Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

ENTRADA EN FUNCIONAMENTO NOVOS ÓRGANOS XUDICIAIS GALICIA

COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA: 3 UJ: 3 Xulgados. Xulgado do social número 4 de Lugo. Xulgado do social número 7 da Coruña. Xulgado do social número 7 de Vigo.   Previsión entrada funcionamiento CCAA: 31 de marzo de 2021: Juzgados de lo social 7 de A Coru ña y 4 de Lugo. 2021, para el social 7 de Vigo, una vez finalicen obras de la Ciudad de la Justicia de Vigo.

O FUTURO DO REXISTRO CIVIL - MESA SECTORIAL MADRID

Na tarde deste mércores participamos na Mesa Sectorial da Administración de Xustiza na que os responsables do Ministerio presentaron o proxecto do futuro do Rexistro Civil.  Por parte das traballadoras intervimos CIG, ELA, STAJ, CCOO, UGT e CSIF. Por parte do Ministerio interviron o Secretario Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, a Directora Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública e o Subdirector Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza.  Na ligazón vos deixamos toda a información do acontecido na citada xuntanza. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/16C5ZxCSgIWg3Sq5Iz9fmTVxB_0TboT6h/view?usp=drivesdk

PUBLICADO O REAL DECRETO DE REVALORIZACIÓN DAS PENSIÓNS

No BOE de hoxe publicouse o Real Decreto 46/2021, do 26 de xaneiro, sobre revalorización das pensións do sistema da Seguridade Social, das pensións de Clases Pasivas e doutras prestaciónssociais públicas para o exercicio 2021. Ligazón:  https://boe.es/boe/dias/2021/01/27/pdfs/BOE-A-2021-1135.pdf

ACORDO SOBRE CRITERIOS DE VALORACION CUALIFICACIÓNS - TRAMITACIÓN LIBRE - OEP 2017-2018

Publicouse  na  páxina  do Ministerio o  Acordo  do Tribunal Cualificador Único polo que se dan a coñecer    os criterios sobre a valoración de méritos dos  exercicios dos procesos das convocatorias das Ofertas de Emprego Público dos anos 2017 e 2018, segundo o establecido no Anexo I, I- B da convocatoria de oposicións, ACCESO LIBRE,  da Orde JUS/903/2019, de 9 de agosto. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20TCU%20CRITERIOS%20NOTAS%202015%202016.pdf ​

CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS NA MUXEXU

Tal e como vos adiantaramos o pasado  15 de xaneiro, hoxe publicouse no BOE a Orde JUS /32/2021, do 11 de xaneiro, pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa e Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, na Mutualidad e Xeral Xudicial.  Ligazón https://www.boe.es/boe/dias/2021/01/25/ pdfs /BOE-A-2021-1017.pdf

CONVOCATORIA NOVOS CURSOS OFIMÁTICA EGAP 2021

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galiza para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de Xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG). Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2021/20210125/ AnuncioO150-150121-0001_gl.pdf

QUE AS TOMAS DE POSESIÓN POR FIN SE FAGAN DE XEITO DIXITAL

Dada a situación actual da pandemia polo Covid-19 e as vixentes restricións de desprazamentos, que seguramente se agravaran co paso dos días, dende a CIG-Xustiza solicitamos, ante a inminencia da resolución do concurso de traslados, que se habilite na OPAX a opción de asinar dixitalmente o cesamento ou a toma de posesión, funcións que quedarían para vindeiros concursos. De non ser posible implementar dita opción na OPAX para este ano, entendemos que a mellor solución pasaría por remitir aos centros de traballo, coa antelación suficiente, os impresos dos cesamentos e das tomas de posesión para a súa formalización, evitando así ao máximo os desprazamentos entre as localidades de destino e as xefaturas territoriais. De feito, remitidos os documentos en formato pdf ao correo electrónico do xulgado poderían ser asinados dixitalmente e devoltos á delegación respectiva por esa mesma vía sen maior problema. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1lPdedYy1Igua1x8HSvFP1v6F6t

MOBILIZACIÓNS "POR UNHA SAÍDA GALEGA XUSTA DA CRISE"

A CIG convoca unha xornada de mobilizacións en 18 localidades para esixir unha #saídagalegaxusta da crise. As marchas e concentracións realizaranse o domingo 7 de febreiro.   Consulta aquí horas e lugares: https://i.gal/9XJOc   Aquí as propostas da CIG: https://www.cig.gal/propostas- saida-crise.html

TARXETA BENVIDA NENAS/OS NADOS NO ANO 2021

No DOG de 19/01/2021 publicouse a ORDE do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da AXUDA ECONÓMICA, a través da tarxeta Benvida, para as FAMILIAS CON FILLAS E FILLOS NADOS, ADOPTADOS/AS OU DECLARADAS/OS EN SITUACIÓN DE GARDA CON FINS ADOPTIVOS NO ANO 2021, e se procede á súa convocatoria.  A axuda farase efectiva a través da "Tarxeta Benvida" , a cal só poderá ser utilizada en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica (procedemento BS430B) a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .   O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrati

MODIFICACIÓN PERMISOS RECOLLIDOS NO EBEP - ARTIGOS 48, 49 E 50

A disposición final 37.1 da Lei 11/2020, de 30 de decembro de orzamentos xerais do estado para o 2021 ( Ref. BOE-A-2020-17339) modificou os artigos 48 ,49 e 50 do Estatuto Básico do Empregado Público, no que se contemplan determinados permisos para o persoal das administracións públicas. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1mapC48gNd65_qTgqkaHJrukFJsmx3A_-/view?usp=sharing

XORNADA DE FORMACIÓN PRÁCTICA E-MARTES - USO CERTIFICADOS DIXITAIS

A Escola Galega de Administración Pública realizou a convocatoria, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, das Xornadas XII e XIII de formación práctica dixital (E-martes). A XII e a XIII Xornadas de formación práctica dixital (E-martes), que terán lugar os vindeiros martes, 2 e 16 de febreiro, abordarán o uso de certificados dixitais na Xunta de Galiza cunha dobre perspectiva: – Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo. – Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas. A formación será presencial e constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola.   O número de prazas serían, para o persoal empregado público 16, e para a cidadanía 13. O número de prazas convocadas (29 en cada xornada) vén determinado pola capacidade das aulas e é adaptad

RECLAMACIÓNS DO PERSOAL INTERINO POLO IMPAGO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

  A Dirección Xeral está a enviar a contestación denegatoria ao persoal interino que solicitou   o pagamento da traxectoria profesional, baseándose en que non son funcionariado de carreira. Como vos dixemos no seu día, a CIG puxo a súa asesoría xurídica a disposición da afiliación para interpoñer a correspondente demanda ante o xulgado do contencioso-administrativo. Lembrarvos que hai un prazo de dous meses dende a notificación da denegación para interpoñer o recurso, polo que vos pedimos que contactedes con nós en canto vos chegue a contestación para xestionar unha cita coa asesoría. Estase a traballar nun modelo común de demanda para todo o país. En canto as/aos reclamantes non afiliadas/os, tamén vos podedes poñer en contacto con nós e informarémosvos das posibilidades de demandar. Lembrarvos por último, que é importante que as/os solicitantes sigades co procedemento ata o final para que non se vos pechen oportunidades de reclamación.

USO DE LINGUAXE NON SEXISTA NA NOVA INTRANET

A CIG ven de presentar un escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza solicitando que a linguaxe da interface da nova intranet sexa inclusiva e non sexista, pois da a impresión que nesta administración só existen xuíces e maxistrados, letrados da Administración de Xustiza, médicos forenses e xestores, tramitadores e auxilios, cando máis do 80% do persoal adscrito a Administración de Xustiza son mulleres. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1JaYdnpt9UMHBOAKxeTOa5HR-apN0dZTw/view?usp=sharing

RESULTADOS DEFINITIVOS PROBAS CELGA 2020

O pasado 14 de xaneiro foron publicados xa os resultados definitivos das probas Celga 1, 2, 3 e 4 realizadas no ano 2020.. Ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Formacion/convocatoria_0289.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INTRANET o 18/01/2021, o aviso d e prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de sol icitudes será o 19, 20 e 21 de xaneiro.     A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece abaixo na ligazón, e que teredes que enviar asinado, a través de calquera un dos seguintes medios:   Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/13et-zTjUAAtVTcGUH5sp-sQqSZ3dYmQh/view?usp=sharing   Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

RETRÁSASE A SUBA DO 0.9% E O PAGAMENTO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Segundo unha nota informativa publicada onte na intranet, o Decreto 228/2020, do 23 de decembro, regulou as condicións da prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2020, posto que, malia que o Consello da Xunta de Galiza aprobou o proxecto de orzamentos para 2021, está pendente a súa aprobación polo Parlamento antes de que remate o mes de xaneiro. En consecuencia, o incremento do 0,9 por cento das retribucións e o incremento da porcentaxe de percepción do complemento adicional da traxectoria profesional previstos para este ano faranse efectivos unha vez se aproben os orzamentos de 2021 e terán efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2021.

A CIG ESIXE QUE MINERVA SEXA EN GALEGO

Desde o ano 1994, naquel lonxano Real Decreto 2166/1994, de 4 de novembro xa se recollía, no seu anexo, que a adminsitración autonómica da Xunta de Galiza e o Ministerio de Xustiza tiñan que establecer os necesarios instrumentos de colaboración para a promoción e utilización dos bens informáticos compatibles con todos os do estado, segundo o establecido na LOPX. E ben triste que a esta altura do século XXI, despois de máis de 25 anos, nin teñamos bens informáticos compatibles con todos os do resto do estado e, nin tan sequera teñamos un aplicativo informático que poida ser empregado no noso idioma. Agora non é achacable ao Ministeiro de Xustiza, pois nestes momentos o código fonte do programa Minerva está en poder da Xunta de Galiza e esta podería realizar as modificacións en dito código para versionar a aplicación Minerva no idioma galego, pero está claro que a administración autonómica actual non quere que o noso idioma se empregue na administración de xustiza, consolidando así a sup

ACTUALIZACIÓN BOLSAS DE INTERINOS DE BURGOS E EXTREMADURA

Foron actualizadas na páxina web do Ministerio de Xustiza a composición actual das bolsas de persoal interino de Extremadura e Castela-León. Ligazón bolsas Extremadura: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Bolsa-11-01-2021_actualizacion.pdf Ligazón bolsas Castela-León: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/AVILA-ENERO%202021.pdf https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/BURGOS-ENERO2021.pdf   https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/SEGOVIA-ENERO2021.pdf https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/SORIA-ENERO%202021.pdf  

DENEGACIÓN DE ACCESO A UNHA SENTENZA XUDICIAL PÚBLICA

Parece ser que iso de que as sentenzas se publiquen en audiencia pública só é un eufemismo e unha reminiscencia do pasado rancio da xustiza xa que logo, cando pretendes acceder e obter unha copia dunha sentenza que che interesa, ata se lle pode negar ao CENDOJ (Centro de Documentación Xudicial) dita copia para formar parte da colección de xurisprudencia existente. Pois ben, o caso e que esta central sindical pretendeu acceder, a través do citado CENDOJ,  a unha sentenza dictada en primeira instancia por un Xulgado Central do Contencioso-Administrativo e, cal non sería a nosa sorpresa cando, despois de poder acceder á sentenza de apelación da AN e á sentenza de casación do TS, o/a letrado/a do citado xulgado central denega a petición realizada polo CENDOJ para incorporar dita sentenza á colección xurídica remitíndonos ao establecido no artigo 4 do Regulamento 1/2005 de aspectos accesorios.  En conclusión, unha sentenza pública, que non ten restrinxida a súa publicidade e que é debidamen

O MINISTERIO DE SANIDADE PRETENDE ACUDIR AS MÚTUAS PARA ALTAS DE ENFERMIDADE COMÚN.

O descontrol pola Covid e a escaseza de recursos empuxa a Seguridade Social a tirar do persoal das mutuas para avaliar o estado médico dos traballadores na situación de baixa por enfermidade común e axilizar os procesos de alta, algo para o que non está prevista a actual regulación que confire competencias as mútuas para aqueles procesos de enfermidade laboral que se se asignen.    Ligazón "Prevención Integral": https://www.prevencionintegral.com/actualidad/noticias/2020/12/10/escriva-recurre-mutuas-para-frenar-factura-bajas-mas-ano?utm_source=cerpie&utm_medium=email&utm_campaign=flash_17_01_2021

ACTUALIDADE MESA SECTORIAL MINISTERIO MADRID

O Ministerio de Xustiza, en reunión celebrada no día de hoxe, trasladounos determinada información relacionada cos temas pendentes de resolver tales como concurso de traslados, oposicións, etc: Previamente, a CIG preguntou concretamente por dúas cuestións: 1) Se o Ministerio tiña estudado xa o procedemento que ia aplicar no caso da Disposición Adicional 158 da Lei de Orzamentos do Estado para o caso das cotizacións á seguridade social do persoal interino que prestou servizos con anterioridade a 1990. O Ministerio trasladounos que están a estudar as distintas posibilidades de artellar un sistema que de cobertura á citada disposición adicional. 2)  Cal era  a previsión de entrada e posta en funcionamento dos 33 órganos creados no ano 2020, ao cal contetóusenos que en breve remitiríase a programación de posta en funcionamento de ditos órganos. CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS.- A intención, e así estaba planificado, era publicar a resolución definitiva do concurso de traslados o próxi

PLAN DE FORMACIÓN EGAP 2021

Pola RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 (DOG 11/01/2021) publicouse o Plan de formación para o ano 2021. O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210111/AnuncioO150-231220-0002_gl.pdf

COMISIÓN DE SERVIZO - PRAZA DA XEFATURA DO SERVIZO DE PERSOAL EN SANTIAGO

Publicouse a convocatoria, en comisión de servizo, da praza vacante na XEFATURA DO SERVIZO DE PERSOAL DA ADMÓN. DE XUSTIZA en Santiago de Compostela. O prazo de solicitudes será do 11 de xaneiro de 2021 ao 18 de xaneiro de 2021 Ligazón: http://www.xunta.es/comisions/ConsultarAnuncio.do?id=22512

INFORMACIÓN IMPORTANTE MUXEXU - VACINACIÓN COVID-19

A  Mutualidade Xeral Xudicial emitiu un comunicado, a través da súa páxina web, para indicar  que, ante o próximo inicio da campaña de vacinación do COVID 19, faise necesaria a correcta identificación do colectivo de  MUXEXU para a súa fácil localización por parte da administración sanitaria que resulte responsable da mencionada vacinación. Por iso, consideran imprescindible que se realice unha actualización urxente dos datos de  mutualistas e beneficiarios adscritos a asistencia médica concertada con compañías privadas de seguro, en primeiro lugar, aproveitando tamén para actualizar os datos de contactos de todos os  mutualistas e beneficiarios, en xeral. Así, nunha primeira fase,  os  mutualistas que  non teñan actualizados os seus datos persoais ou os dos seus beneficiarios en  MUXEXU, deben proceder de inmediato a modificar ou completar os mesmos, accedendo para iso á sede electrónica na seguinte ligazón:  https://sedemugeju.gob.es/datos-personales Máis adiante, e no caso de result

NOMEAMENTO E DESTINO DE XESTORES PROCESUAIS E ADMINISTRATIVOS - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Publicada no BOE a Orde JUS/1310/2020, de 22 de decembro, pola que se nomean funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, acceso por promoción interna, aos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde JUS/403/2019, de 21 de marzo. Ligazón nomeamentos: https://boe.es/boe/dias/2021/01/08/pdfs/BOE-A-2021-260.pdf Ligazón destinos península e Baleares: https://boe.es/boe/dias/2021/01/08/pdfs/BOE-A-2021-261.pdf Ligazón destinos Euskadi: https://boe.es/boe/dias/2021/01/08/pdfs/BOE-A-2021-265.pdf Ligazón destinos Catalunya: https://boe.es/boe/dias/2021/01/08/pdfs/BOE-A-2021-266.pdf Ligazón destinos Galiza: https://boe.es/boe/dias/2021/01/08/pdfs/BOE-A-2021-267.pdf Ligazón destinos Andalucía: https://boe.es/boe/dias/2021/01/08/pdfs/BOE-A-2021-268.pdf Ligazón destinos Asturias: https://boe.es/boe/dias/2021/01/08/pdfs/BOE-A-2021-269.pdf Ligazón destinos Cantabria: https://boe.es/boe/dias/2021/01/08/pdfs/BOE-A-2021-270.pdf Ligazón destinos A Rioxa: https://boe.e

PUBLICACIÓN DAS SEMANAS GRANDES DAS CATRO PROVINCIAS

Xa están publicadas as semanas grandes, por festividades locais, das catro provincias galegas. Nesas semanas grandes, vinculadas a un dos dous festivos locais de cada vila, o horario a realizar será de 9:00 a 14:00 horas. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/19mYAEl0sCwtWBIzWREoLr1Jc6wQbI1-1/view?usp=sharing

COMPENDIO DE DÚBIDAS MINERVA SCACE EN OURENSE

Non sabemos se esta noticia ten que ver coa implantación da nova oficina xudicial de Ourense porque, desde que a administración autonómica, ala polo ano 2017, pretendeu poñer en marcha unha experiencia piloto nesa vila, nunca máis se soubo de que aconteceu coa mesma nin cos cartos que se lle tivo que pagar a empresa  privada encargada de levar a cabo o proxecto de dita implantación. Agora infórmase a través da intranet da publicación, en relación co Minerva SCACE en Ourense,  un Compendio de dúbidas resoltas para a correcta interpretación do Protocolo 1/2020, de actuación do servizo común da devandita localidade e dos manuais e guías rápidas elaboradas a tal fin. Este documento , con contido estruturado por materias, actualizarase periodicamente a medida que se expoñan novas dúbidas interpretativas do protocolo ou de funcionamento da aplicación.   Despois de tres anos aínda chegamos a tempo. Se a implantación da NOX leva este ritmo frenético, no século XXII posiblemente a teñamo

CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA

Segundo a RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, publicada no DOG o pasado 12/08/2020, ábrese o segundo prazo de inscrición para os cursos preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega Celga. A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga, cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística. O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde desde o *5 ata o 15 de xaneiro de 2021* , para os cursos que se impartirán no segundo cuadrimestre (febreiro-maio). A obtención do número para a adxudicación das prazas nos cursos do segundo cuadrimestre realizarase en acto público, o día 18 de xaneiro ás 13.00 horas , na EOI de Ourense (r/ Mestre Vide, núm. 10, Ourense). O día 19 de xaneiro o alumnado poderá consultar na aplicaci

CURSOS EN LIÑA DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA

Segundo a RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, publicada no DOG o pasado 12/08/2020, ábrese o segundo prazo de inscrición para os cursos de linguaxe administrativa galega, equivalentes aos de linguaxe xurídica galega. O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde desde o *5 ata o 15 de xaneiro de 2021* , para os cursos que se impartirán no segundo cuadrimestre (febreiro-maio). A obtención do número para a adxudicación das prazas nos cursos do segundo cuadrimestre realizarase en acto público, o día 18 de xaneiro ás 13.00 horas , na EOI de Ourense (r/ Mestre Vide, núm. 10, Ourense). O día 19 de xaneiro o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. EOI Compostela: Superior febreiro-maio 2021 EOI Lugo: Superior febreiro-maio 2021 Medio febreiro-maio 2021 EOI Ourense: Medio febreiro-maio 2021 EOI Pontevedra: Medio febreiro-maio 2021 EOI Vigo: Medio febreiro-maio 2021   Ligazón