Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2008

LISTADOS DEFINITIVOS DE ACCION SOCIAL

LISTADOS DEFINITIVOS DE ACCION SOCIAL    No DOG do 28 de novembro publicase a Resolución do 24 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2008 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia .   Os listados estan pubicados na paxina web da Xunta. premer aqui para ver os listados

CONVOCATORIA COMISIÓNS DE SERVIZO PARA OS XULGADOS DE NOVA CREACIÓN

A Xunta de Galiza informanos de que o vindeiro día 2 de decembro sairan para ser cubertas por Comisións de Servizo entre titulares destinados en órganos radicados en Galiza en situación de servizos activo. Teran perferencia na selección so participantes que nonobtivesen praza no último concurso de traslado, nin se atopen en comisión de servizos ou substitución. O prazo de de presentación de solicitudes será de CINCO DIAS hábiles desde o día seguinte a publicación do DOG. sera requisito remitir as solicitudes por fax ao 981.546222, e despois remitiranse na forma que determina a lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administativo común. As Vacantes que se convocan son: XULGADO CORPO XESTIÓN CORPO TRAMITACION CORPO AUXILIO Xdo 1ª insta. 12 A Coruña 3 4 1 Xdo 1ª Insta. 6 Santiago 2 4 1 Xdo Contencioso-Adtvo 2 Lugo 2 4 1 Xdo 1ª Insta. 6 Ourense 2 4 1 Xdo 1ª Insta. 5 Pontevedra 2 4 1 Xd

MESA SECTORIAL – 20/11/2008

MESA SECTORIAL – 20/11/2008 Na MESA SECTORIAL celebrada onte en Santiago chegáronse aos seguintes acordos: Asináronse as actas onde se recolle o acordo de aumento retributivo para o ano 2009. Segundo o Subdirector de MM.PP., dito acordo xa foi remitido ao Consello da Xunta a fin de ser aprobado antes de que finalice este ano. Esperemos non ter problemas para a percepción de dito incremento salarial. En breve serán publicadas no DOG a Orde e a Resolución de interinos e concesión de permisos e licenzas, respectivamente, logo dunha longa negociación coa administración. En permisos e licenzas foron recollidos, nunha única norma que facilitará a súa localización, todos aqueles máis favorables que nos son de aplicación consonte ao Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei da Función Pública Galega. A proposta da CIG conseguiuse incluir a equiparación das parellas de feito que estiveran sen inscribir nun rexistro de parellas ao resto de parellas de feito e matrimonios, aos efec

A CIG mobilízase en toda a Galiza en ...

A CIG. MOBILIZASE EN TODA A GALIZA EN DEMANDA DE MEDIDAS PARA AFRONTAR A CRISE ECONOMICA As manifestacións en Vigo, A Coruña, Ferrol, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense e Viveiro convocadas pola CIG na noite do 13 de novembro mobilizaron a máis de 15.000 persoas contra a crise económica e a falta de medidas reais das administracións e apoio aos traballadores e traballadoras. Nestas marchas reclamouse que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social

Delegados da CIG concéntranse contra ...

  Delegados da CIG concéntranse contra o último acordo retributivo para os empregados públicos Un cento de delegados/as da Área Pública da CIG, que engloba as federacións de Administración Pública, Ensino e Saúde, concentráronse o 5 de novembro diante da Delegación do Goberno español na Coruña para rexeitar o último acordo retributivo atinxido na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.   Ao remate da protesta, unha representación dos delegados rexistrou unha carta dirixida á ministra de Administracións Públicas que recolle os motivos polos que a CIG rexeita este acordo. O escrito presentado tamén contempla as demandas expresadas pola central nacionalista a este respecto.   Á Área Pública da CIG rexeita o acordo asinado na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, que foi rubricado polo Goberno do Estado e os sindicatos CCOO, UGT e CSI-CSIF, pois supón unha suba salarial

PRAZAS DESERTAS DO CORPO DE XESTION EN GALICIA

PRAZAS DESERTAS DO CORPO DE XESTION NO CONCURSO DE TRASLADOS EN GALICIA A CIG despois de que o Ministerio de Xustiza resolvera de forma definitiva o concurso de traslado, e ante as prazas desertas que se producen no corpo de Xestión, ven de solicitar da Dirección Xeral de Xustiza que de forma urxente anuncie na intranet as mesmas para que poidan ser cubertas en SUBSTITUCION entre titulares. As desertas que se producen como consecuencia do concurso de traslados son: Resultas que quedan vacantes: -SERVICIO COMÚN DE APOIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (2 prazas) -XDO. DE PAZ DE A GUARDA -XDO. DE CALDAS 1 -XDO. DE INSTANCIA Nº 2 DE PONTEVEDRA -XDO. DE PAZ DE O PINO -XDO. DO BARCO DE VALDEORRAS Nº 2 -XDO. DE PAZ DE BEGONTE - XDO. DE ARZÚA -XDO. DE MUROS -XDO. DE PAZ DE MUXÍA -XDO. DE ORTIGUEIRA -XDO. DE RIBEIRA Nº 2 -S.C.N.E. DE SANTIAGO (2 prazas) -XDO. DE PADRÓN Nº 1 -SERVICIO COMÚN DE APOIO DE VIGO -XDO. DE PAZ DE CARN