Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2016

QUE OBRAS "MENORES" SE VAN A ACOMETER NOS XULGADOS

A CIG ven de presentar o correspondente escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza a fin de que por parte da administración autonómica se nos concreten cales son as obras menores que se van a acometer ata o 2018, segundo o o informe do Consello da Xunta do 21 de abril sobre o Plan de eficiencia enerxética e obras menores dos edificios xudiciais. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZTBFcmNVTjdvdU0/view?usp=sharing

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 27 / 0 4 /2016 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 27 , 2 8 e 29 DE ABRIL .  Ligazón novas substitucións:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNbEhiNmY4Vkd3Sjg/view?usp=sharing Ligazón substitucións adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNb2wyNHF1R2V6cFU/view?usp=sharing

PLANTILA DE RESPOSTAS TRAMITACIÓN PROCESUAL - OP2015 - PROMOCIÓN INTERNA

Na páxina web do Ministerio de Xustiza acaba de publicarse o acordo do Tribunal Cualificador Único, polo que se publican as plantillas de respostas válidas correspondentes ao primeiro exercicio das probas de acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, por PROMOCIÓN INTERNA, celebrado o pasado 23 de abril de 2016. Ligazón plantilla de respostas A) e B):  http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292427946231?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_provisional_Tramitaci%C3%B3n_P_Modelo_A.pdf http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292427946232?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_Provisional_Tramitacion_P_Modelo_B.pdf

PLANTILA DE RESPOSTAS XESTIÓN PROCESUAL - OP2015 - PROMOCIÓN INTERNA

Na páxina web do Ministerio de Xustiza acaba de publicarse o acordo do Tribunal Cualificador Único, polo que se publica a plantilla de respostas válidas correspondentes ao primeiro exercicio das probas de acceso ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa, por PROMOCIÓN INTERNA, celebrado o pasado 24 de abril de 2016. Ligazón plantilla de respostas:  http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292427945991?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_de_respuestas_correctas_Gesti%C3%B3n_p.pdf

PRÓXIMA DATA DE PUBLICACIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS

Con relación ao concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza de 2016, que levará data de 25-4-2016, comunícase que a data de publicación no BOE está prevista para o día 12-5-2016. O prazo de presentación de instancias finalizará o día 23 de maio.

DEVOLUCIÓN DO 48,72% PAGA EXTRA 2012 - TERRITORIO MINISTERIO

Aquelas compañeiras/os que  no segundo semestre de 2012 prestaran servizo en territorio Ministerio e que na actualidade estean xubilados ou destinados na nosa comunidade autónoma ou noutra comunidade transferida, deberán solicitar ao Ministerio de Xustiza o pagamento do último prazo da devolución da paga extra do ano 2012 co modelo que se achega na ligazón. Ligazón solicitude: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZmUyZE5kaTlPYXM/view?usp=sharing

CURSO DE AUTOFORMACIÓN SOBRE ATENCIÓN Á VITIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O Diario Oficial de Galicia, na súa edición do 21 de abril de 2016, publicou a RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2016 pola que se convoca unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán para xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e administrativos e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.  A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de decembro de 2016. O acceso aos contidos da actividade do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse á proba de avaliación regulada no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nela e, polo tanto, non da dereito á expedición do certificado correspondente. A inscrición para realizar a proba de validación e ter dereito ao correspondente ce

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA

O Diario Oficial de Galicia, na súa edición do 15 de abril de 2016, publicou a Resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 8 de abril de 2016, pola que se convocan, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cinco cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega (EQUIVALENTE Á LINGUAXE XURÍDICA GALEGA) para persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia .  As solicitudes deberán realizarse a través do formulario de matrícula telemática do web da EGAP ,no prazo de 10 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG, é dicir, ata o 25 DE ABRIL DE 2016 . As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas pola EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DANOS A RAZÓN NA DEVOLUCIÓN DE PARTE DO RETIDO NO 2013

Toda vez que grazas á acción sindical e xudicial da CIG o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza emitiu sentenza favorable no recurso de casación por interese de lei sobre a devolución de parte da paga extra do ano 2013 (xaneiro e febreiro), tanto no ámbito de funcionarios/as e do persoal laboral, as tres federacións da Área Pública da CIG imos remitir un escrito ao Conselleiro de Facenda solicitando a devolución xa da mesma e un entrevista para tratar o tema. Faremos tamén unha rolda de prensa conxunta as tres federacións neste sentido.  http://www.galizacig.gal/ avantar/novas/8-4-2016/a- xunta-de-persoal-funcionario- dos-servizos-centrais-da- xunta-exixe-a-devolucion-da-p

LISTAXES DEFINITIVAS E DATAS DE EXAME - PROMOCIÓN INTERNA - OP2015

No BOE de hoxe, sae publicada a Orde JUS/537/2016, de 7 de abril, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos e se convoca aos opositores para a realización dos exercicios dos procesos selectivos para ingreso, por PROMOCIÓN INTERNA, nos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa e Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.

ACCIÓN SOCIAL 2016

Publicada no DOG a Resolución pola que se expoñen á convocatoria e os criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2016 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.  O prazo de presentación de solicitudes, que será de 15 días hábiles, remata o vindeiro 30 de abril e deberán realizarse, en todo cas o, a través da OPAX . Aqueles que non teñan nestes momentos tarxeta ou certificado dixital para poder asinar as solicitudes, deberán realizar igualmente a validación da súa solicitude a través da OPAX, pero logo terán que imprimir a mesma, selada coa data de presentación, e remitila xunto coa documentación compulsada á Dirección Xeral de Xustiza - Rúa Madrid, 2-4, 2º andar - Polígono Fontiñas - 15781 Santiago de Compostela.  

PROMEDIO DE SOLICITUDES PRESENTADAS - OP2015

Promedio de instancias presentadas por territorios e corpos: AUXILIO XUDICIAL (Libre) AMBITO E INSTANCIAS POR PRAZA CATALUNYA 42 EUSKADI 94 MADRID 95 CANARIAS 105 VALENCIA 114 A RIOXA 123 NAVARRA 127 MINISTERIO 145 ANDALUCÍA 205 TRAMITACIÓN AMBITO E INSTANCIAS POR PRAZA CATALUNYA 76 EUSKADI 80 CANARIAS 113 NAVARRA 136 A RIOXA 139 MADRID 164 VALENCIA 165 MINISTERIO 184 ANDALUCÍA 502

ACCIÓN SOCIAL 2016

O vindeiro 13 de abril , publicarase no DOG a Resolución do 3 de marzo de 2016, pola que se lle dará publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social para este ano, entre o persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

CONVOCATORIA DE PRAZAS EN RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE DA XUNTA DE GALICIA

No DOG do 8/4/2016 saíu publicada a ORDE do 4 de abril de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2016. O 50% das prazas ofertadas o serán para as centrais sindicais máis representativas a nivel de comunidade autónoma. O prazo de presentación de instancias rematara o 30 de abril de 2016. As/os afiliados da CIG tedes até o venres, 29 de abril  para achegar as solicitudes de praza nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño, por medio do Fax 981151539 ou do correo organizacion@galizacig.gal

EFECTOS DAS SENTENZAS DA PAGA EXTRA 2012 NA DECLARACIÓN DA RENDA

Para aquelas compañeiras/os que houberan obtido sentenza favorable na súa reclamación da paga extra de 2012 e que, na certificación do IRPF deste ano lle aparezan ditos haberes coas súas correspondentes retencións dese ano 2012, teñen dereito a obter unha redución do 30% dos haberes percibidos, debido a rendementos irregulares (casilla 009) por sentenza xudicial firme. Polo tanto, á hora de realizar a vosa declaración de impostos, debedes ter en conta que non sería necesario facer unha declaración complementaria do 2012 e que se poden imputar ditos haberes irregulares ao ano 2015, pero coa salvedade de poder reducir o 30% dos mesmos, cando, de facer declaración complementaria, non se permitiría dita redución. Ligazón: https://www2.agenciatributaria.gob.es/wcl/PRET-RW14/hlp/reduccionesporirregularidadart182y3ydisposicionestransitorias11y12delaleydelimpuesto.htm Ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNX29ZYWFGZ3F0Z00/view?usp=sharing

PLANTILLA DE RESPOSTAS PRIMEIRO EXERCICIO XESTIÓN - OP2015 - QUENDA LIBRE

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicáronse os acordos do Tribunal Calificador Único, polos que se establecen a plantilla definitiva do primeiro exercicio e as puntuacións mínimas para superarlo. Ligazón: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/gestion-procesal7?param1=1

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS - AUXILIO XUDICIAL - QUENDA LIBRE - OP2015

Acaba de publicarse a Orde JUS/479/2016, de 28 de marzo, pola que se aproban as relacións provisionais de admitidos e excluídos no proceso seletivo para ingreso no Corpo de Auxilio Xudicial , acceso libre. O prazo para formular reclamacións é do 7 ao 18 de abril. http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/auxilio-judicial-orden2?param1= 1

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMTIDOS E EXCLUÍDOS - TRAMITACIÓN PROCESUAL - OP2015 - QUENDA LIBRE

Acaba de publicarse a Orde JUS/479/2016, de 28 de marzo, pola que se aproban as relacións provisionais de admitidos e excluídos no proceso seletivo para ingreso no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, acceso libre. O prazo para formular reclamacións é do 7 ao 18 de abril. http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/tramitacion-procesal5?param1=1

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 06 / 0 4 /2016 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 6 , 7 e 8 DE ABRIL .  Ligazón novas substitucións:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNmFVUl9GNWE1QTg/view?usp=sharing Ligazón substitucións adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNbXl0WWxPd3VBNms/view?usp=sharing

DATAS DE EXAMES PARA OPOSICIÓNS 2015

Por fontes do Ministerio de Xustiza, tivemos coñecemento de que as datas nas que se realizarán   as probas serán as seguintes: Promoción Interna  Tramitación Promoción Interna : Sábado,   23 de abril. Xestión Promoción Interna: Domingo,   24 de abril. Quenda Libre Primeiro exercicio de Tramitación Libre : Domingo, 5 de xuño Auxilio Xudicial: Domingo, 3 de xullo.

DEVOLUCIÓN 25,14% PAGA EXTRA 2012

No DOG de hoxe, 4 de abril de 2016 , publícase o anuncio polo que se lle dá publicidade ao procedemento para aplicar o disposto na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia. Aqueles que non estivérades en activo o 1 de abril ou, no seu caso, o 1 de setembro deste ano 2016, debedes de solicitar a devolución de xeito expreso a través do formulario que se achega n a seguinte ligazón. Ligazón modelo solicitude: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNODc2bnptNHRXdGc/view?usp=sharing

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

No BOE de onte saíu publicada a Orde JUS/424/2016, de 17 de marzo, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de prazas do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza. Ligazón: http://www.boe.es/boe/dias/2016/03/31/pdfs/BOE-A-2016-3071.pdf