Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

ACCESO Á INFORMACIÓN SOBRE AS VIDEOCONFERENCIAS

A rede de videoconferencia da Administración de Xustiza en Galicia está integrada por 124 equipos de videoconferencia distribuídos pola totalidade dos partidos xudiciais, e accesibles polos órganos xudiciais, fiscalías e Imelga. Ademais, os usuarios poden solicitar tamén a instalación dun programa de videoconferencia no seu ordenador persoal que lles permita recibir e realizar videochamadas, chats, etc. Ligazón Videoconferencias Salas de Vista: http://intranet.xustiza.gal/documents/368917/cccbf699-1e04-466b-9001-a49e27d04455 Ligazón Videoconferencias Salas de Vista Dixitais: http://intranet.xustiza.gal/documents/368917/85a67f49-3519-404a-82f3-78e3bebe2d10 Ligazón Videoconferencia particular Cisco-Meeting: http://intranet.xustiza.gal/documents/368917/deb163ba-b65a-4842-b102-343e6b7a6d09

CAMPAÑA DE CORREOS FRAUDULENTOS

Nos últimos días estanse a recibir novamente na rede da Xunta de Galicia correos electrónicos fraudulentos, que forman parte dunha campaña de "phishing" coa intención de roubar as credenciais de acceso a contas de correo e aos sistemas corporativos. Eses correos redirixen a sitios web maliciosos mediante ligazóns no corpo do correo ou ficheiros adxuntos que requiren as credenciais de acceso das persoas usuarias. En relación con esta información,  na seguinte ligazón, incluímos unha serie de recomendacións para reducir os riscos de ser vítima destas campañas, en particular en relación co acceso a páxinas web. https://drive.google.com/file/d/1zYF-TK7XMWm6UrCgrShk3DMzag1i7jWn/view?usp=sharing

CURSOS LINGUAXE GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publicou no DOG do 29 de xaneiro unha nova convocatoria de cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega ( Celga ). O tipo de cursos convocados son - Na modalidade de teleformación 24 cursos para os niveis 1, 2, 3 e 4 . - Na modalidade presencial 11 cursos para os niveis 2, 3 e 4 , nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Vigo. Todos os cursos terán lugar entre o 6 de marzo e o 8 de maio e o prazo de incrición é de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG, é dicir, ata o 19 de febreiro .

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 22 de xaneiro para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na INTRANET XUDICIAL e na seguinte ligazón:  https://drive.google.com/file/d/1gBLlbNXgX2GG3mEUghfySyJl7HmMuymB/view?usp=sharing

PUBLICACIÓN BOLSA DE INTERINOS - ELECCIÓN BOLSA

Publicouse a Resolución pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión, tramitación e auxilio. Podedes consultar a resolución facendo clic nesta ligazón: https://drive.google.com/file/d/1POPs5kdEyixKfwHRTczAN1tYzwozj19p/view?usp=sharing As listaxes tedes que consultalas a través da OPAX ( https://www.xunta.es/sxpa/AIX/ ), seguindo a ruta Bolsa de interinos->Listaxes. Se estades incluídas/os en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberedes seleccionar aquela única na cal desexedes quedar antes do *11.02.2020 ás 23.59 h*. En caso contrario, entenderase que desistides da vosa solicitude. A elección deberá facerse de maneira electrónica a través da OPAX.

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS AUXILIO XUDICIAL - OEP 2017-2018

Hoxe publicouse no BOE a convocatoria do proceso selectivo pola quenda libre para cubrir, a través do sistema de concurso-oposición, 1.810 prazas (3 prazas convocadas en Galiza) no Corpo de Auxilio Xudicial (código de corpo 030), en base ao establecido no Real Decreto 702/2017, do 7 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017, e nos Reais Decretos 954/2018, e 955/2018, do 27 de xullo, polos que se aproban a oferta de emprego público para o ano 2018. Do total das prazas convocadas reservaranse 127 prazas, coa distribución territorial reflectida no punto 1.1 da convocatoria, para ser cubertas por quen teña a condición legal de persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33%, sempre que acrediten o indicado grao de discapacidade e a compatibilidade funcional co desempeño das tarefas propias que corresponden ao Corpo de Auxilio Xudicial e superen as probas selectivas. As persoas con discapacidade que soliciten algún tipo de adaptación

V XORNADA DE FORMACIÓN E-MARTES - NOTIFICACIÓNS ELECTRÓNICAS

Dentro da iniciativa Universo EGAP innova, a Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca para o 4 de febreiro unha nova xornada de formación práctica dixital (E-martes) que abordará, como obxecto de estudo: As notificacións electrónicas e o Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal A identificación dixital (certificados dixitais e Chave365) Sede electrónica da Xunta de Galicia. Estas xornadas son un proxecto de formación práctica dixital que ten como finalidade facilitar a implantación da Administración electrónica e fomentar cambios substanciais nos procedementos de traballo e de xestión por competencias. As persoas destinatarias desta actividade son: O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a ins

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVOS CONCURSO DE TRASLADOS 2019

Na páxina web do Ministerio de Xustiza realizouse a publicación definitiva das listaxes do concurso de traslados anunciado por Orde JUS/776/2019, de 25 de xuño. Ligazón Xestión-Tramitación-Auxilio Galiza: https://drive.google.com/file/d/1VGpXQGN9XQCSXhEKHYRrm0t3IKFF_56M/view?usp=sharing Ligazón Orde de publicación definitiva: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429782555?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DORDEN_RESOLUCION_DEFINITIVA_CONCURSO_2019.pdf Ligazón Xestión alfabetica https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429782556?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DGESTI%C3%93N_PA.pdf Ligazón Tramitación alfabética: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429782557?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3

PLANTILLAS DEFINTIVAS DE RESPOSTAS - CORPO TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE

Na páxina web do Ministerio publicáronse as plantillas definitivas de respostas relativas ao examen realizado o día 15 de decembro, correspondente ás probas selectivas de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre. Ligazón primeiro e segundo exercicio "A": https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429782649?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_Definitiva_Test-Caso_pr%C3%A1ctico_TR-Libre_2019_TIPO_A.pdf   Ligazón primeiro e segundo exercicio "B": https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429782650?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_Definitiva_Test-Caso_pr%C3%A1ctico_TR-Libre_2019_TIPO_B.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o 22 / 01/2020, o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 23, 24 e 27 de xaneiro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/17tUMq2SLBf5hJ-t23r3bzTZLIL0nKlBD/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

CESAMENTOS DO PERSOAL INTERINO CON MOTIVO DO CONCURSO DE TRASLADOS

O Ministerio de Xustiza comunicou oficialmente as datas de resolución do concurso de traslado: Publicarase no BOE o día 18 de febreiro. -Cesamento no corpo de Tramitación: 21 de febreiro. -Cesamento  nos corpos de Xestión e Auxilio: 25 de febreiro. Isto orixinará múltiples cesamentos do persoal interino,  desde o propio día da publicación (no caso de prazas afectadas por reingresados). Polo tanto, como a DXX ten previsto publicar a semana que ven as listaxes resultantes das bolsas de traballo do persoal interino, por prazo de dez días hábiles, *sería oportuno que a resolución definitiva das mesmas se publicase antes do 18 de febreiro* para evitar chamamentos alleos aos novos integrantes das novas bolsas e non causarlle graves prexuízos.

DATA DE PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS

C omunícase que a resolución definitiva do concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, anunciado por Orde JUS /776/2019, do 25 de xuño, publicarase no BOE/BOE o día 18 de febreiro. Os ficheiros coa adxudicación de destinos enviaranse nesta semana Data de cesamento de Tramitación : 21 de febreiro. Data de cesamento de Xestión e Auxilio: 25 de febreiro.

PUBLICACIÓN BOLSA DE INTERINOS - ELECCIÓN DE BOLSA

Comunícanos a DXX que, na semana do 27 de xaneiro,  está prevista a publicación das listas resultantes  ás que fai referencia o punto 2 do artigo 10 da Resolución do 18 de marzo,  pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, polo que no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única na cal desexe quedar. Se non o fai, entederase que desiste de todas as súas solicitudes.   A elección deberá facerse TELEMATICAMENTE, no prazo de dez días hábiles a partir da publicación das mencionadas listas, cubrindo  NECESARIAMENTE o formulario electrónico na aplicación informática.

COMISIÓNS DE SERVIZO MUXEXU - MADRID E MURCIA

Hoxe publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza a oferta 1/2020 para a cobertura, en comisión de servizos, de determinadas prazas da MUXEXU en Madrid e Murcia. Ligazón convocatoria: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429774621?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DCONVOCATORIA_COMISION_DE_SERVICIOS_MUGEJU.pdf Ligazón prazas ofertadas: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429774622?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DANEXO_I_MUGEJU.pdf Ligazón solicitude de prazas: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429774623?blobheader=application%2Fmsword&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_II_MUGEJU.docx

LISTAXES APROBADOS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP2017-2018

Hoxe publicáronse, na páxina web do Minsiterio de Xustiza, as listaxes de aprobados dos dous primeiros exercicios de  Xestion, quenda libre, da OEP 2017-2018. NOTA INFORMATIVA 15 de xaneiro de 2020 Comunícase que ven de producirse un erro nas notas publicadas do segundo exercicio no ámbito de Cataluña. A nota de corte deste exercicio para ese ámbito é de 7,5 puntos e non de 9 como aparecen nas listaxes. Nas vindeiras horas publicaranse as listaxes correxidas 16 de xaneiro de 2020   Ligazón acordo modificacion listaxes: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/Acuerdo%2016%20de%20enero%20de%202020.pdf Ligazón aprobados 1º exercicio: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/ANEXO%20I.pdf Ligazón aprobados 2º exercicio: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/ANEXO%20II.pdf

ADXUDICACIÓN DA PRAZA DA SECRETARÍA DE DIRECCIÓN DO IMELGA DE SANTIAGO

No DOG de hoxe publicouse a RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Resolución do 18 de outubro de 2019, dunha praza no Imelga de Compostela. Ligazón DOG. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200115/AnuncioG0244-231219-0001_gl.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o 10 / 01/2020, o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes consultar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 13, 14 e 15 xaneiro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1FOyKEZUdhLQBJZkhi0LNLVlrS-7C75ko/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

PLAN DE FORMACIÓN EGAP 2020

No DOG do 10/01/2020 saíu publicada a RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019 pola que se expón o Plan de formación para o ano 2020. Os cursos específicos de xustiza veñen detallados na páxina 1221. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2020/20200110/ AnuncioO150-231219-0004_gl.pdf

ACTUALIZACIÓN APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

ACTUALIZACIÓN MINERVA   Con motivo da actualización da aplicación Minerva á versión 6.0.2.1, vaise levar a cabo un corte do servizo desde as 19:00 h do día sinalado para cada sede ata as 07:30 h do día seguinte , nas sedes xudiciais que se relacionan a continuación: 08/01/2020 * - Audiencia Provincial de Pontevedra e TSXG 09/01/2020 - Xulgados de Ferrol 14/01/2020 - Xulgados de Pontevedra 16/01/2020 - Xulgados e Audiencia Provincial de Ourense 20/01/2020 - Xulgados e Audiencia Provincial de Lugo 23/01/2020 - Xulgados e Audiencia Provincial da Coruña 27/01/2020 - Xulgados e sección desprazada da Audiencia Provincial en Santiago de Compostela 30/01/2020 - Xulgados e seccións desprazadas da Audiencia Provincial en Vigo Durante o período da intervención a aplicación non estará dispoñible. * Desde as 15:30 h do día sinalado ata as 07:30 h do día seguinte. Nova versión de ARQFIS v. 01.10.00 Dende o día 2

CONVENIO MUXEXU E SERGAS PRESTACIÓN DE ATENCIÓN SANITARIA EN ZONAS RURAIS

Prórroga e modificación do convenio entre a MUTUALIDADE XERAL XUDICIAL e o SERGAS, para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada con dita mutualidade.   Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/ 2020/01/04/pdfs/BOE-A-2020- 118.pdf   Ligazón cadros médicos: http://www.mugeju.es/consulte- el-cuadro-medico-de-su- entidad-medica-2020