Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

BOLSA DE INTERINOS - TODO UN DESPROPÓSITO DA ADMINISTRACIÓN

Acaban de enviarnos o novo borrador de modificación da bolsa de interinos e, máis alá da crítica polo traslado do mesmo con tampouca antelación (a xuntanza da mesa de interinos está prevista para mañán martes, 1 de decembro), resulta que agora a administración autonómica cambia de criterio e, despois de indicar nas súas propostas e nas conversas mantidas ata o de agora, no foro da mesa paritaria de interinos, que estaban máis por outro criterio de reforma moi parcial, porque necesitaban urxentemente un tipo de alternativas que lles permitira paliar o deficit de persoal interino que hai na actualidade, queren actualmente descolgarse do dito criterio, tras só seis meses de vixencia das actuais bolsas, e facer unha nova convocatoria empregando para iso o  establecido no apartado 3 do artigo 7 da vixente Orde sobre selección e nomeamento de persoal interino, facendo unha nova convocatoria coa actual regulamentación, retocando só determinados requisitos tales como o do tempo traballado e o

OFERTA DE DESTINOS - CORPO DE XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos (debe de tratarse dun erro, porque máis ben é pola que se ofertan destinos) aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, no ámbito de Galiza. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201127/AnuncioG0595-201120-0002_gl.pdf Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2020/11/27/pdfs/BOE-A-2020-15094.pdf

PUBLICACIÓN PRÓRROGA CONCERTO MUXEXU PARA ASISTENCIA SANITARIA

No BOE de hoxe públicase a Resolución do 3 de novembro de 2020, da  Mutualidad Xeral Xudicial, na que se recolle a prórroga para 2021 do concerto para a asistencia sanitaria de beneficiarios e a relación de entidades de seguros que subscribiron a mesma.      Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2020/11/27/ pdfs/BOE-A-2020-15123.pdf

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBAS CELGA LINGUA GALEGA

Resultados provisionais das probas Celga 2020. O prazo de reclamacións remata o día 30 de novembro de 2020 e poderán presentarse mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal. Ligazón: https://www.lingua.gal/a- secretaria-xeral/ convocatorias/_/Formacion/ convocatoria_0289/datas- realizacion-listaxes- definitivas-persoas-admitidas- nas-probas-celga-2020  

FASE DE CONCURSO - OPOSICIÓNS XESTION PROCESUAL CATALUNYA - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Finalizada a fase de oposición das probas para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda  libre, no ámbito  territorial  de Catalunya,  procede  iniciar  a  fase  de concurso do proceso selectivo. A dito efecto publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o correspondente Acordo do Tribunal e as instrucións a seguir para este proceso. O enderezo de correo electrónico correcto sería:                                           aj.gestiotornlliure.justicia@gencat.cat   Ligazón Acordo Tribunal: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/Acuerdo%2023%20noviembre%20de%202020.pdf Ligazón manual: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/manual.pdf Ligazón asistente: https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co_gta_acceso#

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INTRANET o 24/11/2020, o aviso d e prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de sol icitudes será o 25, 26 e 27 de novembro.     A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón, e que teredes que enviar asinado, por calquera un dos seguintes medios:   Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1RZm9pox_tlZN_JraTKZvfI4Ne1JQEkd2/view?usp=sharing   Corrección erros: https://drive.google.com/file/d/1Yt0joy4oPCO1pV32U710OeFQ_q5vTeJt/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing  

MODIFICACIÓN CONCURSO DE TRASLADOS

No BOE de hoxe modifícase o concurso para quitar dúas vacantes do Ministerio. Confirmaron que a finais de mes sairá resolto, pero máis ben será na vindeira semana cando se publique. Esta modificación non afecta para resolver o concurso. A efectos prácticos os códigos mantéñense os mesmos. So muda a  catalogación de vacante por resulta. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2020/11/23/pdfs/BOE-A-2020-14720.pdf

ACTUALÍZASE A SEDE XUDICIAL ELECTRÓNICA

Na Sede Xudicial Electrónica actívanse novos servizos para a cidadanía , que se suman aos xa existentes: Presentación de escrito de contestación á demanda de xuízo verbal. Presentación de escrito de trámite xenérico. Así mesmo, para facilitar o labor no órgano xudicial, esta nova versión inclúe as seguintes melloras en relación coa recepción en Minerva : Catalogación automática en Minerva das tipoloxías documentais máis comúns. Rexistro automático da contía en Minerva. Introdución no formulario do procedemento monitorio do dato da conta bancaria do demandante para facilitarlles aos órganos xudiciais a xestión do requirimento de pago ao demandado. Lembra coma se rexistran os procedementos iniciados dende a Sede Xudicial Electrónica nesta guía , e consulta os detalles da nova versión v. 01.24.00 na folla de novidades. Nesta versión tamén se inclúen outras melloras para os cidadáns: Simplificación do sistema de autenticación para moverse entre presentación de escrito e &

ACTUALIDADE RECEITA ELECTRÓNICA EN GALIZA - MOITOS IMPLICADOS NO PROXECTO

1) Segundo conversas mantidas co Subdirector de Farmacia do Sergas polo mesmo se nos indicou "A nosa parte técnica (informática de e-receita ) é funcional e está lista. Poderiamos empezar sen problema. Agora están os colexios farmacéuticos en fase de probas dos seus sistemas informáticos de xestión e negociando coas mutualidades como van facer a facturación, como recoller os cupóns precintos etc.. E dicir, nós temos os deberes feitos, agora terán que apurar os xestores das mutualidades e os colexios farmacéuticos. (terían que ter isto resolto en mes e medio como moito). 2) Postos en comunicacións cos colexiós farmacéuticos polo Colexio de Farmacéuticos de Galiza se nos indica o seguinte: "A receita electrónica das Mutalidades ten dous desenvolvementos: un relativo aos mutualistas que reciben a prestación médica a través do SERGAS , e outro referente aos mutualistas que reciben a prestación médica privada. Nos dous casos, a prestación farmacéutica na actualidade se rea

CHARLA ONLINE SOBRE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Hoxe mércores, 18 de novembro, ás 18.00 horas, terá lugar unha charla en directo na Canle de Youtube do  INAP sobre “Prevención da Violencia contra as mulleres“, no que participan  Nerea do Campo Aguirre, sobrevivente de violencia de xénero e creadora de  Empalabramiento, Alicia Vicente  Expósito, comandante da Garda Civil da Unidade Técnica de Policía Xudicial e José Outeiros  Bascón, psicólogo experto en violencias machistas. Poderán enviarse preguntas a través de Twitter, co hashtag #LibresDeViolencia, e os moderadores prantexarán as mesmas en directo as invitadas/os . Ligazón: https://www.youtube.com/c/InstitutoNacionaldeAdministraci%C3%B3nP%C3%BAblica/featured

PUBLICACIÓN DESTINOS DEFINITIVOS TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Publicáronse hoxe as Ordes e Resolucións polas que se lles outorgan destinos aos funcionarios do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo. Ligazón GALIZA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201118/AnuncioG0595-111120-0001_gl.pdf Ligazón  MINISTERIO: https://www.boe.es/boe/dias/ 2020/11/18/pdfs/BOE-A-2020- 14379.pdf   Ligazón ANDALUCÍA: https://www.boe.es/boe/dias/ 2020/11/18/pdfs/BOE-A-2020- 14387.pdf   Ligazón ARAGÓN: https://www.boe.es/boe/dias/ 2020/11/18/pdfs/BOE-A-2020- 14392.pdf   Ligazón CANARIAS: https://www.boe.es/boe/dias/ 2020/11/18/pdfs/BOE-A-2020- 14393.pdf   Ligazón CANTABRIA: https://www.boe.es/boe/dias/ 2020/11/18/pdfs/BOE-A-2020- 14389.pdf   Ligazón CATALUNYA: https://www.boe.es/boe/dias/ 2020/11/18/pdfs/BOE-A-2020- 14385.pdf   Ligazón RIOJA: https://www.boe.es/boe/dias/ 2020/11/18/pdfs/BOE-A-2020- 14390.pdf   L

ELECCIÓN CORRECTA DO CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS - PONTEVEDRA

Tede en conta, a hora de escoller a edición do curso de prevención de riscos obrigatorio que, ao elixir na páxina de matrícula da EGAP, en "coñecementos transversais", se vos vai a despregar unha ventaniña con dous cursos. O primeiro dos cursos que aparece e o código FX20032  e o sengundo curso é o FX20031. Segundo o DOG de 11 de novembro esas dúas edicións de cursos van dirixidos a distintos xulgados da provincia, así pois: FX20032 vai dirixido ao persoal con destino nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia da Pontevedra . FX20031 vai dirixido ao persoal que presta servizos nos edificios xudiciais da Administración de Xustiza de Galicia, concretamente o partido xudicial de Pontevedra .

RESOLTA A PROBLEMATÍCA DA PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Unha vez solucionada a incidencia producida no día de onte,  comunícase que se publicarán no boletín oficial do estado  de mañá, día 18 de novembro, as resolucións de data 5-11-2020 de adxudicación de destinos e de nomeamento de funcionarios de tramitación, quenda promoción interna, nas oposicións convocadas por Orde JUS /404/2019, do 21 de marzo.

CAMBIO NO SERVIZO DE ATENCIÓN INFORMÁTICA DE XUSTIZA

A partir do 1 de decembro péchase a recepción de solicitudes por fax no CSU. A partir desa data terá que  usarse a plataforma AxudoT ou outras canles para a comunicación de solicitudes e incidencias. Podes ver máis información na intranet ou na ligazón que figura de seguido. Ligazón AxudoT: https://casext.xunta.gal/cas/login?service=https%3A%2F%2Faxudot.xunta.gal%2Faxudot%2Flogin%2Fcas Ligazón información: https://drive.google.com/file/d/18AaOm31KEIpKCyVg9n8flQPszy4zC3tF/view?usp=sharing

QUÉ PASA CANDO UN INTERINO ESTA DE BAIXA E MILAGROSAMENTE PONSE DE ALTA

Recentemente asistimos a unha situación da que todo o persoal interino se queixa de xeito maioritario pero que, non por iso,   deixa de acontecer nalgunha que outra ocasión. Nunha recente designación de persoal interino adxudicouse unha praza a un traballador/a que, curiosamente, estaba de baixa por IT o día 2 de novembro pero, de xeito case milagroso e con total descaro, dito traballador/a reincorporouse á lista o día 4 de novembro (mércores), xusto a tempo de participar na selección dunha praza que poderiamos considerar como boa, desde o punto de vista da prestación do servizo e da súa retribución. Podemos entender que haxa situacións familiares e mesmo persoais que poidan interferir sobremaneira coa prestación do servizo, e que isto poida causar a tentación de evitar a designación de determinadas prazas ofertadas. Non obstante, pese a iso, desde a CIG entendemos que nestas actuacións debe de manterse unha mínima ética profesional e respecto hacia os demais partícipes das bolsas e, p

PARALÍZASE A PUBLICACIÓN DO NOMEAMENTO DOS NOVOS TRAMITADORES - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Paralízase ata nova orde a publicación, no boletín oficial do estado e nos boletíns das comunidades autónomas transferidas, da adxudicación de destinos e o nomeamento de funcionarios de tramitación, quenda promoción interna, nas oposicións convocadas por orde   jus/404/2019, do 21 de marzo. Cada comunidade autónoma con competencias transferidas comunicará ao seu boletín a paralización da súa publicación. Produciuse unha incidencia na relación de aprobados do devandito corpo polo que, ata que se solucione a mesma, non será posible publicar nin os nomeamentos nin a adxudicación de destinos. Comunicarase oportunamente a nova data. Esta problemática non afecta as resolucións de adxudicación de destinos de ningunha comunidade autónoma transferida. Só afecta ao ámbito do Ministerio de Xustiza.

INFORMACIÓN IMPORTANTE IMELGAS

Tal e como se indica nun documento publicado recentemente polo Centro Europeo de Control de Enfermidades ( ECDC), non hai evidencia de transmisión de  SARS- CoV-2 a través do manexo de persoas falecidas por COVID-19. O risco potencial de transmisión considérase baixo e está vinculado ao contacto directo coa persoa falecida ou os seus fluídos, así como con  fómites contaminados. Con todo, de acordo ao observado noutros virus respiratorios e en aplicación do principio de precaución, considérase que neste caso poderían supoñer un risco de infección para as persoas que entren en contacto directo con eles. As persoas falecidas por COVID-19 deben ser consideradas dentro do Grupo II segundo o establecido no Decreto 2263/1974, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Policía Sanitaria  Mortuoria. Esta clasificación correspondería a cadáveres do grupo III segundo a Guía de Consenso sobre Sanidade  Mortuoria aprobada pola Comisión de Saúde Pública en xullo de 2018. Con todo, dado que

APROBADOS XESTIÓN CATALUNYA - TERCEIRO EXERCICIO - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Publicouse a relación de aspirantes que superaron o terceiro exercicio da fase de oposición do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre, no ámbito territorial de Cataluña. Comunícase que nos próximos días anunciarase na páxina web do Ministerio de Xustiza a vía a través da cal deberá ser presentada a documentación acreditativa dos méritos para valorar na fase de concurso deste proceso selectivo, así como a data a partir da cal comezará a computarse o prazo previsto na Base 7.4 da Convocatoria para a presentación da devandita documentación. Estes prazos rexerán exclusivamente para o ámbito territorial de Cataluña, manténdose para o resto de ámbitos territoriais os prazos establecidos no acordo do 26 de outubro deste Tribunal. Ligazón listaxes: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430995874?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_Acuerdo_de_12_de_noviembre.pdf

ERRO NAS CONTÍAS DAS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL

Na comisión de acción social do 04.11.2020 expuséronse os importes definitivos da axuda. Dado que os importes reflectidos no seu día eran erróneos os correctos serían os seguintes: Entre o 33% e o 64%              118,43 € Entre o 65% e o 74%              236,87 € Do 75% en adiante                 473,75 €

CURSO OBRIGATORIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS - POSIBILIDADE DE REALIZACIÓN POR PERSOAL DOUTROS PARTIDOS

Ante as chamadas recibidas de traballadores de partidos xudiciais nos que xa se realizou o curso de prevención obrigatorio e que non puideron realizalo no seu momento, se informa de que: Curso de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais dirixido ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino no partido xudicial de Pontevedra e nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia de Pontevedra O persoal funcionario pertencente a outro partido xudicial –no cal xa se convocara previamente este curso de formación obrigatoria e que non o realizara no seu momento por se atopar de baixa ou por calquera outra circunstancia, poderá solicitar a súa inscrición nesta nova edición convocada por Resolución do 10/11/20 (DOG do 11/11/20), aínda que non estea destinado no  partido xudicial de Pontevedra ou nos xulgados de primera instancia e instrución ou nos xulgados de paz da provincia de Pontevedra, e, de quedaren pra

PRESENTACIÓN DE ESCRITOS EN REXISTROS ON LINE

 A fin de que todas/os teñades a información máis ampla posible de como facer a presentación de escritos a través dos rexistros on line, tanto da Administración Xeral do Estado como da Xunta de Galiza, nas ligazóns e imaxes que abaixo vos deixamos, tedes un resumo dos códigos daquelas administracións as que con máis frecuencia nos diriximos no noso sector. Tede en conta que ao ser "ventanilla única" pódense presentar escritos dirixidos a calquera administración pública, ben empregando a páxina da Administración Xeral do Estado, ben a páxina da Xunta de Galiza. Ligazón AXE: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do Ligazón XUNTA: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica Tamén existe en correos adamáis do vixente sistema de correo certificado o sistema ORVE para presentación de escritos telemáticos dirixidos a administración. O problema e que non todos os organismos da administración están dados de alta en ORVE. Ligazón ORVE-CORREOS: https://www

CURSOS OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓNS DE RISCOS LABORAIS - PONTEVEDRA

Comunicámosvos que no Diario Oficial de hoxe, 11 de novembro de 2020, publicase a RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2020 pola que se convocan cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo, dirixidos ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino en todos os xulgados da provincia de Pontevedra, agas Vigo. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 18 de novembro de 2020. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201111/AnuncioO150-041120-0001_gl.pdf

ADXUDICACIÓN DESTINOS TRAMITACIÓN - TERRITORIO MINISTERIO - PROMOCIÓN INTERNA - OEP2017-2018

Vaise colgar na páxina web do Ministerio a adxudicación de destinos do Corpo de Tramitación PA , quenda promoción interna, correspondentes á OEP 2017-2018.  Data de publicación prevista no BOE: 17-11-2020. Ligazón Orde: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PSelectivos/ORDEN%20%20TRAMITACION%20PI%20OEP%202017%202018%20BOE.pdf Ligazón Anexo I: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PSelectivos/ANEXO%20I%20TRAMITACION%20PI%20OEP%202017_2018.PDF Ligazón Anexo II: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PSelectivos/ANEXO%20II%20TRAMITACION.docx Ligazón Prazas Catalunya: https://drive.google.com/file/d/1-RubyFK_Ejoxd1Tdg27MNUIxBWzXS6W_/view?usp=sharing

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL - 9 DE NOVEMBRO DE 2020

Hoxe tivo lugar o Comité de Seguridade e Saúde Laboral que todas as centrais sindicais viñamos pedindo desde fai tempo á Dirección Xeral de Xustiza, no que fundamentalmente, se deu conta da situación da Administración  de Xustiza en Galiza con respeto á pandemia por COVID-19, nesta Fase 3 da desescalada na que nos atopamos. Ligaźon folla informativa: https://drive.google.com/file/d/1xuoqfS4J0vnQm96Gc4NdklogEqhHw9H9/view?usp=sharing

ACCIÓN SOCIAL 2020 - SOLICITUDES RESOLTAS E CONTÍAS A PERCIBIR

A DX comunicounos esta mañá que das 23 solicitudes de acción social denegadas provisionalmente concedéronse 17 e denegáronse definitivamente 6 (3 por non xustificar, 1 por presentar dúas solicitudes para a mesma persoa e 2 por non presentala de xeito telemático). As contías a cobrar serán as seguintes: TRAMO I : 120,39 € TRAMO II: 240,78 € TRAMO III: 481,56 €

NOVAS SOBRE A CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE

Sen prexuizo de poder solicitar dos servizos médicos de prevención da Xunta, de xeito gratuito, a administración da vacina da gripe, aquí vos deixamos a información xeral sobre dita campaña de vacinación, correspondente ao SERGAS e a MUXEXU. INFORMACIÓN SERGAS: A campaña de vacinación antigripal organízase todos os anos entre outubro e decembro , co obxectivo de minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas de padecela; ofertándolle a vacinación gratuíta ás persoas incluídas no seguintes grupos: Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as de 65 ou máis anos. Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos). Mulleres embarazadas en calquera trimestre de xestación. Persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco.   Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicación

AVISO AS/OS MUTUALISTAS ADSCRITOS Á ENTIDADE MÉDICA CASER

A MUXEXU informa a todas as/os mutualistas adscritas á entidade médica CASER que esa compañía non vai subscribir a prórroga do Concerto de Asistencia Sanitaria para 2021, polo que se fai necesario o cambio de entidade médica. Con obxecto de facilitar este obrigado trámite, MUGEXU vai proceder a ampliar o período anual de cambio ordinario de Entidade para os mutualistas acollidos a CASER a partir do 1 de decembro de 2020 . Este prazo especial ampliado de cambio de entidade ordinario abarcará desde o 1 de decembro de 2020 ao 31 de xaneiro de 2021, período no que os mutualistas deberán elixir entre recibir asistencia sanitaria a través dalgunha das outras compañías aseguradoras que seguen a manter o concerto con MUXEXU: SEGURCAIXA ADESLAS,

A CIG SOLICITA A URXENTE CREACIÓN DA CITA PREVIA TELEFÓNICA

A CIG ven de presentar, ante a Dirección Xeral de Xustiza, un escrito solicitando que o actual sistema de cita previa informática se extenda a un sistema de cita previa telefónica centralizada, a fin de que dito trámite resulte dun xeito máis cómodo e fácil para aqueles cidadańs que teñan serias dificultades en solicitar a cita por internet, ben por carecer do equipo informático necesario, ben porque non teñan os coñecementos suficientes para realizar o mesmo. Este servizo podería estar dotado con persoal laboral da comunidade autónoma contratado como reforzo para realizar dita labor, toda vez que as listaxes de designación de persoal eventual de Función Pública teñen moitos máis candidatos posibles que as listaxes propias de persoal interino de xustiza, sumándose ademais que dita función de concertación de cita previa non reviste ningún caracter xurisdiccional para que teña que ser realizado polos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza. Ligazón escrito: https://drive.go

NOVO DECRETO DE RESTRICCIÓNS DA XUNTA DE GALIZA

No DOG 223Bis de onte 4 de novembro a Xunta de Galiza Publicou as novas restriccións e confinamentos perimetrais que se produciran a partires do sábado e durante o mes seguinte. Ligazón Decreto 179/2020: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201104/2476/AnuncioC3B0-041120-1_gl.pdf Ligazón Orde Consellería Sanidade: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201104/2476/AnuncioC3K1-041120-2_gl.pdf

CURSOS OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓNS DE RISCOS LABORAIS

A Inspección de Traballo da Coruña requiriu da Xunta de Galiza que se garanta que todos os funcionarios reciban formación en materia de prevención de riscos laborais, de conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais. Esta formación ten, polo tanto, carácter obrigatorio para o persoal. Esta convocatoria, que se publicará previsiblemente no DOG o día 11/10/2020, vai dirixida ao persoal funcionario destinado nos partidos xudiciais da provincia de Pontevedra (agás Vigo, onde xa se ten realizado), e coas seguintes edicións :    

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 29 de outubro para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información está dispoñible na seguinte ligazón: Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1QpARFlrDyRRi_HGCgUQQtwuUiVBpm9dO/view?usp=sharing  

CONVOCATORIA DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO DAS ILLES BALEARS

A Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza das Illes Balears ha acordado, por Resolución do 3 de novembro de 2020, a aprobación da convocatoria de bolsas de traballo de funcionarios interinos ao servizo da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma das Illas Baleares Prazo de presentación de solicitudes: días 4 ao 23 de novembro de 2020, ambos inclusive  Resolución do 3 de novembro de 2020:  https://drive.google.com/file/ d/ 1kvCSzlAAR5jZ4Xb6CCBt4zwudbZkz fAe/view Convocatoria e Bases:  https://drive.google.com/file/ d/1J2vOl8-d1nlNiYRS_ IMOdaUfg8rkqUS5/view   Anexo I: Instancia Única:   https://drive.google.com/file/ d/ 1WLi1UgoFTgOqK0vKTvbzldeKcEkkb 4QB/view

HOXE CELEBROUSE O XUÍZO PENAL CONTRA OS COMPAÑEIROS CHELO RODRÍGUEZ E JAVIER FERNÁNDEZ

Hoxe tivo lugar na Coruña o esperpéntico xuízo penal contra a compañeira Chelo Rodríguez e o compañeiro Javier Fernández. Decimos esperpéntico, porque ademais de durar unas tres horas, non formular acusación o Ministerio Fiscal e reclamarse pola letrada como danos causados a súa persoa un sarpullido con motivo do estres provocado ao parecer pola situación vivida (tamén puido salirlle o sarpullido por tomar unha lata de xoubiñas en mal estado) o custe de todo este inútil procedemento  penal vai a ir as arcas da administración e ao peto dos cidadáns, cando o único que se fixo, nun contexto de folga, e tentar facer cumprir os servizos mínimos acordados pola administración. Que os compañeiros sindicalistas advertiran á letrada que estaba a sobrepasar a súa competencia ao designar máis servizos mínimos dos establecidos legalmente ten unha consecuencia penal, mentras que a actitude da letrada ao infrinxir a norma non leva aparellado consecuencia ningunha. Se fai uns días nos faciamos eco, co

NOVO XEITO DE COMUNICAR INCIDENCIAS AO CSU

A partir do 1 de decembro pecharase a recepción de solicitudes por fax no CSU. http://intranet.xustiza.gal/web/d.x.xustiza/tic/csu Por favor, utiliza AxudoT ( https://casext.xunta.gal/cas/login?service=https%3A%2F%2Faxudot.xunta.gal%2Faxudot%2Flogin%2Fcas )  ou outras canles para a comunicación de solicitudes e incidencias. Podes ver máis información na seguinte ligazón Ligazón información CAU: https://drive.google.com/file/d/16r8xbKWx-vIbF1M3bf7ypb5EoHC2-KOS/view?usp=sharing

NON Á REPRESIÓN SINDICAL!!! - APOIO A CHELO E JAVIER

O vindeiro martes día 3, nos xulgados da Coruña,  os nosos compañeiros Chelo e Javier teñen o xuízo pola denuncia da letrada do Xulgado do  Penal 6, cuxa denuncia foi elevada ao xulgado pola Fiscalía,  por  exercer o súa labor como delegados sindicais durante a folga da xustiza do ano 2018. Durante estes dous últimos anos a CIG convocou distintas concentracións en apoio a Chelo e Javier denunciando a represión sindical que están a sufrir pero, dada a actual situación sanitaria e de restriccións,  dende o sector de xustiza e, de acordo con Chelo, consideramos que non procedía realizar a concentración prevista para o día 3 diante dos xulgados, para  mostrar o noso apoio e seguir denunciando a persecución sindical. Polo tanto, aínda que non en persoa, todas as delegadas/os da CIG estarán apoiando a estes compañeiros desde todos os rincóns de Galiza o vindeiro 3 de novembro. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/1tWIZImpB5K0dI9zc7qEfvBK4oXE0hkay/view?usp=sharing