 AP 13/12/2022 9h-11:30h Pontevedra A Estrada Mixto 1 13/12/2022 9h-11:30h Pontevedra A Estrada Mixto 2 13/12/2022 11:45h-14:15h Pontevedra Pontevedra Mercantil 1 14/12/2022 9h-11:30h Pontevedra Pontevedra Mercantil 2 14/12/2022 11:45h-14:15h *Reforzo en sala de vistas

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 22 de novembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida nesa mesma data, á Dirección Xeral de Xustiza, por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal. Ligazón:  https://drive.google.com/file/d/17DijZ-X5KZXZPFysPL77rY_JyS1L2Q3K/view?usp=sharing

MOBILIZACIÓNS O 2 DECEMBRO CONTRA A LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA

O Ministerio pretende: • Reducir os centros de destino. • Transformación automática dos cadros de persoal actual nas futuras unidades sen negociar. • Mobilidade funcional e xeográfica do persoal e a asignación de funcións correspondentes a outros centros de traballo distintos daquel en que se está destinado. • Confundir a compatibilización de funcións co desempeño conxunto de diferentes postos de traballo adscritos a diferentes Relacións de Postos de Traballo. • Non incluír á MUGEJU como centro de destino para o persoal da Administración de Xustiza, nin á Fiscalía Europea en España. • Dilatar no tempo a confección das relacións de postos de traballo. Todo isto vai a afectarnos: • Na redución da mobilidade e manter un posto de traballo concreto na oficina xudicial. • Non garante os actuais centros de destino nin as retribucións e demais dereitos laborais. • Haberá unha redución de postos de traballo e supresión de servizos que presta a Administración de Xustiza. • Baleirase de contido á

MESA DE FORMACIÓN 28/11/2022

O luns 28 de novembro tivo lugar, con carácter previo á convocatoria de cursos, a mesa de formación de Xustiza Este luns 28 de novembro tivo lugar, con carácter previo á convocatoria de cursos, a mesa de formación de Xustiza (videoconferencia) para analizar as alegacións e propostas realizadas na xuntanza de traballo do día 10 do presente mes. Por parte da Dirección Xeral comunicóusenos: - A eliminación do curso de "Concurso de Persoa Física" debido á Lei 16/2022. - A convocatoria de oito novos cursos no ámbito civil, penal, contencioso-administrativo e laboral. - Que os cursos de galego xestiónanse pola EGAP baixo a oferta previa que realiza Política Lingüística. Non obstante tentarán ampliar esa oferta. - Que ao longo do día de hoxe  nos darán traslado ás OOSS da partida orzamentaria da que dispón a Dirección Xeral para formación. - Que a formación por parte da AMTEGA estase a realizar periodicamente, sendo intención extendela a todos os funcionarios, Lax, Xuices... - En ca

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 25/11/2022

Saíu publicada na intranet a Resolución do 25 de novembro de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 2 de decembro) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asinar e pr

PUBLICADA A NOVA RPT DO IMELGA

Publicouse no DOG do 24 de novembro, tal  e como xa adiantaramos na nova do pasado martes 22, a ORDE de 15 de novembro de 2022 pola que se modifica a relación de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221124/AnuncioV0654-171122-0001_gl.pdf

INUNDACIÓNS EN DEPENDENCIAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN PONTEVEDRA

Hoxe producíronse serios problemas de filtracións de auga no edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra, sita na Rúa Rosalía de Castro. O sector Xustiza do sindicato CIG ven denunciando estas e outras situacións de mal mantemento das instalación xudiciais da provincia de Pontevedra. Non é a primeira vez que se producen filtracións e problemas de humidades e mal mantemento nos edificios xudiciais. Fai un tempo, no edificio antigo de Tui caeu un pasillo enteiro de falso teito e, sen ir maís lonxe, no local que fora sede dos xulgados contencioso-administrativos, situado na rúa Xermán Adrio, onde se atopan aínda arquivos, producíronse dúas inundacións nos últimos tempos; no edificio novo da Parda tamén se teñen rexistrado pingueiras e os arranxos redúcense a instalar unha prancha metálica para desviar a auga que cae no interior; existen baldosas rotas que non son repostas pola empresa encargada no seu día da realización do edificio, dentro da garantía establecida e un longo etcetera de

CONCENTRACIÓN EN MADRID EN PROTESTA POLA NON NEGOCIACIÓN DA LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA

Persoal e sindicatos do Sector de Xustiza, entre os que se atopaba a CIG, concentráronse este martes 22 de novembro diante do Ministerio de Xustiza, en demanda da negociación da Lei de Eficiencia Organizativa do Servizo Público de Xustiza para garantir as condicións laborais, os centros de destino e as funcións dos funcionarios. Denuncian que o Ministerio se nega a negociar cos representantes dos traballadores algo tan esencial como son as súas condicións laborais e anuncian novas mobilizacións nos centros de traballo o 2 de decembro, ás 10:00h. Previo á protesta desta mañá, representantes dos sindicatos quedaron pechados, até que foron desaloxados, contra as 21:00 horas deste luns, no interior do Ministerio de Xustiza, á espera da comparecencia da ministra Pilar Llop ou doutro alto membro do seu equipo. Comparecencia que nin se deu onte, nin agardan que se produza. Ligazón nova: https://cig.gal/nova/concentracion-no-ministerio-de-xustiza-pola-negativa-a-negociar-as-c

NOVO AVISO DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 22/11/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 23, 24 e 25 de novembro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/14R1N_vRqSMe79a-FMO__OxANlegVp732/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 08/11/2022

Publicouse na intranet e na páxina da consellería a Resolución de 22 de novembro de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 20 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1_ASwULOCODeEdEaM0hmT9JVjkhWnSetb/view?usp=sharing

ENCERRO NO MINISTERIO DE XUSTIZA REIVINDICANDO A NEGOCIACIÓN DA LOE

Na mesa de negociación celebrada hoxe, 21 de novembro, para negociación dos procesos de estabilización, os sindicatos STAJ, CCOO, UXT e CIG esiximos a presenza dalgún alto cargo do Ministerio, con capacidade de decisión, para que dea resposta á esixencia de convocatoria inmediata de mesa de negociación sobre a LEI ORGÁNICA DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA, así como do resto de reivindicacións presentadas ao Ministerio estes días. Os representantes dos sindicatos quedaremos nas dependencias do Ministerio ata que algún cargo con poder de decisión faga acto de presenza e escoite as reivindicacións sindicais. Alégranos ver que o representante de CSI-F na reunión de hoxe tamén vai permanecer nas dependencias ministeriais adheríndose á nosa protesta. Lembrámosvos que mañá día 22 de novembro STAJ, CCOO, UXT e CIG convocan un CONCENTRACIÓN fronte á sede do Ministerio de Xustiza no número 45 da rúa San Bernardo de Madrid, ás 12 horas. Do mesmo xeito, están convocadas concentracións nos centros de tra

LISTAXE DE APROBADOS CORPO DE XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2019

Na páxina web do Ministerio de Xustiza fixéronse públicas as relacións de aspirantes de cada ámbito territorial, por orde alfabética, que alcanzaron o mínimo para superar o exercicio, establecido no apartado 1.1. do Anexo I (I-A fase de oposición) da orde de convocatoria, con indicación da puntuación obtida. Os aspirantes non incluídos nas devanditas relacións de aprobados teñen a consideración de non aptos e quedan excluídos do proceso selectivo. Asi mesmo publicáronse tamén as notas reservadas, no seu caso, da convocatoria 2017-2018. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20TRIBUNAL%20CALIFICADOR%20%C3%9ANICO%20EJERCICIO%20%C3%9ANICO.pdf Ligazón listaxes aprobados: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/GESTION_P_APROBADOS.xlsx

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE ACCESO AO GRAO I OU GRAO II DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

No DOG de hoxe sae a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle da publicidade ao  Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba o Acordo do 14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza En consecuencia: 1) A partir do luns 21 de novembro e ata o 13 de decembro, todos os corpos poderán solicitar, a través da OPAX,  o Grao I  2) A partir do luns 21 de novembro e ata o 13 de decembro os tramitadores e auxilios que teñan o grao I poderán solicitar o grao II 3) A partir do 02/02/2023 e ata o 23/02/2023 os médicos forenses e xestores que teñan o grao I poderán solicitar o grao II Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221118/AnuncioV0654-161122-0002_gl.pdf   Ligazón instrucións:

LISTAXES APROBADOS FASE DE OPOSICIÓN PROMOCIÓN INTERNA TRAMITACIÓN - OEP 2019

Publicaronse na páxina web do Ministerio as listaxes de aprobados, da fase de oposición, das probas selectivas para acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa por promoción interna. APROBADOS FASE DE OPOSICIÓN TRAMITACION PI Acordo Tribunal Calificador Unico aprobados Tramitación Ministerio J. aprobados Tramitación PI Andalucía aprobados Tramitación PI   Asturias aprobados Tramitación PI   Canarias aprobados Tramitación PI Cataluña aprobados Tramitación PI

PUBLICACIÓN NO DOG DO NOVO ACORDO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Publicouse no DOG do 17 de novembro a RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 3 de novembro de 2022 polo que se aproba o Acordo do 28 de outubro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CIG E CC.OO. para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza. Agora hai que agardar á publicación do acordo polo que se convoca o procedemento para o acceso extraordinario aos graos I e II que, posiblemente, sexa na semana que ven. En base a este acordo concederase o prazo de 15 días para poder solicitar o acceso aos graos indicados. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221117/AnuncioV0654-161122-0001_gl.pdf  

APROBACIÓN DA NOVA RPT DAS OFICINAS FISCAIS DE GALIZA

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022 pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221117/AnuncioV0654-091122-0001_gl.pdf  

PROBLEMAS NA PROBA FINAL DA FORMACIÓN DO REFORZO AXE

Detectouse unha incidencia na plataforma de teleformación de Xustiza que impedía a realización da proba final do Reforzo AXE, que tiña lugar o 16 de novembro ás 10:00 h. Por este motivo, ábrese unha nova convocatoria o 17 de novembro,  no mesmo horario (10:00 horas e 17:00 horas), cunha duración máxima de 20 minutos desde que se inicia.

NOVAS PROPOSTAS EN FORMACIÓN

O pasado 10 de novembro, con carácter previo á próxima convocatoria da mesa de formación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, tivo lugar unha reunión de traballo (videoconferencia) para analizar a programación de formación continua da EGAP para o ano 2023. No seu día pasamos información (BLOG) sobre as alegacións que presentamos, as cales ampliamos en base á información pasada pola EGAP, coas listaxes dos cursos recollidos na oferta de formación específica do ano 2022 (número de horas, edicións de cada curso, cociente de peticións). Así mesmo puntualizar que aínda falta que nos dean traslado da partida orzamentaria para este próximo ano. ALEGACIÓNS A MAIORES EN BASE AOS DATOS REMITIDOS POLA EGAP: PRIMEIRO- dúas edicións dos seguintes cursos: Asistencia Xurídica Gratuíta, Atención as vítimas do delito e información á cidadanía e As reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito civil e tamén penal (FX22024/025). SEGUNDO.- un curso máis amplo de prevenc

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 08/11/2022

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 16 de novembro de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 8 de novembro de 2022. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 21 de novembro), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1xZ8crN5j0RVDpiZ0ASjWnYVJcjr8AeBF/view?usp=sharing  

CREACIÓN DE NOVOS ÓRGANOS XUDICIAIS EN GALIZA

Infórmase da aprobación e publicación do Real Decreto 954/2022, de 15 de novembro , de creación de setenta unidades xudiciais correspondentes á programación de 2022 e adecuación da planta xudicial . Estando prevista a creación de tres novos xulgados en Galicia, no marco de desenvolvemento da planta xudicial correspondente ao ano 2022, esta dirección xeral propón un cadro de persoal similar aos outros dous xulgados da mesma xurisdición. O que se lles comunica aos efectos de que poidan presentar alegacións ata este vernes día 18 de novembro ata as 15:00 h , para á vista destas, solicitar o preceptivo informe ao CGPX e aprobación ao Ministerio de Justicia. De non formularse alegacións neste prazo estipulado entenderase que existe conformidade coa proposta remitida .  *Indicar ao respecto do cadro de persoal correspondente ao Xulgado de Primeira Instancia nº 15 que se adapta á especialización de familia, solicitada no seu día polo CXPX. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/

WEBINARIO - A AUTOMATIZACIÓN DE TAREFAS NOS ÓRGANOS XUDICIAIS "LA LEY"

Neste webinario de "La Ley" intentarase dar respostas, entre outras, a estas cuestións:  ¿Que significa todo isto e que impacto terá na xestión dos procedementos xudiciais?  ¿Ten sentido falar de automatización de tarefas na tramitación de procedementos xudiciais?  ¿Que tipo de trámites poden automatizar os Xulgados?  ¿Que ensinanzas pode sacar a Xustiza do camiño percorrido pola administración tributaria?  ¿Ten sentido falar de “xuíces-robots” no sentido de intervención humana residual en certo tipo de procesos de escasa contía? Ligazón "La Ley":  https://esinfo.wolterskluwer.com/automatizacion-organos-judiciales?utm_medium=email&utm_source=WKES_LEG_ACQ-Automatizacion-Organos-Judiciales-1122-EM3_%2F110000543&utm_campaign=WKES_LEG_ACQ_Automatizacion-Organos-Judiciales-1122-LFM_%2F110000543&utm_source_system=Eloqua&utm_econtactid=&elqTrackId=F68A2D14CE3F77C6BAE4D8BF1F7588ED&elq=425d9c3ee63c4589bfe606f18a3955f2&elqaid=4425&elqat=1&

DATA E LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA OBTENCIÓN DO CELGA 4, 3 E 2

CELGA 4 IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela Porta A: aulas 0 - 9 Porta B: aulas 11 – 16 Listaxes aulas proba escrita 19 de novembro Celga 4 Santiago de Compostela Listaxes aulas proba escrita 20 de novembro Celga 4 Santiago de Compostela EOI de Ponferrada Porta única Listaxes aulas proba escrita 19 de novembro Celga 4 Ponferrada Listaxes aulas proba escrita 20 de novembro Celga 4 Ponferrada Datas de realización das probas - Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 19 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G. 20 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S. – Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 26 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas. – Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 27 de novembro de

RESOLTO DEFINITIVAMENTE O CONCURSO ESPECÍFICO DA FISCALÍA DE COMPOSTELA

Publicouse a Resolución do 25 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía de Área de Santiago de Compostela Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221111/AnuncioV0654-031122-0004_gl.pdf

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 7 de novembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida nesa mesma data, á Dirección Xeral de Xustiza, por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1KgB1ZdQM45jRUv_mFfGkQb2nMBqAj6qM/view?usp=sharing    

INICIAMOS MOBILIZACIÓNS CONTRA O MINISTEIRO POLOS SEUS INCUMPRIMENTOS

      STAJ, CCOO, UXT E CIG INICIAMOS AS MOBILIZACIÓNS CUNHA CONCENTRACIÓN ANTE O MINISTERIO DE XUSTIZA O 22 DE NOVEMBRO ESIXIMOS:     • A negociación inmediata da Lei de Eficiencia Organizativa         ◦ Non á flexibilidade nos destinos nin á duplicidade de tarefas para máis dun centro de traballo         ◦ Garantías para salvagardar nosas actuais condicións de traballo         ◦ Non á imposición sen negociar das novas Relacións de Postos de Traballo     • A mellora da Promoción Interna         ◦ Recuperación do 50% das prazas da OEP         ◦ Convocatoria con carácter inmediato dun proceso extraordinario de Promoción Interna por concurso (sen exames)     • A negociación, implantación e retribución inmediata da Carreira Profesional en todos os ámbitos territoriais     • A negociación do Regulamento do novo Rexistro Civil e as súas RPTs.     • A convocatoria dun concurso de traslado extraordinario con todas as prazas vacantes e sen conxelación de dous anos.   Ante os continuos ataques

MESA DE FORMACIÓN 10/11/2022

Hoxe tivo lugar, por videoconferencia, a xuntanza da mesa de formación á que asistiron as persoas responsables da EGAP.    Por parte da Escola trasladóusenos a alta porcentaxe de participación nos cursos neste ano, e tamén que pensan convocar para o ano 2023 un curso da reforma concursal (máis extenso) e outro de xurisdición voluntaria coas novas reformas; tamén se comentou a petición do Imelga de que a formación específica se tratara directamente con eles, ademais de non ser somentes para os médicos e médicas forenses, senón ademais para sicologos/as e traballadores/as sociais.   Quedou pendente por parte da EGAP remitirnos os datos dos cursos deste ano coa participación, así como a partida orzamentaria para o ano 2023.    Por parte da CIG solicitamos a realización dos seguintes cursos, independentemente dos que se poidan propoñer en base aos datos que nos remitan do ano 2022 coas súas porcentaxes.   Primeiro.- Aumentar as edicións dos cursos de galego, xa que o ano pasado somente

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA ACCIÓN SOCIAL 2022

Saíu publicada a Resolución do 25 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás  axudas do fondo de acción social do ano 2022  para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. O acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase  a través da OPAX , co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal. O pagamento tense que face r antes de que acabe o ano 202 2, polo que case con total seguridade farase ao longo deste mes de novembro. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221110/AnuncioV0654-031122-0003_gl.pdf  

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 08/11/2022

Saíu publicada a Resolución do 8 de novembro de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 15 de novembro) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asinar e presentar den

MESA SECTORIAL MINISTERIO - 07-11-2022

Hoxe asistimos, xunto coas ooss, Ela, Ccoo, Ugt, Staj e Csif á Mesa Sectorial no Ministerio de Xustiza. Na mesma tratáronse os seguintes temas: INFORMACION E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN SOBRE O PROXECTO DE LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA O ministerio informa que está xa no seu último tramo e contan que se aprobe entre finais deste ano e principios do ano que ven. A lei de eficiencia dixital e a lei de eficiencia procesal estarán publicadas a finais do primeiro trimestre do 2023. Dende a CIG opuxémonos a que o Ministerio se negue a negociar previamente esta norma xa que afecta seriamente ás condicións de traballo e tente facelo unha vez publicada a norma. O Secretario Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, que presidía a mesa, afirmou que trasladaría dentro do ministerio estas inquedanzas e que se negociarán todas as condicións que nos afecten.   BASES DE ESTABILIZACIÓN - PROCESOS SELECTIVOS LEI 20/21 Empezáronse as negociacións para a convocatoria deste

NOVO AVISO DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 07/11/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 8, 9 e 10 de novembro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1aAooDaDvVW6jMuktmMCVb4_Wid9szEdp/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta.ga

ÚLTIMA HORA SOBRE LISTAXES URXENTES DE LAX SUBSTITUT@S

O prazo remata o martes 8 de novembro.   Hai que presentar un escrito coa documentación, tal e como se establece na Base Decimosexta "...16ª. Ata a entrada en funcionamento das bolsas que se constitúan conforme a esta resolución, na provincia na que non existan candidatos na lista principal nin na de reserva das bolsas vixentes poderán ser chamados aqueles que cumpran os requisitos para formar parte das mesmas conforme ao disposto na Base Oitava (8ª). A este fin, as persoas interesadas dirixirán a súa solicitude na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Se ditas solicitudes foran presentadas a través das oficinas de correos deberán ir en sobre aberto para ser datadas e seladas polo persoal correspondente antes de ser certificadas, achegando a acreditación dos requisitos de experiencia realizando substitucións, exercicios de oposición aprobados e antigüidade no corpo de xestión no seu caso. As

PRÓXIMA PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS DE ACCIÓN SOCIAL

Comunicóusenos pola Dirección Xeral que, a publicación no DOG da resolución definitiva de Acción Social 2022 de Xustiza, será o vindeiro 10 de novembro. Por outro lado, tamén se indicou que houbo un erro nos cálculos das contías que se indicaran na última reunión. Unha confusión ao marcar de forma erronea  uns solicitantes no grao que indicaban, polo que ao situalos no grao correcto que en realidade lles correspondía, variaron algo as cantidades. As contía a percibir serían: Tramo 1: 87,24 € Tramo 2: 174,59 € Tramo 3: 349,18 €  

RECOÑECEMENTO DE ENFERMIDADE PROFESIONAL E ACCIDENTE EN ACTO DE SERVIZO - MUXEXU

Publicouse no BOE do 4 de novembro a Orde JUS/1052/2022, do 31 de outubro , pola que se regula o procedemento para o recoñecemento dos dereitos derivados de enfermidade profesional e de accidente en acto de servizo ou como consecuencia del, no ámbito do mutualismo administrativo xestionado pola Mutualidade Xeral Xudicial.  Ligazón BOE: https://www.boe.es/buscar/pdf/2022/BOE-A-2022-18104-consolidado.pdf