Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2020

MODIFICACIÓNS EN ARRENDAMENTOS URBANOS E NA LEI DE AXUIZAMENTO CRIMINAL

Publicado hoxe o Real Decreto-Lei 30/2020, de 29 de setembro, polo que, entre outras cuestións, se modifica a Lei de Axuizamento Criminal (Disposición Adicional Quinta) e se modifica, en materia de arrendamentos urbanos, o establecido no Real Decreto-Lei 11/2020, de 31 de marzo (artigos 1, 2 e 4). Ligazón BOE: https://boe.es/boe/dias/2020/09/30/pdfs/BOE-A-2020-11416.pdf

INFORMACIÓN RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS ACCIÓN SOCIAL 2020

Na xuntanza da comisión de acción social 2020 celebrada no día de hoxe, a Dirección Xeral de Xustiza ven de informar: 1. Foron presentadas 129 solicitudes con 134 beneficiarios, das cales 102 foron concedidas provisionalmente con 106 beneficiarios. Foron denegadas provisionalmente 23 solicitudes, 15 por falta de de documentación, e 8 validadas e presentadas en papel, non constando incidencia ao CAU. No programa constan 4 solicitudes en borrador. 2. A resolución da DXX que aproba as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social publicaranse no DOG probablemente a mediados de outubro.   3. Pagamento: tense que facer antes de que acabe o ano 2020.  Recordatorio: as axudas do programa de atención de persoas discapacitadas do fondo de acción social ascendeu a 21.911,00 €. Unha aproximación as contías das axudas tendo en conta o grao de discapacidade sería: - Do 33% ao 64%: 300 € - Do 65% ao 74%: 600 € - Do 75% en diante: 1.20

NOVA REGULACIÓN DO TELETRABALLO NO EBEP

Hoxe publicouse no BOE o Real Decreto-Lei 29/2020, de 29 de setembro, de medidas urxentes en materia de teletraballo nas Administracións Públicas e de recursos humanos no Sistema Nacional de Saúde para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Ligazón BOE: https://boe.es/boe/dias/2020/09/30/pdfs/BOE-A-2020-11415.pdf

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 21 de setembro para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet   e na seguinte ligazón:  Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1OqvcdlRmyyMBwnK5T9IzpJpvKEakJZwf/view?usp=sharing

CORRECCIÓN DE ERROS DO CONCURSO DE TRASLADOS. SUPRESIÓN PRAZA EN FERROL

Saíu publicada unha corrección de erros da Resolución do 28 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200929/AnuncioG0595-280920-0003_gl.html

PETICIÓN DE NOVAS SEDES DE EXAME PARA AUXILIO

Tal e como avanzamos ao Ministerio de Xustiza na mesa sectorial celebrada a semana pasada, remitimos no día de hoxe a solicitude formal para que se abra a posibilidade de que os opositores de auxilio poidan examinarse na sede de exame do seu domicilio, con independencia do ámbito polo que se presenten. Do mesmo xeito que tamén o solicitamos para os 9 aprobados de médicos forenses en Galicia, a fin que poidan realizar aquí o terceiro exame. Deste xeito evitaríanse desprazamentos innecesarios e a acumulación de opositores sería menor, o máis recomendable para a actual situación sanitaria, sobre todo en Madrid capital. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1A4d6Ry8MZT52tk5SMdnPaNUDU6Y1NJhq/view?usp=sharing

NOTAS TERCEIRO EXERCICIO DE WORD - TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE

Segundo nos comunica o Ministerio de Xustiza  vaise colgar na páxina web do ministerio a relación de aprobados, por sedes, do terceiro exercicio das oposicións de Tramitación, quenda libre, así como os criterios de puntuación, segundo as bases da convocatoria.  Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/tramitacion-procesal18?param1=1 Ligazón Acordo Tribunal: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/ACUERDO%20TCU%20PUNTUACI%C3%93N%203ER%20EJ.pdf

PLANS AUTOREFORZO PARA OS XULGADOS DO SOCIAL E MERCANTÍS

Informamos que, segundo nos comunica a Dirección Xeral Xustiza, con respecto aos plans de auto reforzo dos Xulgados do Social da Comunidade Autónoma (os do Mercantil xa podían facelo así), aínda que os xuíces e lax non se anoten para conquerir os obxectivos do plan do Ministerio, se o persoal de xestión, tramitación e auxilo está interesado en facer as prolongacións de xornada para o trámite dos asuntos ata o xuízo, poden anotarse e remitirllo á Dirección Xeral. As prolongacións serán, voluntarias, mensuais e rotatorias e poden ser: 1 CXPA , 1 CTPA e 1CAX ou 2CTPA E 1 CAX .

TEMOS RECURSOS E NON OS EMPREGAMOS. ASÍ NOS VAI A COUSA.

Recentemente a Comunidade Autónoma Andaluza sacou a licitación un concurso de adxudicación dun servizo de cita previa para 24 Rexistros Civís da súa comunidade autónoma http://www.juntadeandalucia.es/presidencia/portavoz/gobiernoaldia/154730/Justicia/CitaPrevia/Internet/RegistroCivil . Pois ben, en Galiza a Xunta, tal e como nos comentou o Director Xeral de Xustiza na última xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, ofreceulle ao TSXG o servizo de cita previa que xa ten funcionando na actualidade e, os representantes xudiciais rexeitaron dita opción mantendo como única alternativa a atención telefónica. Ninguén se explica porque, se xa temos un sistema de cita previa posta a nosa disposición, nin tan sequera se fai unha experiencia piloto nalgunha vila das importantes para poñer en marcha ese servizo na administración de xustiza. Seguimos na prehistoria das consultas telefónicas, cando de todos é sabido que a maioría da información que manexamos e sensible e non se pode comunic

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o 21/09/2020, o aviso d e prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de sol icitudes será o 2 2 , 23 e 24 de setembro.     A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1O-6cnStgI6my3Y4WLBvxhNqmBwOqETxr/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

MANTEMENTO DA POSIBILIDADE DE TELETRABALLO NA ADMÓN. DE XUSTIZA EN GALIZA

P or medio da Resolución do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que, dando traslado ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia da Orde JUS/504/2020, do 5 de xuño, se regula a fase 3 do Plan de desescalada ante a COVID-19, establecéronse medidas para a realización de funcións mediante teletraballo.   Nesta data entra en vigor a Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, na que se inclúe o fomento do teletraballo coa finalidade de recuperar a actividade ordinaria das oficinas xudiciais e fiscais e de facer compatible esta coa adecuada protección da saúde do persoal da Administración de xustiza, do resto de profesionais e dos particulares que acoden ás súas sedes.   En consecuencia, e mentres non haxa unha regulación específica desta modalidade de prestación de servizo,s no ámbito da Administración de xustiza, cómpre manter

MESA SECTORIAL MADRID - 21-09-2020

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial co Ministerio de Xustiza que se celebrou na tarde deste luns por videoconferencia Durante a intervención inicial, os responsables do Ministerio informáronnos de que queren retomar a periodicidade das mesas para avanzar nas cuestión pendentes da presente lexislatura. No horizonte máis próximo, queren afondar na regulación do teletraballo e da IT indirecta, na que iran da man dos Ministerios de Función Pública e de Traballo. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1aGUgqEgdY_tH9Mbihn9o2GGfY-wgY8LF/view?usp=sharing

A CIG MANTÉN O SEU REXEITAMENTO A ASINAR A PROPOSTA PARA REGULAR O TELETRABALLO NO EBEP

Definitivamente a Área Pública da CIG vén de manifestar a súa posición, en relación coa negociación do grupo de traballo da mesa xeral de negociación das administracións públicas, creado para intentar consensuar unha modificación no EBEP que contemple unha regulación do traballo a distancia nas AAPP. A central sindical mantén o rexeitamento a asinar a proposta, porque a representación da administración do Estado non aceptou trasladar á parte dispositiva do EBEP (art.47 bis) a redacción aportada na última proposta pola propia administración, facendo que a parte importante do texto só figura na exposición de motivos. Ligazón nota informativa: https://www.cig.gal/nova/a-cig-manten-o-seu-rexeitamento-a-asinar-a-proposta-de-regulacion-do-teletraballo-do-ministerio.html

XUNTANZA DO COMITÉ DE PREVENCIÓN E SAÚDE LABORAL - 21-09-2020

Non sen tempo e, tras duas supensións do sinalamento acordado, por fin puidemos celebrar unha xuntanza do Comité de Prevención e Saúde laboral, co obxectivo de poder trasladar á administración autonómica toda a problemática existente nesta continuación da fase 3 da desescalada, mal chamada de nova normalidade. Entre outros temas abordaronse o teletraballo, o permiso de coidado de menores, a ampliación do periodo de goce das vacacións, o horario e xornada laboral, o sistema de cita previa e a creación de novos órganos. Ligazón Nota Informativa: https://drive.google.com/file/d/1pmJQC5ZOZj0JE9z6iscIsdIM4Cw4fr-4/view?usp=sharing

A CIG RECORRE A BRECHA SALARIAL DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

A CIG ven de interpoñer, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, recurso contencioso-administrativo contra o Acordo subscrito o pasado 10 de xuño de 2020, entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e os sindicatos SPJ-USO, UXT e CCOO, para a implantación dun sistema de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza. O recurso pretende, entre outros motivos, diminuir a grandísima fenda salarial que o sistema de traxectoria profesional vai xerar no persoal da Administración de Xustiza de Galiza. Ligazón recurso presentado: https://drive.google.com/file/d/15K2IGU7tjNWU-yPl8UeilPXfJpMq9pbE/view?usp=sharing

APROBADOS PROVISIONAIS E VALORACIÓN DE MERITOS CORPO DE XESTION - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Na páxina do Ministerio de Xustiza fixouse hoxe o Acordo polo que se aproba a valoración definitiva de méritos da fase de concurso e a relación provisional de aprobados do proceso selectivo de acceso ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa, pola quenda de promoción interna. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430909673?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DACUERDO_DE_17_DE_SEPTIEMBRE_DE_2020_DEL_TRIBUNAL_CALIFICADOR_%C3%9ANICO.pdf Ligazón Valoración Méritos: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430909674?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_I_Valoracion_definitiva_de_m%C3%A9ritos_WEB_0.pdf Ligazón Relación Provisional de Aprobados: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430909675?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobhea

XUNTANZA CO DEPUTADO DO BNG IAGO TABARÉS

Membros da Dirección Nacional do Sector de Xustiza da CIG, mantivemos un encontro co deputado do grupo parlamentario do BNG, Iago Tabarés. De cara á nova lexislatura, CIG-Xustiza trasladoulle a Iago Tabarés as necesidades máis importantes da Xustiza no noso país, entre outros:   * Creación de novos órganos xudiciais. * Implantación da Nova Oficina xudicial. * Investimento nas aplicacións e equipamentos informáticos. * Normalización lingüística, para posibilitar, dunha vez por todas, a tramitación no noso idioma nas aplicacións informáticas. * Servizo de garda de 24 horas para A Coruña e Vigo. * Actuacións reais e eficaces en materia de Prevención de Riscos......   Pola súa banda o deputado do BNG comprometeuse á levar ao Parlamento galego todas as necesidades da xustiza na Galiza, mantendo contacto continuo connosco.

FORMA DE SUBSANAR OS PROBLEMAS COA PLATAFORMA CL@VE NO CONCURSO DE TRASLADOS

Tras a ultima nova sobre o concurso, publicada o pasado 14 de setembro, no que se ampliaba o prazo de presentación de solicitudes ata hoxe, día 17 de setembro, debido a problemas de funcionamento da plataforma "Cl@ve", o Ministerio comunicou que, se persistiron os problemas para formalizar a solicitude correctamente a través deste medio, a solicitude pode ser presentada por escrito a través do correo electrónico: concursos.admonjusticia@mjusticia.es Ligazón información: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-ordinario4 Ligazón modelo solicitude: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/CTraslados/ANEXO%20II%202020.docx

OFERTA DE PRAZAS E APROBADOS DEFINITIVOS - CORPO DE TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

O Ministerio de Xustiza ven de trasladarnos as Orde s JUS/856/2020 e JUS/857/2020, de 14-9-2020, pola que se fan públicas as prazas que e os aspirantes aprobados nas oposicións ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda de promoción interna, convocadas por Orde JUS /404/2019, do 21 de marzo, cuxa data de publicación no Boletín Oficial do Estado está prevista para o día 18-9-2020.   Ligazón información proceso: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/tramitacion-procesal19?param1=2 Ligazón Orde de aprobados Tramitación PI: https://www.boe.es/boe/dias/2020/09/18/pdfs/BOE-A-2020-10862.pdf   Ligazón solicitude: https://drive.google.com/file/d/1ycQ14gbbbdALBgTSynPedmYdlr2XoWz5/view?usp=sharing Ligazón prazas territorio Ministerio: https://drive.google.com/file/d/1aFDMuKUPScGEkL8kYsZSMsnBAGPydnZT/view?usp=sharing   Ligazón prazas Galiza: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200918/AnuncioG0595-140920-0003_gl

A CIG NON ASINARÁ O ACORDO PARA REGULAR O TELETRABALLO NO EBEP

A Área Pública da CIG,  a pesares de ter estado negociando a semana pasada e principios da presente a inclusión da regulamentación do teletraballo no EBEP, para o seu futuro desenvolvemento polas respectivas administraccións públicas, decidiu, ao igual que o resto de centrais sindicais, non asinar o acordo presentado polos respresentantes da Administración Xeral do Estado, toda vez que as modificacións aceptadas non se ian incluir no corpo do texto articulado, se non simplemente na exposición de motivos da lei, polo que dificilmente isto ía  obrigar ás administracións ao seu cumprimento, dificultando isto a posibilidade de chegar a un acordo nesta mesa xeral. Coma sempre, a adminsitración escorre o bulto cando ten que regulamentar obrigas para si mesma e neste caso, cos orzamentos do estado na corda frouxa, a negociación coas outras administracions autonómicas ia condicicionar e de feito condicionou esta negociación, posto que hai apoios significativos autonómicos que non deben verse

AMPLIACIÓN PRAZO PRESENTACIÓN TELEMÁTICA SOLICITUDES CONCURSO

 Á vista dalgunhas incidencias cos sistemas de identificación ofrecidos na plataforma Cl@ve e, para facilitar e fomentar a participación de todos os funcionarios interesados no concurso de traslados publicado no Boletín Oficial do Estado do 1 de setembro de 2020, amplíase o prazo das solicitudes confeccionadas exclusivamente de forma telemática a través do asistente de inscrición, ata as 24:00 horas do día 17 de setembro de 2020.   Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/gl/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-ordinario4  

PROBAS PCR DE SEGUEMENTO E DETECCIÓN DUN CASO POSITIVO

Segundo se nos comunicou pola Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, a unha consulta realizada por esta central sindical, una vez analizada pola autoridade sanitaria a necesidade de realización da proba PCR, tanto por contaxio directo  de Covid-19 como por contaxio por contacto estreito cunha persoa diagnosticada de Covid-19, a efectos do  Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de saúde pública en relación co "Protocolo sobre illamentos e corentenas para a prevención e o control da infección polo SARS-CoV-2" , cabe destacar as seguites cuestións: 1) Todo o persoal, tanto o que teña ao Sergas como entidade médica como o que teña una entidade privada como entidade médica, terá un historial clínico aberto a estes efectos. Polo tanto, será nese historial clínico onde se teñan  que notificar e realizar as anotacións correspondentes a evolución dun posible contaxio. 2) En principio, o custe das probas PCR, no caso do persoal adscrito a entidades médicas

CORRECCIÓN DE ERROS DO CONCURSO DE TRASLADOS

Publicada hoxe, no DOG, unha modificación do concurso de traslados, en relación coa substitución da praza de Auxilio Xudicial do Xulgado de Primeria Instancia nº 2 de Ferrol pola praza de Auxilio Xudicial do Xulgado de Instrución nº 2 de Ferrol, tal e como vos adiantaramos fai uns días. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200911/AnuncioG0244-070920-0003_es.pdf

DATAS DAS PROBAS DE ACREDITACIÓN DOS NIVEIS CELGA

A Xunta de Galicia vén de fixar as datas de realización das probas de acreditación do Celga da convocatoria 2020 para os días 26 e 27 de setembro (Celga 4), 3 de outubro (Celga 2), 4 de outubro (Celga 3) e 10 de outubro (Celga 1), nas localidades de Santiago de Compostela e de Ponferrada, como vén sendo habitual. Ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0289/datas-realizacion-listaxes-definitivas-persoas-admitidas-nas-probas-celga-2020

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZO PARA AS FISCALÍAS DE VIGO, A CORUÑA E COMPOSTELA

Comunicóusenos que hoxe, 8 de setembro, está prevista a publicación na intranet de xustiza e na Páxina web da Consellería, da Resolución pola que se resolve a convocatoria, en comisión de servizo, de postos vacantes de nova creación nas fiscalías, entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza, efectuada por Resolución do 20 de xullo de 2020. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1PTlmHYfXW3R3N0eO5qXHzxwKEw7S-gUZ/view?usp=sharing

PROTOCOLO DE SANIDADE EN RELACIÓN COS ILLAMENTOS E CORENTENAS

Foi publicada no DOG a ORDE do 29 de agosto de 2020 pola que se aproba o Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de saúde pública en relación con illamentos e corentenas para a prevención e o control da infección polo SARS-CoV-2 e se ditan instrucións para a tramitación dos procedementos sancionadores nestes casos. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200829/AnuncioC3K1-290820-1_es.html

CONVOCATORIA CONCURSO CORPOS XERAIS - 2020

Saíu publicada a Resolución do 28 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza. A CONFECCIÓN DA SOLICITUDE NO CONCURSO DEBE FACERSE NECESARIAMENTE VÍA WEB, A TRAVÉS DO ASISTENTE DE INSCRICIÓN, POLO TANTO, DEBE PULSARSE NO ENLACE " G.T.A Concurso de traslados "   PARA TER ACCESO AO MESMO. Data de inicio de presentación de instancias: 0.00 horas do día 2 de setembro de 2020.  Data de fin de presentación de instancias: 24.00 horas do día 15 de setembro de 2020.  Ligazón ao DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200901/AnuncioG0244-250820-0001_gl.html Ligazón ao BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2020/09/01/pdfs/BOE-A-2020-10091.pdf Ligazón manual: http://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/CTraslados/MANUAL%20ASISTENTE%20INSCRIPCION%20WEB