Á vista do acontecido nestas semanas con respecto á preselección e aceptación de prazas por persoal interino e, despois de falar coa Administración, cremos que debemos aclarar uns aspectos da orde do 13 de agosto de 2010. Así, o art. 1 no seu apartado b) establece a “ obriga de comunicar a aceptación de prazas (establecendo entre elas a orde de preferencia no caso de aceptaren varias) ou para manifestar expresamente o seu rexeitamento da oferta. A comunicación de cada participante deberá conter, como mínimo, aquelas prazas que sexan da súa zona de preferencia”. Pero o art.. 3 establece que “ se tras o proceso descrito nos dous puntos anteriores quedasen prazas sen aceptar , os departamentos territoriais da consellería competente notificáranlles a súa exclusión das bolsas de interinos ás persoas que a través do dito proceso foron chamadas para aceptar as prazas e non as aceptaron expresamente, feito este que determina o referido resultado.” Ante esta regulació