Na mesa sectorial deste 29 de decembro, dentro do punto de varios da orde do día da xuntanza, o Director Xeral respondeu o seguinte sobre as duas cuestións que se lle prantexarón sobre eses temas: TRAXECTORIA PROFESIONAL O Director Xeral manifestou que Función Pública veu confirmar o que a CIG ven dicindo dende a publicación da nosa sentenza: “ O Acordo non se ve afectado pola mesma salvo na cuestión do persoal interino ”. A ver se agora que o di o Director Xeral, Juan Jose Martín, se enteran os alarmistas mentireiros de UGT, que non escatimaron en descalificacións hacia a nosa central sindical, acusándonos de quebrar a traxectoria profesional e non se sabe de cantas cousas máis... AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA DESFRUTE DE PERMISOS O Director Xeral afirmou tamén que non ten previsto publicar unha ampliación do prazo de petición de vacacións e de días de asuntos particulares pero que se poderá estudar a concesión en situacións concretas e motivadas.