Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2020

PETICIÓN DE CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SAÚDE LABORAL

Ante a situación actual da pandemia por Covid-19 e o máis que evidente rebrote de contaxios polo citado virus, adiantado a este mes de agosto no canto das previsións fixadas para o outono, esta central sindical solicitou a urxente convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral  a fin de que se poida coñecer o estado actual da situación e propoñer as medidas a adoptar cara aos vindeiros meses e que se proceda a unha mellor coordinación e información de cara a todos os implicados, traballadores, sanidade e entidades médicas. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1siFeF6sLwAayI4nawHPW3ifZ9ByvJiYA/view?usp=sharing

ANUNCIO CONCURSO DE TRASLADOS

Inseriuse na páxina web do Ministerio o anuncio do concurso ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, do ámbito Ministerio, coas prazas vacantes numeradas. A partir de mañá colgaranse as prazas a resultas. Ligazon: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-ordinario4

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS - NIVEL BÁSICO

A Escola Galega de Administración Pública realizou a convocatoria dun CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, NIVEL BÁSICO, para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo, empresario/a e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. Modalidade: teleformación. Duración: 60 horas edición. Edicións: tres. Datas: do 22 de setembro ao 20 de novembro de 2020. Proba final en liña: o día 20 de novembro ás 10.00 horas. Prazas: 75 por edición. O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de agosto ao 2 de setembro de 2020 . https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200821/AnuncioO150-300720-0001_gl.html

CORRECCIÓN ERROS CONVOCATORIA CURSOS CELGA

No DOG do 21 de agosto publicouse a corrección de erros detectados nos cursos Celga ofertados na Escola Oficicial de Idiomas de Santiago de Compostela e cursos Celga ofertados na Escola Oficial de Idiomas de Vigo pola Resolución do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200821/AnuncioG0534-140820-0001_gl.html    

ATENCIÓN PERSOAL DA CIG-XUSTIZA DURANTE A "NOVA NORMALIDADE"

As/os delegadas/os de CIG-Xustiza, durante este novo tempo, seguiremos realizando a nosa labor desde os respectivos locais sindicais e non deixaremos de atender á nosa afiliación e traballadores/as en xeral que precisen do noso asesoramento pero, a fin de evitar no posible calquera tipo de contaxio e/ou posible propagación do Covid-19, adoptamos a decisón de rextrinxir, en base a un criterio de prudencia, as visitas presenciais aos distintos centros de traballo, salvo aquelas q ue resultan imprescindibles. Atenderémosvos presencialmente nos nosos locais, nas distintas sedes, coas medidas de protección correspondentes ou, telefónica ou de xeito telemático nos seguintes teléfonos e correos electrónicos:   A CORUÑA cigxustiza.corunha@gmail.com 981182589 657768693 635607376 SANTIAGO cig.santiago@xustiza.gal 981540373 665615293

QUE FACER ANTE UN POSIBLE CONTAXIO POR CORONAVIRUS OU CONTACTO ESTREITO CON PERSOA CONTAXIADA

A asistencia sanitaria da enfermidade por infección por coronavirus COVID-19 está cuberta a todos os mutualistas de MUXEXU , tanto se están adscritos aos servizos públicos de saúde das Comunidades Autónomas ou a Entidades Médicas privadas.    Que facer se se teñen síntomas compatibles con COVID-19?     Se ten síntomas compatibles cunha infección respiratoria aguda de aparición súbita que cursa con febre, tose ou sensación de falta de aire, dor de garganta, perda de olfacto, perda do gusto, etc, tivese ou non contacto con persoas que foron diagnosticadas de COVID-19, permaneza na súa casa, íllese no seu domicilio, non se desprace a un servizo de urxencias e:  1) Se está adscrito ao servizo público de saúde da Comunidade autónoma, póñase en contacto cos teléfonos habilitados pola Comunidade autónoma e siga as súas instrucións. (Ver teléfonos máis abaixo).  2) Se está adscrito a unha Entidade Medica privada, póñase en contacto co teléfono do Centro de coordinación de urxencias da súa

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIONS

Publicouse a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 5 de marzo para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet  e na seguinte ligazón:  Ligazon: https://drive.google.com/file/d/12LHjSbhRT5GHQNgpptYyC9qBcbaWrt95/view?usp=drivesdk

NOVOS CURSOS CELGA E DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA - 2020-2021

Publicouse no DOG a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. * Persoas beneficiarias dos cursos Celga:_* Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega. * Persoas destinatarias dos cursos de linguaxe administrativa galega:_* Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos aos empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente

MODIFICACIÓN APROBADOS DEFINITIVOS TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

O pasado 10 de agosto publicouse un novo acordo do Tribunal Calificador Único, das probas de acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, pola quenda de Promoción Interna, no que se modifica o acordo de aprobadas/os definitivos do 27 de xullo. Ligazón novo acordo: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430866950?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_6_de_agosto_de_2020_Relacion_Definitiva.pdf   Ligazón listaxe aprobados definitivos: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430798709?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_II_al_acuerdo_de_27_de_julio_de_2020_Relaci%C3%B3n_Definitiva_WEB.pdf

PLAN DE ACTUACIÓN DE MEDIDAS URXENTES COMPLEMENTARIAS FRONTE AO COVID-19

O Ministerio, fai uns días, ven de dar luz verde,  ao Plan de actuación da Disposción Adicional 19ª do Real Decreto Lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao Covid-19. A traslación correspondente aos órganos de Galiza sería o que vos deixamos na ligazón de abaixo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1qFHuSQ50WQRwaLeCZtRQsK9v9SLwrFTh/view?usp=sharing

PUBLICADO O REAL DECRETO QUE REGULA O MIR PARA ACCESO AO TITULO DE MEDICINA LEGAL E FORENSE

Publicado no BOE do 29 de xullo pasado o Real Decreto 704/2020, de 28 de xullo, polo que se establece o acceso ao título de médico/a especialista en Medicina Legal e Forense polo sistema de residencia. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2020/07/29/pdfs/BOE-A-2020-8682.pdf

O RADÓN AUMENTA O RISCO DE CANCRO DE PULMÓN

Investigadores do Laboratorio de Radon de Galicia, da Facultade de Medicina da USC, acaban de publicar un estudo en  Environmental Research, unha das revistas máis prestixiosas en epidemioloxía ambiental, no que se observa un aumento do risco de cancro pulmonar asociado á exposición a radon residencial e ademais cunha relación lineal. Para ler máis desta nova preme na ligazón de abaixo. Enlace "Nos Diario": https://www.nosdiario.gal/ articulo/social/ investigadores-medicina-da- usc-publican-maiores-estudos- radon-cancro-pulmon/ 20200803135336102538.html

MESA SECTORIAL XUSTIZA - 31-07-2020

Hoxe día 31 de xullo celebrouse por videoconferencia unha mesa sectorial coa seguinte orde do día. 1. Implantación do réxime extraordinario do acceso ao Grao 1 da traxectoria profesional. A CIG volveu manifestar o seu rexeitamento a este “chanchullo” , polo que non entramos a valorar o documento remitido pola DX, anunciando que este sindicato xa ten informe de viabilidade dos seus servizos xurídicos para intepoñer a correspondente demanda contenciosa contra o Acordo. O que si quixemos salientar é que non nos parece de recibo que se valore, á hora de acadar o Grao 1, a dispensa horaria para facer labores sindicais. O labor sindical non debe ser recompensado deste xeito e as persoas que o desenvolven non teñen que ter nin vantaxes nin desvantaxes por ese feito. 2. Plan de actuación de medidas urxentes A DX, lonxe de elaborar un documento propio a partires do aprobado no Consello de Ministros do 7 de xullo, limitouse a tras poñe r o que neste se contempla para Galicia, sen ter en conta