Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

ESCOLAS INFANTÍS PARA FILLAS/OS DE EMPREGADADOS PÚBLICOS

Convocatoria do procedemento de adxudicación de prazas para fillas e fillos de empregados publicos do sector autonomico,  nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2022/23. As ditas escolas infantís son as seguintes: a) Escola infantil de Vite en Santiago de Compostela. b) Escola infantil Santa María de Oza na Coruña. c) Escola infantil Catabois en Ferrol. d) Escola infantil Sagrado Corazón en Lugo. e) Escola infantil Antela en Ourense. f) Escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra. g) Escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 13 de abril de 2022. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220330/AnuncioG0379-230322-0001_gl.html

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - TRAMITACIÓN - A CORUÑA

Identificador da oferta: 12/2022/3561 Detalles: Requíerense dúas prazas de Tramitador/a Procesual (C1) para A Coruña----- Nivel formativo mínimo: Bacharelato ou equivalente ------ Ter acreditados na súa demanda de emprego os dous seguintes requisitos: (a) Superación dalgún exame nas oposicións ás categorías de xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial da administración de xustiza dende o ano 2008 (Código 39). (b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías de xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial (Código 40)------ Estes requisitos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non figuren, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. ------ Enviaranse 5 candidatos por posto que cumpran todos os requisitos e por orde da súa data de inscrición no Servizo Público de Emprego. ------ De non existir suficientes candidaturas con todos os requisitos completarase, orde

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - AUXILIO - MAZARICOS

Identificador da oferta: 12/2022/3559 Detalles: Auxilio Xudicial (C2) para Mazaricos ------ Nivel formativo mínimo: Graduado en ESO ou equivalente ------ Ter acreditados na súa demanda de emprego os dous seguintes requisitos: (a) Superación dalgún exame nas oposicións ás categorías de xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial da administración de xustiza dende o ano 2008. (b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías de xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial ------ Estes requisitos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non figuren, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. ------ Enviaranse 5 candidatos por posto que cumpran todos os requisitos e por orde da súa data de inscrición no Servizo Público de Emprego. ------ De non existir suficientes candidaturas con todos os requisitos completarase, ordenadas pola súa data de inscri

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - AUXILIO - VIVEIRO

Identificador da oferta: 12/2022/3556 Detalles: Auxilio Xudicial para Viveiro ------ Nivel formativo: Graduado en ESO ou equivalente ------ Ter acreditados na súa demanda de emprego os dous seguintes requisitos: (a) Superación dalgún exame nas oposicións ás categorías de xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial da administración de xustiza dende o ano 2008. (b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías de xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial ------ Estes requisitos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non figuren, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. ------ Enviaranse 5 candidatos por posto que cumpran todos os requisitos e por orde da súa data de inscrición no Servizo Público de Emprego. ------ De non existir suficientes candidaturas con todos os requisitos completarase, ordenadas pola súa data de inscrición no Serviz

SANTIAGO CAMBIA NAS VIDEOCONFERENCIAS DE CISCO MEETING A CISCO WEBEX

O vindeiro  mércores 6 de abril  o sistema de videoconferencias  Cisco Meeting deixará de estar operativo no partido xudicial de Santiago de Compostela.  Todos os actos con participación telemática que se efectúen a partir desa data realizaranse co novo sistema de videoconferencias Cisco Webex. Se o teu órgano pertence ao partido xudicial de Santiago, no caso de que xa teñas organizada algunha videoconferencia con Cisco Meeting que se vaia realizar despois do 6 de abril, lembra que debes enviar os  novos datos de conexión  da túa sala Cisco Webex ás persoas participantes. Se non o fas, as persoas participantes estarán a empregar datos de conexión obsoletos e non se poderán conectar á videoconferencia. Consulta máis información sobre Cisco Webex  aquí. Tamén podes ampliar os teus coñecementos sobre o sistema realizando o  curso dispoñible  na plataforma de teleformación. Ademais,  nesta infografía interactiva  atoparás todo o proceso para realizar a videoconferencia con éxito

NOVA CONVOCATORIA DE PROVISIÓN DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS

Publicouse na intranet a Resolución do 30 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se  convoca a provisión en comisión de servizo de determinados postos de traballo, entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza ( http://intranet.xustiza.gal ) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo ( https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo ).  En tanto non se habilite a presentación a través da OPAX, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da solicitude xenérica ( código PR004A ), achegando o modelo que se inclúe como Anexo II, debidamente cumprimentado e asinado. Ligazón Resolución: https://drive.google.com/file/d/13IBry-Jg0IJnu9wLxlkgrcDxILgGa3HA

PETICIÓN AO MINISTERIO DE NOVAS UNIDADES XUDICIAIS PARA GALIZA

O vicepresidente primeiro da Xunta e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta, na que se acordou solicitar a creación de sete unidades xudiciais que serían: un Xulgado de Instancia en Lugo, dous maxistrados da sección penal: un na Audiencia Provincial de A Coruña e outro na de Pontevedra. Ademais solicitouse tamén un Xulgado de Instancia na Coruña, un Xulgado de Instancia en Vigo, un xuíz de adscrición territorial en Ourense, un Xulgado do Social en Ferrol, un Xulgado en Ribeira, un Xulgado en Vilagarcía de Arousa e un Xulgado en Viveiro. Ligazón XUSTIZA.GAL: https://www.xustiza.gal/novas/-/nova/X67467/comision-mixta-entre-xunta-tribunal-superior-xustiza-acordan-solicitar-mais-unidades Ligazón CXPX: https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Galicia/En-Portada/La-Comision-Mixta-propondra-al-Ministerio-de-Justicia-la-creacion-de-siete-nuevos-organos-judiciales-en-Galicia

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado  de 22 marzo, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.  Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal nesa mesma data.  A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.  Ligazón:  https://drive.google.com/file/d/1m4HX_a_9GkfxTHDKuLs4f1_-4v04E9KY/view?usp=sharing  

CONVOCATORIA DE PROBAS SELECTIVAS DE ACCESO XESTIÓN E TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OPE´s 2019-2020-2021

Publicáronse no BOE as respectivas convocatorias de procesos selectivos para acceso, por promoción interna, aos corpos de Xestión e Tramitación correspondente ás OPE's 2019-2020-2021.  Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza  Orde JUS/241/2022, de 24 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para acceso, por promoción interna, ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.  https://www.boe.es/boe/dias/2022/03/30/pdfs/BOE-A-2022-5014.pdf   Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza  Orde JUS/242/2022, de 24 de marzo, por la que se convoca proceso selectivo para acceso, por promoción interna, al Cuerpo de Tramitación Procesal y Administrativa de la Administración de Justicia. https://www.boe.es/boe/dias/2022/03/30/pdfs/BOE-A-2022-5015.pdf

NOVAS LISTAXES DEFINITIVAS DE APROBADOS AUXILIO XUDICIAL - OPE 2017-2018

Publicaronse   as novas listaxes definitivas do proceso selectivo de acceso ao corpo de auxilio xudicial da OPE 2017-2018. Ligazón Acordo Tribunal: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Acuerdo%20definitAUxilio xudicialivo%20fase%20de%20concurso%20y%20aprobados%20proceso%20selectivo.pdf Ligazón Anexo I baremación concurso: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ANEXO%20I%20Relaci%C3%B3n%20definitiva%20fase%20de%20concurso%20Auxilio%20Judicial.pdf Ligazón Anexo II aprobados: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ANEXO%20II%20Relaci%C3%B3n%20definitiva%20de%20aprobados%20proceso%20selectivo%20Auxilio%20Judicial.pdf

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - AUXILIO - A CORUÑA

Identificador da oferta: 12/2022/3336 Detalles: Requirese 1 praza de Auxilio Xudicial (C2) para a localidade da Coruña. Requisitos nivel formativo mínimo: ESO ou equivalente e ter acreditado na súa demanda de emprego os seguintes dous requisitos: a) Superación de exame nas oposicións ás categorías de Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza dende o ano 2008. (código 39). b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías da Administración de Xustiza: Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial (código 40). Estes requisitos/códigos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non consten, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. Enviaranse 5 candidaturas por posto que cumpran todos os requisitos por orde da súa data de inscrición nos servizos públicos de emprego. De non existir suficientes candidaturas con todos os requis

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - AUXILIO - LUGO

Identificador da oferta: 12/2022/3337 Detalles: Auxilio Xudicial para Lugo ------ Nivel formativo: graduado en ESO ou equivalente ------Ter acreditados na súa demanda de emprego os dous seguintes requisitos: (a) Superación dalgún exame nas oposicións ás categorías de Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza dende o ano 2008. (b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías de Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial ------ estes requisitos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non figuren, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. ------ Enviaránse 5 candidatos por posto que cumpran todos os requisitos e por orde da súa data de inscrición no servizo público de emprego. ------ De non existir suficientes candidaturas con todos os requisitos, completarase, ordenadas pola súa data de inscrición no servizo pú

RELACIÓN DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS LETRADAS/OS - OEP 2021

Publicouse no BOE a Orde  JUS/225/2022, do 17 de marzo, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, no corpo de letrados da administración de xustiza, convocado por orde  JUS/1523/2021, do 3 de decembro.   As listas certificadas completas quedarán expostas ao público na páxina web do Ministerio de Xustiza , na Oficina Central de Información e Atención ao Cidadán do Ministerio de Xustiza, rúa A Bolsa, número 8, Madrid, e no punto de acceso xeral (www.administración.gob.es). Con obxecto de evitar erros, e no suposto de producirse, posibilitar a súa corrección en tempo e forma, as persoas interesadas comprobarán que non figuran na relación de excluídas e ademais, que os seus nomes e demais datos constan correctamente na relación de admitidas na quenda solicitada.     O prazo de dez días hábiles, para corrección de defectos, comprende desde os días 28 de marzo ata o 8 de abril

REGULAMENTACIÓN PARA A COBERTURA DE POSTOS EN COMISIÓN DE SERVIZO

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia. O persoal que queira participar nas solicitudes de comisión de servizo debe ter en conta estas tres cuestións importantes: 1) Debe de rexistrarse no sistema de notificacións electrónicas da Xunta de Galiza (Notific@) . Se non se fai a administración o fará de oficio. https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login . Nestes videotutoriais podedes ver os pasos a seguir para o alta na plataforma Notific@ e como recibir notificacións a través desa plataforma:  https://www.youtube.com/watch?v=lTj89zFD_lY https://www.youtube.com/watch?v=5m_qV45e6Ng 2)  En principio o sistema de participación nos procesos de solicitude de comisións de servizos non se realizará a través da OPAX e, polo tanto, debe de facerse directamente a travé

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - XESTIÓN - O PORRIÑO

Identificador da oferta: 12/2022/3290 Detalles: Un posto de Xestión Procesual (A2) para a localidade de O Porriño. Requisitos nivel formativo: diplomatura universitaria ou superior. Ter acreditado na súa demanda de emprego os seguintes dous requisitos: a) Superación de exame nas oposicións ás categorías de Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza dende o ano 2008. (código 39). b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías da Administración de Xustiza: Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial (código 40). Estes requisitos/códigos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non consten, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. Enviaranse 5 candidaturas que cumpran todos os requisitos por orde da súa data de inscrición en Emprego Galicia. De non existir suficientes candidaturas con todos os requisitos, completaras

ACORDO CO MINISTERIO DE XUSTIZA - OPE’s 2019 - 2020 - 2021 e 2022

A CIG VEN DE ASINAR UN ACORDO CO MINISTERIO DE XUSTIZA PARA O DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS DAS OPE’s 2019 - 2020 - 2021 e 2022 . Promoción Interna: Convocaranse antes de que remate o mes 402 prazas de XPA e 583 de TPA. Estas prazas son froito da acumulación das OEP 2019 (reposición e estabilización) e 2020 e 2021 (reposición). As condicións desta convocatoria son as mesmas que para as OPE’s 2017-18, polo que se inclúe a reserva de nota das aspirantes que superaran a fase de oposición. Á OPE 2022 de promoción interna engadiránselle, cando menos, 565 prazas. Estas prazas corresponderían á convocatoria adicional e extraordinaria recollida no acordo subscrito en decembro de 2018 entre o Ministerio de Xustiza e CSIF, STAJ, CCOO e UGT; convocatoria que debería simultanearse cos procesos selectivos da OPE 2019 pero que, por desleixamento das asinantes, hoxe, a piques de caducar, non se iniciou o trámite preceptivo ante Facenda. Tal  e como se reflicte no acordo deberán convocarse a

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet o 22/03/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 23, 24 e 25 de marzo. A solicitude poderase cubrir dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario que vos deixamos na ligazón e que teredes que enviar asinado por calquera un dos seguintes medios:  Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal  Fax: 981546222  Ligazón substitucións: https://drive.google.com/file/d/18u_Rmwhxtsilxvos9bjc7cu3-qj6ktcL/view?usp=sharing Ligazón formulario Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing  

CONSTITUCIÓN NOVA BOLSA DE INTERINOS ESTREMADURA 2021 - LISTAXES PROVISIONAIS

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza   a Resolución do 16 de marzo de 2022 do Xerente Territorial do Ministerio de Xustiza en Estremadura, pola que se publican as relacións provisionais de seleccionados no proceso de constitución de bolsas provinciais de interinos dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial para o ámbito da Comunidade Autónoma de Estremadura, convocado o 23 de setembro de 2021. Ligazón Resolución: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Resoluci%C3%B3n%20Listados%20Provisionales%20de%20Seleccionados.pdf

CONVOCATORIA COMISIÓNS DE SERVIZO MUXEXU

Co obxectivo de dotar de persoal a diversas Delegacións Provinciais da Mutualidade Xeral Xudicial e que o persoal funcionario interesado poida solicitar, de forma voluntaria, a oportuna comisión de servizos, anúnciase a súa provisión temporal a través da páxina web do Ministerio de Xustiza. Poderán solicitar a comisión de servizos, con  relevación de funcións, os funcionarios de carreira pertencentes ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza que se atopen en situación de servizo activo e prestando servizos efectivos en destino definitivo. Os interesados deberán presentar a súa solicitude axustada ao modelo que se achega como Anexo II desta resolución. Adxunta á solicitude, o solicitante debe incorporar o currículo, así como calquera outra documentación que considere oportuna para ser valorada segundo os criterios de selección. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días hábiles (ata o 1 de abril) desde o día seguinte á publicación da pr

CONVOCATORIA DE PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS CELGA 1, 2, 3 E 4

Publicouse no DOG do 18 de marzo a RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C). As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar, motivadamente, a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas. De necesitar algún tipo de axuda para a re

ACTIVIDADES FORMATIVAS EN MATERIA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

A Escola Galega de Administración Pública convoca 46 edicións formativas en materia de igualdade e violencia de xénero, dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galicia; e ao persoal de administración e servizos das tres universidades do Sistema universitario de Galicia. Matrícula aberta desde as 8 horas do 19 de marzo ata as 23.55 horas do 1 de abril. Ligazón:   https://egap.xunta.gal/fichanova/id/3917

CORRECCIÓN ERROS ADXUDICACIÓN SUBSTITUCIÓNS

Publicouse hoxe na intranet unha modificación da Resolución de adxudicación das prazas ofertadas o pasado 10 de marzo, concretamente a modificación fíxose no Xulgado de Instrución 7 da Coruña. Ligazón modificación adxudicación: https://drive.google.com/file/d/1boBxvDzVSyMElVNNFkvaVvqIzRJPeq7U/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 10 de marzo, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.  Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal nesa mesma data.  A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.  Ligazón:  https://drive.google.com/file/d/1BWdZ9PBI0727xZHUMavonI5O7ODoZeFj/view?usp=sharing

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - AUXILIO - TUI

Identificador da oferta: 12/2022/2986 Detalles: Un posto de auxilio xudicial (c2) para a localidade de Tui. Requisitos nivel formativo: Graduado Escolar/ESO ou superior. Ter acreditado na súa demanda de emprego os seguintes dous requisitos: a) Superación de exame nas oposicións ás categorías de Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza dende o ano 2008. (código 39). b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías da Administración de Xustiza: Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial (código 40). Estes requisitos/códigos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non consten, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. Enviaranse 5 candidaturas que cumpran todos os requisitos por orde da súa data de inscrición en Emprego Galicia. De non existir suficientes candidaturas con todos os requisitos, completarase, ordenadas

COMISIÓN PARITARIA DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 15 DE DECEMBRO

A CIG, xunto coa CSIF, STAJ e UGT, participou na tarde deste mércores na comisión paritaria de seguimento do Acordo da Mesa Sectorial da Administración de Xustiza sobre o incremento no complemento específico do persoal do ámbito de competencia do Ministerio de Xustiza, adecuación salarial do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza en relación coas novas funcións asumidas por este Corpo nas reformas procesuais e organizativas e desenvolvemento da negociación colectiva en materia organizativa e condicións de traballo na Administración de Xustiza. Constituíronse os grupos de traballo do anteproxecto de Lei de Eficiencia Organizativa e da Carreira Profesional. Tamén se deu por constituído o grupo de traballo sobre a implantación do novo modelo de Rexistro Civil. (letras A, C e E do punto sexto). Sobre a Lei de Eficiencia Organizativa e da Carreira Profesional, o Ministerio quere presentar o anteproxecto no Congreso en maio, polo que as reunións  deste grupo terán unha periodicidade

FORMACIÓN DE BENVIDA "ON LINE"

Nas ligazóns que figuran nesta información figura a  información dirixida ao persoal que se incorpora a un novo posto dentro da Administración de Xustiza en Galicia. Nos próximos días o persoal afectado recibirá información sobre a forma de acceder ao Curso online de Incorporación ao Órgano Xudicial. Esta capacitación realizarase a través da Canle de formación online , a plataforma de Teleformación de Xustiza Dixital. Se xa hai traballadoras/es incorporados ao seu posto e necesita facer chegar unha petición de formación de benvida , ou se quere formular algunha pregunta sobre o curso, pode empregar o formulario de Axudot . Ligazón Guía de Acollida: https://drive.google.com/file/d/1mCtWZZ9dl-X9L5yOOCrsGsXI0Msc-0ye/view?usp=sharing

A XUNTA CONVOCA UNHA MESA SÓ PARA INFORMAR, NON PARA NEGOCIAR NADA

A Dirección Xeral, vulnerando o que debe ser unha mesa sectorial, convocounos no día de hoxe para facer un paripé e somente informarnos das súas intencións. A pesares das  obxecións prantexadas a varios dos puntos da orde do día, finalmente o Director  manifestou que non haberá modificacións nin na relación de postos de nova creación, nin no borrador que pretende regular as comisións de servizo e, por suposto, tampouco nas contías que se van a incrementar no CAT aos corpos de Xestión e Médicos Forenses. O persoal dos corpos de Tramitación e Auxilio non tiveron sorte desta vez e as migallas non chegaron para poder subirlles a eles o CAT. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/1TY2BLdvc4CA_Y93uoiEhTgJWDJQYa17k/view?usp=sharing

SORTEO PARA A SELECCIÓN DE ALUMNADO PARA OS CURSOS CELGA - 2022

Sorteo público para a selección do alumnado dos cursos CELGA convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en 2022 que contan con máis solicitantes que prazas dispoñibles.   Ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Formacion/convocatoria_0313.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal

WEBINARIO "PROPOSTA DUN NOVO MODELO DE EMPREGO"

Convocouse no marco do Ciclo de conferencias sobre Presente e futuro do emprego público na Administración post-COVID o webinario "PROPOSTA DUN NOVO MODELO DE EMPREGO PÚBLICO". O obxectivo deste webinario é dar resposta á necesidade de que o emprego público siga evolucionando para adaptarse ás novas exixencias e retos, ofrecendo a proposta dun novo modelo baseado en competencias e ámbitos funcionais que permita transformar desde os sistemas de selección, ata a carreira profesional e a avaliación do desempeño.  Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220314/AnuncioO150-040322-0001_gl.pdf

INSTRUCCIÓNS MUXEXU SOBRE ACOLLEMENTO DE CIDADÁNS DE UCRAÍNA

Infórmase con carácter xeral e, en especial a aquelas/es  mutualistas que vaian acoller a cidadáns afectados polo conflito de Ucraína, que co obxectivo de articular un procedemento común que asegure o acceso á asistencia sanitaria necesaria dos devanditos cidadáns, o Ministerio de Sanidade elaborou a Instrución que figura na ligazón. Conforme á devandita Instrución serán as unidades de tramitación administrativa dos centros de saúde ou outras unidades habilitadas para o efecto por cada comunidade autónoma e  INGESA serán quen inclúa a estas persoas na base de datos de poboación protexida, polo que a súa asistencia sanitaria correrá a cargo das CCAA e do  INGESA, en ningún caso a cargo desta Mutualidade Xeral Xudicial. Ligazón MUXEXU: https://www.mugeju.es/ noticias/2022-03/instruccion- asistencia-sanitaria-para- personas-afectadas-por-el- conflicto-de Ligazón Instrución MSAN: https://www.mugeju.es/sites/default/files/archivos/report_20220310.%20Instrucciones%20MSAN%20Protecci%C3%B3n%2

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS - 2021

Publicouse no DOG e no BOE a Resolución definitiva do concurso de traslados dos corpos xerais de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial convocado por Resolución de 30 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Xustiza. Para os funcionarios que se atopen en activo ou en servizos especiais e non reingresen en ningún dos corpos ou escalas a que se refire o presente concurso, sen se incluíren neste punto os funcionarios que se atopen reingresados provisionalmente, o cesamento deberá efectuarse nas datas que a continuación se indican: para tramitación procesual e administrativa, o 18 de marzo de 2022, venres ; para xestión procesual e administrativa e auxilio xudicial, o 25 de marzo de 2022, venres.   • Xefatura Territorial da Coruña (Servizo de Xustiza). Rúa Vicente Ferrer, 2. Edificio Administrativo Monelos. 15008 A Coruña. Teléfonos: 981 18 44 72/981 18 44 56. Correo electrónico: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal • Xefatura Territorial de Lugo (Servizo de Xus

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - TRAMITACIÓN - OURENSE

Identificador da oferta: 12/2022/2667 Detalles: Dous postos de tramitación procesual (c1) para a localidade de Ourense. Requisitos: 1. Nivel formativo: bacharelato ou superior 2. Ter acreditado na súa demanda de emprego os seguintes dous requisitos: a) Superación de exame nas oposicións ás categorías de xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial da administración de xustiza dende o ano 2008. (código 39). b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías da administración de xustiza: xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial (código 40). Estes 2 requisitos/códigos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non consten, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. Enviaranse 5 candidaturas que cumpran todos os requisitos por orde da súa data de inscrición en Emprego Galicia. De non existir suficientes candidaturas con todos os requisitos, completara

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - XESTIÓN - A CORUÑA

Identificador de la oferta: 12/2022/2617 Detalles: Requírese unha praza de xestor/a procesual (a2) para a localidade da Coruña requisitos nivel formativo mínimo: Diplomatura universitaria ou equivalente e ter acreditado na súa demanda de emprego os seguintes dous requisitos: a) Superación de exame nas oposicións ás categorías de xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial da administración de xustiza dende o ano 2008. (código 39). b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías da administración de xustiza: xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial (código 40). Estes requisitos/códigos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non consten, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. Enviaranse 5 candidaturas por posto que cumpran todos os requisitos por orde da súa data de inscrición nos servizos públicos de emprego. de non existir suficiente

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - TRAMITACIÓN - CARBALLO

Identificador da oferta: 12/2022/2616 Detalles: Requírese unha praza tramitador/a procesual (c1) para a localidade de carballo requisitos nivel formativo mínimo: bacharelato ou equivalente e ter acreditado na súa demanda de emprego os seguintes dous requisitos: a) Superación de exame nas oposicións ás categorías de xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial da administración de xustiza dende o ano 2008. (código 39). b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías da administración de xustiza: xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial (código 40). Estes requisitos/códigos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non consten, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. Enviaranse 5 candidaturas por posto que cumpran todos os requisitos por orde da súa data de inscrición nos servizos públicos de emprego. De non existir suficientes candidaturas

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet o 10/03/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 11, 14 e 15 de marzo. A solicitude poderase cubrir dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario que vos deixamos na ligazón e que teredes que enviar asinado por calquera un dos seguintes medios:  Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal  Fax: 981546222  Ligazón substitucións: https://drive.google.com/file/d/17yHQ3tFEY6qaZ3g5164tK4SdQXnC7mdq/view?usp=drivesdk Ligazón formulario Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

INFORMACIÓN SOBRE O PERMISO DE CAMBIO DE RESIDENCIA EN CONCURSO DE TRASLADOS

Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo. Disposición adicional quinta. Permiso retribuído para funcionarios que accedan a outros Corpos ou Escalas. Os funcionarios de carreira en servizo activo ou situación asimilada que accedan a un novo Corpo ou Escala terán dereito, a partir da toma de posesión, a un permiso retribuído de tres días hábiles se o destino non implica cambio de residencia do funcionario e dun mes se o comporta. Segundo Acordo da Comisión Superior de Persoal, informouse que este permiso ten por obxecto que todo o persoal que se atope prestando servizos na Administración e accede a un Corpo ou Escala por promoción interna ou quenda libre, gocer dun permiso retribuído para incorporarse ao seu posto de traballo, o que non ocorre en todos os casos. En consecuencia, este permiso só se aplicará ao persoal que non gozase de prazo posesorio retribuído. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/1IisfuNse8__BY8zbZbx6RHzWwMZNuoAD/view?usp=sharing

INSTRUCIÓNS A SEGUIR NOS CESAMENTOS E TOMAS DE POSESIÓN DO CONCURSO

O vindeiro 14/03/2022 está previsto que se publique no BOE e mais no DOG a Resolución do 2 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado mediante a Resolución do 30 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG núm 197. do 13 de outubro de 2021). Consonte con iso, establécense na Instrución que vos deixamos na ligazón, os criterios a aplicar en relación aos cesamentos e tomas de posesión. Segundo nos comunicou a administración, o s reingresados non cesan, soamente toman posesión, e se lles fai unha excedencia no corpo que deixan o mesmo día da toma de posesión no corpo ao que ascenden. Teñen 20 días hábiles para tomar posesión a partir do mesmo día da publicación , polo que poderán tomar posesión a partir do mesmo 14 de marzo. E m

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 25 de febreiro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.  Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal nesa mesma data.  A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.  Ligazón:  https://drive.google.com/file/d/1PSLm8SzjqtuoKUDffd4NZ_OUqleUMgfH/view?usp=sharing

SOLICITUDES PRESENTADAS PARA AS NOVAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO

Este martes, día 1 de marzo, finalizou o prazo de presentación de solicitudes para a inclusión na nova bolsa de persoal interino da administración de xustiza de Galicia. O número de solicitudes presentadas elevouse a 5.707. Desde a Dirección xeral de xustiza comunicóusenos que xa se está a traballar na avaliación das solicitudes para que a conformación provisional das listaxes se resolva o antes posible.  

BAREMACIÓN DEFINITIVA FASE DE CONCURSO - APROBADOS OPOSICIÓNS CORPO DE AUXILIO

Publicouse na páxina web do Ministerio o Acordo do tribunal cualificador único do proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de auxilio xudicial, convocado por orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro e as listaxes correspondentes de baremación das opositoras/es. Ligazón Acordo: https://drive.google.com/file/d/1NBs-S3VUJS2x97VP_MJPyQf1K7-WKooj/view?usp=sharing Ligazón Anexo I baremación concurso: https://drive.google.com/file/d/1gj1S3MNyZ7jzPayj2EV4akQrLHrYZ-jF/view?usp=sharing Ligazón Anexo II aprobados: https://drive.google.com/file/d/1VEdp1T9-1QCUk2mNFZZPouAe0VJSTh4R/view?usp=sharing

NOVA OFERTA DE PERSOAL INTERINO SPEG - AUXILIO - FERROL

Identificador da oferta: 12/2022/2155 Detalles: REQUÍRESE 1 PRAZA DE AUXILIO XUDICIAL (C2) PARA A LOCALIDADE DE FERROL REQUISITOS NIVEL FORMATIVO MÍNIMO: ESO OU EQUIVALENTE E TER ACREDITADO NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO OS SEGUINTES DOUS REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DE EXAME NAS OPOSICIÓNS ÁS CATEGORÍAS DE XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. (CÓDIGO 39). B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NAS CATEGORÍAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA: XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL (CÓDIGO 40). ESTES REQUISITOS/CÓDIGOS DEBEN CONSTAR NA DEMANDA DE EMPREGO PARA INCORPORAR A SÚA CANDIDATURA ÁS OFERTAS. NO CASO DE QUE NON CONSTEN, DEBERÁ PEDIR CITA NA SÚA OFICINA DE EMPREGO PARA ACREDITAR ESTES DATOS. ENVIARANSE 5 CANDIDATURAS POR POSTO QUE CUMPRAN TODOS OS REQUISITOS POR ORDE DA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO. DE NON EXISTIR SUFICIENTES CANDIDATURAS CON TODOS OS REQUI

NOVA OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - TRAMITACIÓN - A CORUÑA

Identificador da oferta: 12/2022/2151 Detalles: REQUIRENSE 2 PRAZAS DE TRAMITADOR/A PROCESUAL (C1) PARA A LOCALIDADE DE A CORUÑA REQUISITOS NIVEL FORMATIVO MÍNIMO: BACHARELATO OU EQUIVALENTE E TER ACREDITADO NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO OS SEGUINTES DOUS REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DE EXAME NAS OPOSICIÓNS ÁS CATEGORÍAS DE XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. (CÓDIGO 39). B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NAS CATEGORÍAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA: XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL (CÓDIGO 40). ESTES REQUISITOS/CÓDIGOS DEBEN CONSTAR NA DEMANDA DE EMPREGO PARA INCORPORAR A SÚA CANDIDATURA ÁS OFERTAS. NO CASO DE QUE NON CONSTEN, DEBERÁ PEDIR CITA NA SÚA OFICINA DE EMPREGO PARA ACREDITAR ESTES DATOS. ENVIARANSE 5 CANDIDATURAS POR POSTO QUE CUMPRAN TODOS OS REQUISITOS POR ORDE DA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO. DE NON EXISTIR SUFICIENTES CANDIDATURAS C

CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉRITOS MÉDICOS FORENSES

Saíu publicada a Resolución do 23 de febreiro de 2022 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para as prazas vacantes de xefaturas de sección da Área de Patoloxía Forense e da Área de Clínica Médico-Forense na subdirección territorial da Coruña, e de xefatura de sección da Área de Clínica Médico-Forense na Subdirección Territorial de Ourense, todas elas do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga). Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220302/AnuncioG0595-240222-0001_gl.pdf

LISTAXES DEFINITIVAS DO CONCURSO DE TRASLADOS DE CORPOS XERAIS. PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA

O Ministerio de Xustiza trasladounos unha nova listaxe definitiva do concurso de traslados. Segundo se nos indicou houbo algunha modificación con respecto a prazas de Galiza. Se tedes algunha consulta sobre as listaxes e, toda vez que a publicidade de ditas listaxes foi limitada polo Ministerio, poderedes preguntar as nosas delegadas e delegados sindicais nas respectivas provincias ou consultar directamente na ligazón. Listaxe xeral: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-de-traslados-ordinario-gestion-tramitacion-y-auxilio-2021 Listaxe Xestión Galiza: https://drive.google.com/file/d/1_GQQACjLDcf_wrKm64-iA0aaz_YPLXzT/view?usp=sharing Listaxe Tramitación Galiza: https://drive.google.com/file/d/1ZsmhjQ-9ajKsJ_1DUNXsRWLE5rQa58HK/view?usp=sharing Listaxe Auxilio Galiza: https://drive.google.com/file/d/1l5cnh4UaSXI7Oxeb1HLgoR1SK38kd-MX/view?usp=sharing

CURSOS DE FORMACIÓN XUSTIZA

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2022 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia. Poderá participar nas actividades formativas convocadas mediante esta resolución o persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.  As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ matricula desde as 8.00 horas do 2 de marzo de 2022 ata as 23.55 horas do 15 de marzo de 2022. As solicitudes entenderanse p

PRÓXIMA PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVOS BAREMACIÓN OPOSICIÓNS CORPO DE AUXILIO

Segundo manifestou o Ministerio o pasado luns, 28 de febreiro, na Mesa Sectorial de Madrid e, con todas as cautelas, está previsto que a finais  desta semana se publique a baremación definitiva da fase de concurso das oposicións para acceso ao corpo de Auxilio Xudicial da OEP 2017-2018.