Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2008

CURSO SOBRE REXISTRO CIVIL, modalidade teleformación

ADMITIDOS CURSO REXISTRO CIVIL De conformidade co establecido na Resolución da Escola Galega da Adminsitración Pública do 23 de xuño ( Diario Oficial de Galicia nº 126, do 1 de xullo), pola que se convoca o curso de rexistro civil para persoal ao servizo da administración de xustiza, este terá comezo o vindeiro día 1 de outubro, na modalidade de Teleformación, Podedes consultar a listaxe de admitidos ao curso listado de admitidos no curso

CREACION DE SERVICIOS DE ATENCION O CIDADAN E VICTIMA

A Xunta constitúe os servizos comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia á Vítima de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo Estes servizos iniciarán a súa actividade o vindeiro 31 de outubro de 2008 Asumirán a atención personalizada ao cidadán, a información xeral, o tratamento de suxestións ou queixas e a asistencia ás vítimas dos delitos e das faltas Santiago, 26 de setembro de 2008.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da súa Dirección Xeral de Xustiza, publicou esta mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo polo que se constitúen os servizos comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia á Vítima, dependentes dos decanatos dos xulgados de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Estas oficinas serán atendidas por persoal ao servizo da Administración de xustiza e iniciarán a súa actividade o vindeiro 31 de outubro de 2008. O servizo, que actuará en coordinación coa Unidade de Atención á Cidadanía do Consello Xeral do Poder Xu

MESA SOBRE OFERTA DE EMPREGO ANO 2008

A  Administración asumíu que os últimos procesos selectivos foron moi longos, pero achacárono á fase de concurso, dado que as diferentes Administracións retrasáronse moito en enviar as certificacións de servizos prestados, e por iso, eliminan ese requisito facendo que sexa o propio opositor o que faga unha declaración sobre os servizos prestados.   Por outra banda, asume o compromiso de que o tribunal calificador único, na primeira reunión, fixe un calendario aproximado de realización de exercicios, pero non vai constar nas bases; ao noso comentario de se van respetar os prazos do mesmo xeito que os establecidos nas anteriores convocatorias, non houbo resposta.   Comprometeronse a unha maior coordinación coas Comunidades Autónomas para que non haxa os desfases deste proceso pasado.   Parecelles digna de estudo a proposta feita por un sindicato de, no futura facer as convocatorias escalonadamente, primeiro secretarios, logo xestores, despois tramitación e por último auxilio, co fin de e

CORRECCION DE ERROS NO CONCURSO DE TRASLADOS

O dia 24 de setembro a Xunta comunícanos via Correo electrrónico a seguinte mensaxe en relación co concurso de traslados " Detectado un erro na adxudicación provisional do concurso de traslados intentaremos publicar no BOE e DOG a seguinte corrección: Eliminar a resulta ofertada- núm. 4228 -do corpo de tramitación correspondente á Sección 1ª da Audiencia Provincial de Pontevedra. Motivo: A Sección 1º ten no seu cadro de persoal un tramitador de maís do aprobado polo Ministerio de Justicia, "sobredotado", e autorizamos unha comisión de servizos para a Sección 2ª que ten unha praza vacante, ofertada no concurso de traslados. Cando nos confirmen do Ministerio se é posible a corrección e data prevista de publicación no BOE, remitimos un ovo correo para a vosa información". O dia de hoxe 25 e despois de conversas, e diversas aclaracións formuladas pola CIG coa Conselleria, esta nos comunica: En relación coa corrección dun erro na adxudicación provisional do concurs

CREACIÓN DE SERVIZOS DE ATENCIÓN AO CIDADÁN E VÍTIMA

A Xunta Informanos que o día 26 de setembro é a data prevista de publicación no DOG da resolución de creación dos Servizos Comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia a Vítima , nas localidades de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. Nesa resolución tamén acordase a data de entrada en funcionamento para o día 31 de outubro. Esta prevista que a provisión de postos destes Servizos, se faga mediante comisións de servizos.

CURSOS DE GALEGO XURIDICO

Listaxes provisionais dos cursos medios e superiores de linguaxe xurídica galega dentro da Comunidade Autónoma de Galicia medio A Coruña medio Ferrol medio Santiago medio Vigo superior A Coruña superior Ferrol superior Lugo superior Ourense superior Pontevedra superior Santiago superior Vigo As solicitudes as que lle falta a documentación sinalada nas listaxes provisionais dos cursos medios e superiores de linguaxe xurídica galega para persoal de xustiza (dentro da Comunidade Autónoma) deben ser subsanadas no prazo de 10 días a partir do 18/09/2008.

OPOSICIONS OFERTA DO 2008

OPOSICIÓNS 2008.- O, 16 de setembro, celebrouse Mesa Sectorial en Madrid a fin de analizar as novas bases que rexeran as vindeiras oposicións aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio; xuntanza que proseguirá o vindeiro 25 de setembro a fin de rematar a negociación correspondente. Segundo o Ministerio, ata o mes de novembro, como mínimo, non saira a convocatoria debido ao informe preceptivo do MAP. Por parte da CIG fixéronse propostas a fin de que se procedese a reducción dos temarios (sobre todo nos procesos de promoción interna) ademáis dunha máis ampla regulamentación das bases en aspectos tales como os que de seguido vos indicamos: - Participación ao mesmo tempo por promoción interna e turno libre. - Valoración das diversas titulacións de informática - Revaloración das titulacións que teñan que ver co dereito fronte ao resto de licenciaturas e diplomaturas, tales como relacións laborais, criminoloxia, etc. - Revaloración da titul

CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO DE TRASLADOS.- O Ministerio de Xustiza informanos de que se p revese a publicacion da listaxe definitiva do concurso de traslado para finais de outubro, polo que os ceses e tomas de posesión respectivos faranse de xeito escalonado ao longo do mes de novembro .