A EGAP convoca no DOG do 26 de decembro cursos de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior) dirixidos ao persoal da Administración de xustiza, tanto ao que traballa na Comunidade Autónoma como ao que presta servizos fóra de Galicia. Matrícula: desde as 8 horas do 27 de decembro ata as 14 horas do 3 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/ matricula Máis información en: - persoal que presta servizos fóra da CA de Galicia: https://egap.xunta.gal/ fichanova/id/2946 - persoal que presta servizos na CA de Galicia: https://egap.xunta.gal/ fichanova/id/2944 Lembra que podes consultar todas as actividades de formación continua previstas para 2019 no Plan de formación da EGAP, publicado no DOG do 21 de decembro: https://egap.xunta.gal/ fichanova/id/2941