Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PERSOAL DESTINADO DENTRO E FORA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

A EGAP convoca no DOG do 26 de decembro cursos de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior) dirixidos ao persoal da Administración de xustiza, tanto ao que traballa na Comunidade Autónoma como ao que presta servizos fóra de Galicia. Matrícula: desde as 8 horas do 27 de decembro ata as 14 horas do 3 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/ matricula Máis información en: - persoal que presta servizos fóra da CA de Galicia: https://egap.xunta.gal/ fichanova/id/2946 - persoal que presta servizos na CA de Galicia: https://egap.xunta.gal/ fichanova/id/2944 Lembra que podes consultar todas as actividades de formación continua previstas para 2019 no Plan de formación da EGAP, publicado no DOG do 21 de decembro: https://egap.xunta.gal/ fichanova/id/2941

CONSULTA DO ANEXO III DO CONCURSO DE TRASLADOS

A partir de hoxe xa se pode consultar o Anexo III do concurso de traslados. Ainda que se teña obtido praza, é  necesario que se consulte dito Anexo III para confirmar a gravación correcta das prazas solicitadas no seu dia. O prazo de reclamacións será de 10 días hábiles , ata o 31 de decembro, inclusive. O modelo de alegacións así como a documentación que se achegue, no seu caso, remitiranse ao Ministerio de Xustiza mediante fax, dirixido ao coidado da sección de «Concursos-Despacho 220», aos números 913902394 / 913904304 / 913904250 / 913902076. Tamén poderá enviarse a reclaclamación a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, escaneando o anexo IV debidamente asinado. Ligazon Anexo III: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslado-ordinario Ligazón Publicacion BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2018/12/15/pdfs/BOE-A-2018-17174.pdf Listaxes Galicia por corpos e provincia: http

DESTINOS CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - OEP 2016

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse a Orde de 4 de decembro, do Ministerio de Xustiza, pola que se outorgan destinos as funcionarias/os do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1166/2017, de 24 de novembro. Data prevista de publicación no BOE: 18-12-2018 Ligazón: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/tramitacion-procesal4

MESA SECTORIAL EN MADRID. A HISTORIA REPÍTESE...

Nesta mesa sectorial estabamos convocados para negociar, entre outros temas, as bases comúns e as próximas convocatorias de oposicións. Unha vez comeza a mesa sectorial volvemos a descubrir un novo episodio de “negociacións nos despachos”. A administración recoñeceu, pese a que na mesa sectorial do mes de xullo se acordara crear un Grupo de traballo para elaborar as bases e as convocatorias, que mantivo negociacións bilaterais, fóra de mesa e sen convocatoria legal, cos mesmos sindicatos que nos venderon en Galiza, (agás spj-uso, que non ten representación nesta mesa) Froito deses cambios de cromos asinouse un acordo para a adaptación á xustiza do acordo marco para a mellora do emprego público de 2017-2019 da Mesa Xeral de negociación das AAPP. A CIG rexeitou asinalo porque entre outras cuestións: 1. Non se negociou na Mesa Sectoria l. 2. Pese a contemplar unha convocatoria excepcional de promoción interna para o 2019, non se chega, nin de lonxe, o 50% da totalidade

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 04/ 12/201 8 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 5, 7  e 10 de decembr o . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/11eSYvqcWF0tic6OPFuzY7WZ0ZCiJCmC5/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Onte,  4 de decembro, s aí u a resolución coas adxudicacións das últimas prazas publicadas o pasado 22 de novem br o, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1ykdENpE8l85BTCOkFJyKcKBGplCWr1Kn/view?usp=sharing

CONCURSO DE TRASLADOS LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/1290/2018, do 27 de novembro, pola que se convoca concurso de traslado para a provisión de postos de traballo para os grupos segundo e terceiro do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza Ligazón https://www.boe.es/buscar/ doc.php?id=BOE-A-2018-16565

CONCENTRACIÓN ANTE OS XULGADOS DA CORUÑA EN APOIO Á CHELO, DELEGADA DE CIG-XUSTIZA

A CIG desenvolveu este luns unha concentración diante do antigo edificio da Audiencia Provincial da Coruña en rexeitamento á represión sindical que están a sufrir, máis de seis meses despois de rematado o conflito, delegados e delegadas sindicais da CIG e CUT por exercer a súa labor durante a folga de xustiza. Nesta circunstancia atópase á compañeira Chelo, delegada da CIG na Administración de Xustiza, que está pendente dun expediente disciplinario e de dous xuízos por delitos, a raíz das denuncias presentadas pola Fiscalía provincial por feitos acontecidos no marco da folga. No xuízo de hoxe Chelo conseguiu ser absolta grazas á boa defensa realizada e porque a fiscalía non acadou artellar unha acusación coherente. https://www.cig.gal/nova/ concentracion-nos-xulgados-da- coruna-contra-a-represion- sindical-na-xustiza-e-en- apoio-a-companeira-chelo.html

REINTEGRO PRESTACIÓN MATERNIDADE E PATERNIDADE

O 3 de decembro, a Axencia Tributaria colgou no seu web o modelo para poder solicitar a devolución da parte do IRPF daquelas persoas que nos últimos anos percibiron prestacións por maternidade e paternidade. Ligazón modelo: https://www.agenciatributaria.es/static_files/AEAT/Contenidos_Comunes/La_Agencia_Tributaria/Informacion_institucional/Campanias/Prestacion_maternidad/Formulario_maternidad.pdf   Ligazón trámite on-line: https://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/Inicio/La_Agencia_Tributaria/Campanas/_Campanas_/Prestacion_maternidad/Prestacion_maternidad.shtml