Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2017

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

O pasado 23 de febreiro   reuniuse o Comité de Seguridade   e Saúde Laboral da Administración de Xustiza para dar conta dos traballos, tanto do Servizo de Prevención como das medidas correctoras que a Administración realiza nos distintos centros de traballo. Aquí vos deixamos a folla informativa con todos os detalles da citada xuntanza. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRzBrVlktVjExbUk/view?usp=sharing  

NOMEAMENTOS COMO FUNCIONARIAS/OS DE CARREIRA E CONCESIÓN DE DESTINOS - CORPO XESTIÓN - PROMOCIÒN INTERNA - OP2015

No BOE do pasado venres 24 de febreiro sairon publicadas as Ordes polas que se nomean e outorgan destinos as funcionarias/os de carreira que superaron o proceso selectivo por promoción interna para acceso ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa das oposicions convocadas no ano 2015. Ligazón Orde de nomeamento: http://www.boe.es/boe/dias/2017/02/24/pdfs/BOE-A-2017-1896.pdf

NOMEAMENTOS COMO FUNCIONARIAS/OS DE CARREIRA E CONCESIÓN DE DESTINOS - CORPO TRAMITACIÓN - PROMOCIÒN INTERNA - OP2015

No BOE do pasado venres 24 de febreiro sairon publicadas as Ordes polas que se nomean e outorgan destinos as funcionarias/os de carreira que superaron o proceso selectivo por promoción interna para acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa das oposicions convocadas no ano 2015. Ligazón orde de nomeamento: http://www.boe.es/boe/dias/2017/02/24/pdfs/BOE-A-2017-1898.pdf

REFORMA DA LEI DE REXISTRO CIVIL

O Ministerio de Xustiza ven de trasladar as centrais sindicais presentes na mesa sectorial CIG, ELA, CCOO, UXT e, CSI-F e STAJ, o borrador do proxecto de lei que se vai a presentar para modificar a Lei do Rexistro Civil, a fin de que fagamos as alegacións que estimemos convintes. Ligazón proxecto de lei: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdkkwNkx0aEl4bm8/view?usp=sharing

COMEZA O PRAZO PARA SOLICITAR AS REVISIÓNS MÉDICAS ANUAIS

No DOG do 13 de febreiro saíu publicada a RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publiidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2017 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Servizo de Prevención de Riscos Laborais) ou premendo na icona que figura no marxe dereito desta páxina. O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, é dicir, o vindeiro 15 DE MARZO DE 2017.   Ligazón revisións médicas: http://srm.webriscos.xunta.es/

FORMACIÓN MÉDICOS FORENSES E LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

Na páxina web do CEJ (Centro de Estudos Xurídicos) publicouse a Resolución da Direcci ó n do Centro de Estudos Xurídicos pola que se convocan 1.320 prazas para 33 actividades do plano de formación contínua (On line) 2017 para, entre outros corpos, os de Medicos Forenes e Letrados da Admón. de Xustiza. Ligazón Resolución: http://www.cej-mjusticia.es/cej_dode/servlet/CEJServlet?dispatcher=vacio&action=10&modelId=1689&type=DGM

ADXUDICACIÓN DE DESTINOS XESTÍON E TRAMITACIÓN - QUENDA PROMOCIÓN INTERNA - OP2015

O Ministerio de Xustiza acaba de remitirnos as Ordes de 1 e 2 de febreirro 2017, correspondeentes aos Corpos de Xestión e Tramitación Procesual e Administrativa, da quenda de PROMOCIÓN INTERNA, respectivamente, así como dos Anexos I de ambas, polas que se adxudican destinos aos funcionarios aprobados por dita quenda. A data de publicación no BOE está prevista para el 24-2-2017 . A adxudicación de destinos para os aprobados do Corpo de Auxilio Xudicial efectuarase a continuación e ao mesmo tempo que os aprobados de Xestión e Tramitación da quenda LIBRE.    Ligazón Orde de 1 de febreiro de 2017: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNEtfdjVidDlBUmc/view?usp=sharing Ligazón Orde de 2 de febreiro de 2017: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVUxyb2kwajUzMTQ/view?usp=sharing   Ligazón Anexo I Xestión PI Península e Baleares: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNY2c4NDZvUnE0cVk/view?usp=sharing Ligazón Anexo I Tramitación PI Península e B

A CIG DESTAPA UN PROBLEMA NAS COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL DOS TRABALLADORES DE XUSTIZA

A CIG ven de destapar unha problemática da que leva tempo facendo un seguimento, en relación cos periodos de cotización ao réxime xeral da Seguridade Social do novo persoal da Administración de Xustiza que ingresou a partires do 1 de xaneiro de 2011. Na última mesa sectorial aproveitamos para falar co Subdirector Xeral de Recursos Económicos da Administración de Xustiza, D.Marco Antonio Romero Rivera, ademáis de para facer fincapé na solución do problema da falta de cotizacións do persoal interino que prestou servizos antes de 1990, para reiterarlle esta problemática que detectamos no persoal de novo ingreso, que se dá xustamente no caso dos que cotizan ao réxime xeral da SS, sobre todo cando se trasladan dunha comunidade autónoma a outra. Ante a nosa insistencia neste tema, o Subdirector indicounos que na semana que ven van ter unha xuntanza coa Tesourería Xeral da Seguridade Social a fin de aclarar todos estes extremos. Na ligazón deixámosvos unha copia dunha vida

O XULGADO DE CORCUBIÓN QUEDA AO SOCAIRE DO CONCELLO E A XUNTA LÁVASE AS MANS

Os xulgados de Corcubión seguen a sufrir constantes goteiras nas súas instalacións sen que as administracións competentes se poñan mans á obra para solucionar as mesmas. A pesares de ter intervido a inspección de traballo , moito nos tememos que a situación non mellore, xa que por unha banda a Xunta amparase en que o titular do inmoble é o Concello e éste ten que buscar orzamento para reparar os problemas dun edificio que, ainda sendo da súa titularidade, está a ser utilizado por outra administración. Ligazón "La Voz de Galicia": http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/corcubion/2017/02/08/inundaciones-edificio-juzgados-corcubion-quedan-merced-concello/0003_201702C8C4995.htm

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na intranet xudicial o día 09 / 0 2 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 10 , 13 e 14 de febre i ro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNN29PdjNNOGpKZjg/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

MESA SECTORIAL MINISTERIO DE XUSTIZA DO 07/02/2017

Onte, 7 de febreiro, tivo lugar en Madrid, no Ministerio de Xustiza, a mesa sectorial correspondente a fin de ir fixando definitivamente como vai quedar configurado o Rexistro Civil que, en liñas xerais, será desxudicializado, pero seguira quedando baixo a función do persoal da administración de xustiza, e tamén as novas oposicións correspondentes á oferta de emprego público do 2016, no senso de convocar xa este proceso polo sistema de oposición, a fin de evitar máis retrasos no hipotético caso de non terse aprobados os orzamentos de 2017; se estes foran aprobados estudaríase a posibilidade de, o ben engadir as prazas de 2017 a 2016 ou agardar a 2018 para facer dita acumulación e empregar o sistema de concurso-oposición. A CIG foi a única central sindical que defendeu que sempre se utilizara o sistema de oposición. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWGdtWVJtMzFOTjQ/view?usp=sharing Li gazón "Noticias Jurídicas": http://noticias.ju

OS IDIOMAS COOFICIAIS NON PODEN SER UN REQUISITO PARA AS TRABALLADORAS/ES DA ADMÓN. DE XUSTIZA

O Senado rechazou este luns, cos votos do PP e a abstención do PSOE , unha moción presentada por Unidos Podemos para fixar como requisito para os funcionarios da Administración de Xustiza o coñecemento oral e escrito de todas as línguas cooficiais da demarcación na que exerzan. Ligazón nova Confilegal: https://confilegal.com/20170207-senado-rechaza-obligar-los-funcionarios-justicia-conocer-las-lenguas-cooficiales/

VALORACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS - FASE DE CONCURSO - OP2015 - LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicase hoxe o Acordo do Tribunal Cualificador N.º Un, polo que se fai pública a valoración provisional de méritos da fase de concurso da promoción interna, do proceso selectivo para acceso ao corpo de LETRADOS DA ADMINISTRACION DE XUSTIZA convocado por Orde JUS/2890/2015, de 23 de decembro (BOE de 7 de xaneiro de 2016).  Concédese un prazo de dez días habiles para presentar as alegacións pertinentes.   Ligazón Acordo Tribunal nº Un: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428222803?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_2_de_febrero._Valoraci%C3%B3n_provisional_m%C3%A9ritos.pdf Ligazón valoración de méritos: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428222804?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_del_Acuerdo_de_2_de_febrero_0.pdf

XUNTANZA DAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS CO MINISTRO DE XUSTIZA

Este xoves día 2 celebrouse en Madrid unha reunión co Ministro na que os dous delegados da CIG eran os únicos representantes procedentes de Galicia. O Ministro prantexou a reunión como unha manobra para que as OOSS transmitamos que todas son boas intencións; nese senso, informou da creación dunha Subcomisión de Estratexia , dentro da Comisión de Xustiza no Congreso, que se reunirá con todos os interlocutores co obxectivo de afondar nas reformas como a da LACRM ou a do Rexistro Civil, das que prometeu dispor de proxectos en breve. A CIG, na súa intervención, solicitou que, dado que a orde do día era Rexistro Civil e OPE, nos deran propostas concretas; reclamamos a volta a convocar todas as prazas amortizadas, incluídas as de Xulgados de Paz; pedimos unha promoción interna exclusiva dentro da OPE 2017 e un novo sistema de promoción interna de xestión a letrados; recuperación dos dereitos confiscados, retribucións, días de permiso…Asimesmo, preguntamos pola creación dos novos órganos,

PLAN DE FORMACIÓN DA EGAP PARA XUSTIZA NO ANO 2017

No DOG de hoxe, 2 de febreiro, publicouse a Resolución do 19 de xaneiro de 2017 pola que se publica o Plan de formación e o programa de autoformación para o ano 2017 do persoal das administracións territoriais, institucionais e entes instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e da administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas. Ligazón plan de formación: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170202/AnuncioO150-250117-0001_gl.pdf Ligazón cursos de xustiza: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZkpmNzhiQ2JkWEE/view?usp=sharing  

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 01/02/2017 , a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Ligazón adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNOG9MU2I5ZjBnSFU/view?usp=sharing

MODIFICACIÓN PUNTUACIÓNS POR IDIOMA EN CATALUNYA - XESTIÓN PROCESUAL - PROMOCIÓN INTERNA - OP2015

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o Acordo de 25 de xaneiro do Tribunal Delegado de Catalunya, polo que se modifica a relación de puntuacións da proba optativa de lingua oficial (XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, ACCESO PROMOCIÓN INTERNA. Ligazón Acordo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428220818?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_25_de_enero_del_T.D._de_Catalu%C3%B1a.pdf