Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2010

ACCIÓN SOCIAL 2010

No DOG do día 26 de maio de 2010 saiu publicada a acción social deste ano na que se manteñen os mesmos programas e, as contías do fondo, só foron actualizadas coa subida de inicio do ano pese as continuas reivindicacións dende a parte sindical sobre o incremento paulatino ata acadar o 1% da masa salarial, motivo polo cal os sindicatos nos levantamos da mesa correspondente sen negociar o reparto, pois considerábamos prioritario acadar un acordo sobre o incremento deste capítulo. A instancia debe presentarse a través do portal do funcionario público de xustiza https://www.xunta.es:444/sxpa/AIX/ e estará dispoñible a partires do 1 de xuño. O prazo de presentación de instancias remata o 31 DE XULLO DE 2010. Resolución ACCIÓN SOCIAL 2010 (DOG) Portal do Empregado Público de Xustiza

A VOZ DE GALICIA XA NOS METEU A PUNTILLA DO CONTROL HORARIO

Por se fora pouco a que está a caer na Administración de Xustiza en Galiza coa implantación da nova oficina xudicial, o programa informático Minerva Nox, a reforma procesual e a rebaixa do 5% dos nosos salarios, agora vai a nosa inefable "La Voz de Galicia" e nos pon a puntilla do control horario cun artigo totalmente pernicioso no que se indica, coa anuencia da Xunta de Galiza, que case a metade dos funcionarios da nosa administración está a incumprir co seu horario laboral, cando en realidade o que se trata e dun incumprimento por parte da administración autónomica na fixación do calendario laboral e de pequenas incorrecións e erros no cómputo do horario. Sen embargo a vista do artigo e do titular do mesmo case aparecemos como delincuentes convictos aos que habería que escarmentar e ata parecería pouco o 5% de redución do salario prantexado dende o governo estatal. Nota informativa control horario

COMO QUEDAN AS RETENCIÓNS DO 5% - MESA DE INFORMATICA DO 19 DE MAIO

En principio e, sen prexuizo dunha maior análise da normativa que se publique ao efecto en relación coa detracion do 5% dos nosos haberes, no seguinte enlace está colgada a nota informativa sobre as porcentaxes que nos serán retiradas de aquí a decembro.Esta aldraxe da admnistración suporá para os bolsillos das empregadas/os públicos un importe similar ao dunha paga extra. Nota informativa retencións 5% Real Decreto-lei 8/2010, de 20 de mayo, por el que se adoptan medidas extraordinarias para la reducción del déficit público No que respecta a xuntanza mantida o pasado 19 de maio coa Subdirectora de Modernización e Innovación Tecnolóxica pouco máis que dicir que moi boas palabras pero poucas solucións a curto-medio prazo. Mantemos unha dependencia absoluta do Ministerio (porque así o quixo sempre a Xunta sen gastar cartos nunha aplicación propia) e ata que a este lle pete arranxar as cousas pois así de "emporcallados" estaremos. Nota informativa Mesa 19 de maio

A voltas outra vez co cumprimento do horario

Ante as comunicacións remitidas dende a Dirección Xeral (de momento chegaron a Lugo e Pontevedra)en relación co cumprimento do horario por parte das traballadoras/es da administración de xustiza en Galiza indicar que, postos en comunicación co Director Xeral polo mesmo se nos confirma que dito envío se realizou a efectos meramente informativos a fin de que se tome conciencia paulatinamente de que a xornada laboral componse tanto da parte fixa como da parte flexible. Pola CIG, tal e como podedes comprobar na nota informativa do enlace que figura ao pe desta información, xa se lle indicaron determinadas problemáticas que fan moi dificil o cumprimento do horario, tal e como é a apertura dos órganos xudiciais polas tardes, falta de aprobación do calendario laboral, cómputo erroneo das horas traballadas, etc., polo lo tanto a CIG suxeriu que nestes momentos tan delicados, en plena implantación da NOX e do novo programa informático, estes temas deben ser tratados na mesa sectorial antes de m

Axudas por redución de xornada - Axudas fillos menores de 3 anos

No DOG do 30/4/2010 publicouse a RESOLUCIÓN da Secretaría Xeral de Igualdade do 23/4/2010. O obxecto desta resolución é a regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo así como a convocatoria destas para o ano 2010. Resolución Secretaria Xeral de Igualdade No DOG do 10/5/2010 publícase a ORDE da Consellería de Traballo e Benestar do 03/5/2010. Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o presente ano 2010. O prazo son 40 días naturais, que empezan a contar desde o día 11 de maio pois houbo un erro. Orde Conselleria de Traballo e Benestar

MESA SECTORIAL 6-MAIO-2010

O pasado 6 de maio celebrouse en Compostela Mesa Sectorial da Administración de Xustiza coa seguinte orde do día: 1) Gardas. 2) Execución sentenza Tribunal Supremo complemento Xeral de Posto. 3) Plan de Vacacións 2010 4) Infraestructuras xudiciais 5) Substitucións, medidas de apoio Seccion 6ª A.P. Vigo, Xulgados do Penal e de Violencia 6) Rogos e preguntas. Do acontecido en dita xuntanza deixámosvos no seguinte enlace a nota informativa co resume do alí tratado. Nota informativa mesa sectorial

Nova sede xudicial "Fabrica de Tabaco" - A Coruña

Unha vez máis os nosos políticos confabúlanse cos máximos representantes do poder xudicial do noso país e prantexan actuacións moi pouco xustificables dende o punto de vista económico e funcional. O último destes despropósitos é o intento de traslado na Coruña das Seccións da Audiencia Provincial, dos Xulgados de Vixiancia Penitenciaria e Menores, a Secretaría Coordinadora e a Fiscalía Provincial ao edificio de Tabacalera. Os nosos póliticos perden toda a prespectiva cando se trata de colocar unha placa que os inmortalice para sempre na inauguración dunha sede xudicial e os máximos representantes do poder xudicial, no canto de preocuparse de sacar para adiante o traballo que teñen atrasado, procuran obter uns despachos con mellores vistas que os que posúen na actualidade. Entre todo isto, as traballadoras e traballadores da administración de xustiza, que non lles importan a ninguén e nin se lles ten en conta a hora de prantexar este tipo de actuacións. Quen acabará pagando todo isto?,